O libro trata dun señor que lle toca a lotaría e teno
todo,tanto quere ter que quixo tamén ter a xuventude eterna e tomou un xarope
que non se podía mesturar con alcol porque tería unhas consecuencias terribles
como a de converterse nun can.
De aquí,pásanlle aventuras pola cidade,vai sorprendendo a
xente xa que el pode falar aínda que ten aspecto de can.
A historia ocorre na cidade,na actualidade e durante dous
dias,o dia antes da noite de san Xoán e o dia de san Xoán.
Gustoume o libro porque quere transmitir que o diñeiro non
vale para nada cando es un can e non podes comprar nada.
O personaxe que mais me gustou é o protagonista xa que está
mais preocupado pola súa muller que por el mesmo,e o que menos,o concelleiro
que en vez de axudalo quixo favorecerse para si mesmo de ese caso tan especial.
Recomendo este libro a xente que lle gusten os libros de
comedia xa que ten partes graciosas,e tamén é un libro curto e rápido de ler cando
tes ratos libres.
Anxo Rodríguez Estévez de 3ESO C
Ningún comentario:
Publicar un comentario