Xusto antes de Nadal os
alumnos de 1º da ESO de reforzo (Niko, Salomón e Hiba) decidiron ir contarlle un
conto ós nenos e nenas de Infantil do CEIP Princesa de España.
Os autores da
historia foron eles, e dous compañeiros que non puideron ir, Álison e Noé. Xa
no cole, eles mesmos lles leron a historia, que falaba dunha nena pobre a quen
o Apalpador cumpre un gran desexo: que os seus pais atopen traballo.
Foi un
momento moi especial e emotivo porque despois de estaren moi atentos a todo o
conto, pequechos e pequechas recibiron o agasallo do relato (en formato libro
caseiro) creado polos nosos e unha carta para que pedisen os seus desexos ó
Apalpador. Con ela é coa que posan na foto que vedes na parte superior.
E...unha cousa máis!: se queredes gozar dos dotes literarios dos nosos alumnos
e alumnas, deixámosvos un enlace a este tenro e sentido relato. Premede nesta LIGAZÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario