17/04/2017

CONFERENCIA VIITICULTURA

O pasado xoves 6 de abril, o alumnado de ciencias de primeiro e segundo de bacharelato asistimos a unha conferencia que tiña como tema principal a viticultura. Esta ía ser ofreciada por Julián, profesor de Enxeñería Agrícola na USC, e por Ángeles, profesora en Xinzo de Limia e colaboradora no doutorado de Julián.

En primeiro lugar comezou falando Julián, quen nos fixo una introdución ao mundo vitivinícola. Ao longo da historia, a viticultura foi cambiando e dende sempre a produción de viño foi moi importante e foise adaptando as distintas circunstancias (gustos, lugares, aromas, graduacións...). Ata fai unhos anos, a produción de viño estaba relegada a un ámbito máis rural e de autoconsumo, pero co aumento da globalización e o comezo dun incipiente mundo viticultor, a producción do viño foi aumentando as súas fronteiras e actualmente consómese mesmo no Xapón e en EEUU. Para adecuarse a este tipo de mercados hai que realizar estudos deste, coñecer as posibilidades que che brinda o lugar receptor, innovar en busca dunha mellor calidade e un montón de etcéteras. A búsqueda de novos mercados acarrea unha serie de problemas como: os novos destinos implican descubrir, en ocasión o traballo tense que levar só e eso acarrea dificultades, o tamaño importa (máis se é máis áxil), é preciso manexar ben a información, estar vixente ás mudanzas, e a máis importante, necesita unha boa cantidade de capital.


Tras rematar Julián, foi a quenda de Ángeles, a quen o tempo se lle botou enriba, xa que é un tema demasiado longo. Ela falounos sobre a agricultura de precisión e as técnicas e tecnoloxías empregadas. O mundo vitivinícola comezou a evolucionar cara o século XIX e acadou o seu máximo explendor no século  XX. Antes de mecanizar una produción hai que realizar un estudo permenorizado das variables que afectan ao terreos e os cultivos, tendo en conta a heteroxeneidade espacial dos mesmos e buscar un rendemento máximo. Para realizar estes estudos sèguense tres pasos: tomar datos, procesalos e actuar en consecuencia. As vantaxes que aporta a agricultura mecanizada son varias: traballase a tempo real, mellora a calidade do produto, predícense riscos como pragas, diminúese o impacto ambiental, prodúcese un aforro no consume de enerxía, 
optimízase o tempo de traballo e existe un control sobre a trazabilidade. Pero como toda cousa tamén ten inconvintes debido a que necesita unha elevada inversión e para a xente maior a tecnoloxía presentalle dificultades. As técnicas empregadas son varias como o emprego de GPS, SIG, sensores que captan a cantidade de colorofila, humidade, temperatura, etc.; tamén se empregan sistemas de teledetección, dispositivos electrónicos, sensores lidar, redes de comunicación...


Na miña opinión foi unha conferencia bastante interesante xa que nos introdución a un mundo que aquí no val temos moi presente, pero que non somos informados o suficiente sobre como funciona e grazas a esto agora sabemos algo máis do que nos rodea.

Miguel Alves Blanch 2º Bacherelato

Ningún comentario:

Publicar un comentario