O terceiro xoves de novembro de cada ano celébrase o Día Mundial da Filosofía, que ten como propósito lembrar o gran valor que ten a filosofía para o desenvolvemento da sociedade en xeral, honrando as reflexións filosóficas en todo o mundo. É un día para que a xente comparta os seus pensamentos, explore e discuta abertamente novas ideas e inspire o debate público ou a discusión sobre os desafíos da sociedade.
A filosofía abrangue aquel espazo de asombro do ser humano onde as ideas atopan un novo e cómodo espazo para florecer sen límites. Desta forma, a filosofía abriu a porta a novos conceptos e ideas innovadoras, sentando as bases do pensamento crítico, a independencia e a creatividade en todas as culturas durante moitos séculos.
No IES Xesús Taboada Chivite quixemos celebrar o Día Mundial da Filosofía coa actividade IMAXES PARA PENSAR, PENSAR EN IMAXES, onde se lle pedía ao alumnado que escollese un aforismo dalgún filósofo ou filósofa e o ilustrase cunha imaxe.
Todas as propostas proxectáronse na pantalla do vestíbulo do noso centro.
Podedes ver aquí unha Presentación feita con todas elas:
O Departamento de Filosofía decidiu premiar a tres delas cos seguintes premios:
Unha camisola: “RAZONES” (https://www.filosofers.com/camiseta-razones/)Un libro: “LA ELEGANCIA DEL ERIZO”, de Muriel Barbery (https://www.filosofers.com/la-elegancia-del-erizo-muriel-barbery/)
o: “FILOPOESÍA” (https://www.filosofers.com/cuaderno-filopoesia-plan-de-fuga/)
E as escollidas para os premios foron as seguintes imaxes para pensar:
PARABÉNS A TODXS E VIVA A FILOSOFÍA!
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarParabéns a todos eses alumnos marabillosos que participaron e nos demostraron que saben pensar!!!
ResponderEliminar