20/04/2017

VI XORNADAS DE TECNOLOXÍA DE GALICIA

As VI Xornadas de Teconoloxía de Galicia celebraranse os próximos 21 e 22 de abril no IES Xesús Taboada Chivite organizadas por APETEGA.

Nese contexto as 16:30 no Auditorio de Verín terá lugar a  A charla-espectáculo “Da roda ao láser” que será impartida por David Ballesteros, profesor e divulgador científico de gran experiencia especializado no mundo educativo, presenta un percorrido pola historia da humanidade e os cambios tecnolóxicos máis disruptivos, que permiten a entrada nunha nova era do coñecemento. Para dotala dun gran dinamismo, cada explicación irá acompañada con experiencias prácticas ilustrativas de gran espectacularidade.

Láser. Os láseres, por sorte ou por desgraza, non son como os vemos na Ciencia Ficción. Na charla analizarase a súa base tecnolóxica e os participantes poderán probar os usos que adoitan ser descoñecidos pola poboación, tales como a análise de aceites ou a construción dun microscopio low cost.


Para finalizar a charla, os participantes reflexionarán sobre as tecnoloxías que poderemos gozar nun futuro próximo. De forma ilustrativa, convidarase o público a xogar controlando a actividade cun lector de ondas cerebrais conectado ao seu cerebro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario