A violencia
de xénero é un tema que está moi presente, por desgraza, na nosa sociedade. Só
no que levamos de ano, as cifras de feminicidios (asasinatos de mulleres por
razóns de xénero) sobrepasan as 86 mortes en España. Máis de mil mulleres foron
asasinadas nos últimos 15 anos e no 15.7 % dos casos xa existían denuncias
previas.
Os datos son alarmantes, polo que este é un tema que nos afecta a todos tanto como sociedade coma a nós, como mulleres. Por este motivo, as alumnas de 1ºBACH de Literatura Universal do IES Xesús Taboada Chivite decidimos facer unha exposición sobre diferentes libros nos que a violencia de xénero ten un gran protagonismo. Logo de pescudar que obras nos poderían valer para tratar este tema, acabamos escollendo os seguintes títulos: La casa de Bernarda Alba, Casa de muñecas, Cometas en el Cielo, Otelo e Lolita.
Cada unha
de nós faremos unha presentación na que falaremos do libro e da figura da
muller como vítima de maltrato para despois expoñelo nas clases de ESO e de
bacharelato. Parécenos unha boa idea, xa que deste xeito todos os nosos
compañeiros e compañeiras poderán descubrir como a violencia de xénero ten
cabida na cultura popular da man de obras literarias tan recoñecidas como das
que lles imos falar.
Esperamos
que con este traballo os rapaces e rapazas do noso centro se decaten de
como a literatura de diferentes épocas pode servir para concienciarnos da dura realidade que nos
rodea.
Sara guerra Sandoval
1º BAC B
Ningún comentario:
Publicar un comentario