7 de mar. de 2021

BOMBÓNS CHOCOART

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO


Chocoart é unha empresa situada en Lugo, que conta co respaldo de máis de trinta anos de experiencia traballando na elaboración de bombóns.

Os seus produtos fanse un a un, de maneira totalmente artesanal, creando dese xeito bombóns de autor e deseños únicos.

En Chocoart realízase todo o proceso, desde a compra, recepción de materias primas, envases, embalaxes etc., ata a saída do produto das súas instalacións.

A calidade das materias primas empregadas no obradoiro é primordial. Utilízanse só produtos de primeira calidade e esenciais naturais , sen ningún tipo de aditivo nin colorante artificial. Os froitos secos, a froita confeitada etc., que se emprega para a elaboración dos bombóns, é sempre de orixe nacional. A cobertura posúe unha alta porcentaxe de cacao e a lecitina de soia que se emprega como emulxente, nunca é transxénica e mellora a calidade do produto.

Cos anos foron incorporando novas especialidades coma os bombóns sen azucres engadidos ,os de mousse de queixo de cabrales ou os de sidra… contando na actualidade con máis de setenta especialidades,  todos elas sen gluten.


Ningún comentario:

Publicar un comentario