5 de nov. de 2014

VIDEOCONFERENCIA DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Na videoconferencia, que deu comezo ás 12:00 e tivo unha duración dunha hora, Manuel Caeiro Rodríguez, Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación e profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo, ofreceu unha charla para o alumnado do 2º ciclo da ESO e o Bacharelato baixo o título “A ciencia de proramación de ordenadores (tamén en galego)”.
Nela, o profesor Caeiro introduciu a historia da programación de ordenadores dende a
orixe do algoritmo dos árabes pasando por Ada Lovelace e Alan Turing para chegar á estrutura dos ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados. O relator amosou ferramentas coas que é moi doado programar, como Scratch e Squeak, para que poidamos facer, tamén en galego, os nosos programas.
Deixámosvos algunhas fotos




7 comentarios:

  1. Na miña opinión a charla estivo moi interesante e foi moi enriquecedora, aínda que se escoitase un pouco mal e houbese algúns problemas de conexión.
    Un punto que mencionaron na charla, e que creo que é importante, é que se pode programar en galego, que é una lingua tan válida como calquera outra.
    Tamén se pode facer ciencia en galego. Persoalmente estou dacordo con este punto, xa que non veo ningún motivo para desprezar unha lingua que empregas habitualmente en determinados ámbitos cotidiáns.
    Estes programas son moi intuitivos, xa que os pode utilizar calquera aínda que careza dos coñecementos básicos ou necesarios para programar.
    En resumo, a programación é un tema que está moi relacionado cas TICs e que, actualmente, se está convertiendo en algo indispensable para certos traballos. En moi pouco tempo, o seu estudo será obligatorio.
    As TICs forman parte da nosa vida, están integradas en todo o que usamos, por iso se fai tan necesario coñecelas e comprendelas.
    Como mencionei antes, esta charla a parte de ser moi interesante, gustoume moito, tanto pola súa maneira de explicar, como polos coñecementos que nos ensinaron.

    Andrea Pérez Rivas. 1A Bachiller.

    ResponderEliminar
  2. Eu penso que, por un lado, a conferencia sobre a programación de ordenadores foi interesante en canto, a que nos explicou que se pode programar en galego ao igual que en outras tantas linguas, ademáis de tratar un pouco en que consistía.
    Pola contra tamén hai que ter en conta que -na miña opinión- explicou a programación desde un ámbito moi técnico a alumnos que non temos por que saber nada deste tema, e polo cal, se non estamos familiarizados con el non chegaremos a enténdelo na súa totalidade. Resultandonos todo un pouco confuso, e cre que podería habernos ensinado un pouco máis de forma práctica en que consiste a programación.

    Mercedes Castro Cid 1ºBACH A

    ResponderEliminar
  3. A conferencia dada o pasado mercores pareceume unha gran fonte de información sobre todo o relacionado có mundo da informática e computación, este tema xa esta moi visto pero en galego non hai tanta información xa que se pensa que esta lingua non é apta para o relacionado cós aspectos técnicos.

    Se tivese que por algunha queixa sobre a charla diría que foi moi teórica,podería haber posto máis exemplos prácticos e vivenzas para facelamáis amena.

    A videoconferencia gustoume moito xa que apesar de estar rodeados de aparatos que derivan do mundo informático non savemos moito deste tema, é como está en galego fomentamos a utilización do idioma.

    ResponderEliminar
  4. Dende o meu punto de vista a charla sobre a ciencia en galego foi moi enriquecedo ainda que foi pouco amena.
    Comentábannos que a ciencia tamén se pode facer en galego e, obviamente que se pode. O galego é unha lingua coma calquer outra e non merece ningún desprezo por ter un menor número de falantes. O galego debe ter prestixio e debe ser falada ao igual que as outras linguas.
    Na actualidade a maioría de proxectos sobre a ciencia fanse en castelán porque por desgraza, moita xente cre que o galego é unha lingua menos prestixiosa e si o fas en castelán o teu proxecto terá máis importancia, pero están errados porque o galego ten tanta importancia como o castelán.
    A charla estivo moi ben, deron conceptos básiocs de como crear un programa pero as diferentes interrupcións que houbo fixeron que na charla te perderas e se fixese u chisco longa.


    MARTA CARNERO GARCÍA 1A BACH

    ResponderEliminar
  5. Na miña opinión, a videoconferencia sobre a ciencia en galego foi bastante interesante e útil, xa que nos informaron da programación e de diferentes sistemas operativos. Normalmente estamos acostumados a programar en castelán, pero a través da videoconferencia demostráronnos que non hai ningún problema en facelo en galego.
    Falouse de "Scratch", que é unha aplicación para programar. O ano pasado, eu xa tratara este programa e pareceume unha boa maneira de aprender a programar xa que é rápido, divertido e sinxelo. Tamén se citaron diferentes tipos de sistemas operativos como o de "Linux", que é en galego.
    Finalmente, os únicos defectos que tivo a videoconferencia foron que foi interrompida varias veces debido a que se cortou e orixinou perdas de atención e que estaba a un nivel bastante alto para aquela xente que nunca programara nin coñecese moito as novas tecnoloxías.

    ALBERTO COSTELA VÁZQUEZ 1º BACH. A

    ResponderEliminar
  6. Chámome Verónica López, e son alumna de 1ºB de Bacharelato, e gustaríame comentar como me pareceu a videoconferencia do pasado mércores 5 de novembro, tratada sobre a Ciencia da programación de Ordenador, na súa 5ª edición.
    Considero que foi unha hora enriquecedora con respeto ó mundo da informática, xa que moitas das cousas faladas por Manuel Caeiro foron novas para min, coma por exemplo que non só os portátiles e os ordenadores de mesa eran realmente ordenadores, senón que os smartphones, televisións, GPS, videoconsolas, videoxogos... tamén o son.
    Para a xente que nun futuro queira estudar ou traballar en algo relacionado con este mundo, penso que puido ser unha hora moi aproveitable, en cambio, para os alumnos ou alumnas que por agora non teñan pensado estudar nada deso, coma por exemplo eu, non creo que fose unha hora desperdiciable nin moito menos, xa que son datos que nos favorecen nese aspecto.
    Doulles a miña noraboa pola videoconferencia dada.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  7. Chámome Ángela Lamas e curso 1º de Bacharelato B. Fai unhas semanas a meirande parte do alumnado do IES, acudimos a unha videoconferencia con motivo do día da ciencia en galego. O argumento principal da charla, foi achegar aos xóvenes unha nova forma de expresarse e traballar a través da rede, para mellorar dalgunha forma as súas cualificacións cara a vida laboral adulta. Dende o meu punto de vista foi unha conferencia orixinal, innovadora e didáctica. Orixinal e innovadora xa que o medio usado (videoconferencia) é diferente ao que normalmente se soe usar en charlas deste tipo, e eso pode chegar a despertar un interese especial polos oíntes, máis alá do que pode xerar o tema principal desta (a ciencia). Ademais disto último, podemos engadir ao seu caracter innovador, o feito de que a coñexión se realizara á vez en múltiples institutos da xeográfia galega á través da rede. Na súa función didáctica resaltamos a incentivación de interese das novas xeracións polo galego e pola ciencia en sí, en tódolos ámbitos que esta abrangue.
    Persoalmente gústoume xa que me axudou a ampliar o meu coñecemento neste campo case deserto para min, ademais de proporcionarme novos programas informáticos que non coñecía. Como único defecto destaco as interrupcións debido ás interferencias da rede.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar