Redacción e audio: Nuria Barreira, 1ºESO
A torta de Santiago é unha torta tradicional da cociña
galega con indicación xeográfica protexida.
Actualmente pódense comprar en case todas as pastelerías
das zonas polas que pasa o Camiño de Santiago e en toda a Comunidade Autónoma
de Galicia, especialmente durante o mes de xullo e a primeira semana de agosto.
Os seus principais ingredientes son améndoas, azucre,
ovos e laranxa.
Non se sabe nada do consumo de
améndoa en Galicia durante a Idade Media, pero sábese que a carestía deste
alimento convertíao nun luxo reservado a poucos. A primeira noticia que se ten
do uso deste "biscoito de améndoa" procede de 1577 durante unha
visita de Pedro de Porto á Universidade de Santiago. As primeiras receitas
fiables proceden de apuntamentos de Luís Bartolomeu que datan de 1838 baixo o epígrafe
de "Torta de Améndoa".
A orixe
da Cruz de Santiago representada na súa superficie data de 1924. Nesta época, comezase
a adornar as tortas de améndoa coa que sería a súa silueta característica,
alcanzando gran éxito en Galicia e no resto de España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario