21 de abr. de 2017

DÍA DA TERRA

A ONU declarou os días 22 de abril como Día da Terra. Desde Igaciencia convídannos a participar. Podedes ver as motivacións e documentos relacionados enhttp://www.earthday.org/   ou http://www.un.org/es/events/motherearthday/:

"Con motivo dese día e de dar a coñecer Nova  Carta  (http://novacarta.eu) na próxima semana convidámosvos a que propoñades aos vosos alumnos utilizar a App NovaCarta que podedes baixar de novacarta.eu e enviar fotos das distintas paisaxes galegas e enviar unha pequena descrición de cada unha coa xeolocalización que tamén envía a App.

En resumo o que envía máis fotos xeolocalizadas das paisaxes galegas desde o día 21 de abril ao 2 de maio conseguirá o primeiro premio de Nova carta (dos 40 que convocaremos durante este ano). Ademáis poñeremos unha páxina coas fotos máis interesantes, citando o nome do autor e o seu centro. De paso aprende a usar a aplicación para as seguintes convocatorias de premios. Por exemplo todo envío de datos debe levar o teu email para poder saber quen  fixo o envío. Lede o minimanual en novacarta.eu"

Ningún comentario:

Publicar un comentario