Hoxe inaguramos unha nova sección no blog: "Co selo galego", para dar a coñecer produtos fabricados en Galicia.
A primeira en presentarnos un produto galego respectuoso co medio ambiente é Uxía Pérez Diaz de 1º ESO A, colaboradora do EDLG.
Feito a base de leite cru , elabórase con moito agarimo e de xeito totalmente artesanal. Ao empregar leite sen pasteurizar, as pezas de queixo precisan dun período de maduración por riba dos 90 días , o que lle permite eliminar as bacterias propias do leite para poder ser consumido coas máximas garantías sanitarias ao tempo que mantén o seu sabor suave. Isto confírelle, xunto co medio no que se obran, un carácter de seu.
De lixeiro sabor picante ,
manteigoso, cun resaibo intenso e
persistente, consolidou un lugar propio dentro da gastronomía alaricana e de
moitos fogares galegos , que levan a súa mesa un queixo de calidade respectuoso
co medio ambiente.
O queixo culmina todo un
proceso de apego e coidado da natureza, xa que grazas ao pastoreo do rabaño nos
prados , os terreos de “O Rexo” recuperaron o seu aspecto coidado de antano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario