26 de feb. de 2020

QUE TIPO DE GANDO E QUE CARGA GANDEIRA HAI NOS MONTES DE VERÍN?

Miguel Quintas de 1º BAC A realizou un poxecto de investigación para determinar que tipo de gando e que carga gandeira hai nos montes de Verín.
Chegou a conclusión de que actualmente a carga gandeira na maioría dos montes de Verín é cero por mor dos incendios forestais. Algúns gandeiros levan ao monte rabaños de ovellas é unhas poucas vacas, pero só en momentos puntuais do día para devolvelos despois ao cortello.
Na realización deste traballo contou coa colaboración do inspector veterinario de Medio Rural da Oficina Agraria Comarcal de Verín: Vicente Dacal Rivas, ao que lle realizou unha entrevista, que proximamente poderedes escoitar en RadioChivite
Esta investigación permitiulle decatarse de que a profesión de gandeiro non é un traballo obsoleto para persoas pobres e sen estudos. Ser gandeiro require, non só esforzo manual, senón tamén coñecementos sobre xestión administrativa e coidado dos animais.
Podedes ler o traballo completo de Miguel premendo na seguinte LIGAZÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario