25 de mar. de 2021

OS PERCEBES GALEGOS

 Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A.

Os percebes son crustáceos alongados que viven unidos á roca, onde se alimentan de plancto e ovos de peixes. Predominan sobre todo en España, particularmente na bela Costa da Morte galega.

Considerado por moitos como o rei dos crustáceos, o mellor percebe do mundo vive unido aos cantís rochosos de Galicia. A súa delicadeza e os perigos inherentes á súa recolección, convérteno nun produto valioso e caro.

Como distinguir o percebe galego?

Os percebes atópanse nas costas de España, Portugal e Marrocos. Caracterízanse por un corpo alongado similar a un talo que culmina cunha especie de uña de  nácar. O de superior calidade é o galego, grazas ás propiedades das súas augas mariñas.

Os percebes galegos caracterízanse por estar expostos ao sol. Son de corpo curto e  rechoncho, máis  carnoso cas marroquís.

Os percebes españois, como se colleitan das rochas golpeadas polo mar aberto, véndense unidos a un anaco de rocha.


Ningún comentario:

Publicar un comentario