Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A
O requeixo de O Casal é un queixo sen sal de pasta branda, de textura cremosa, sabor suave e un pequeno punto de acidez.
Séguese facendo de xeito tradicional desde hai máis de vinte anos, como se facía hai séculos en calquera casa do rural galego. O callado é por acidificación, nun proceso de varias horas de duración en función da temperatura ambiente. Esta callada escórrese en panos, para posteriormente, cando se alcanza o punto de textura desexado, ser pasado aos envases.
As únicas diferenzas con respecto á forma
tradicional de elaboración son o uso de tanques de callado de aceiro inoxidable
e o pasteurizado do leite, que aseguran un total control sanitario, sen alterar
as propiedades do produto.
A pesar do que poida parecer,
o requeixo é semigraxo, ten a metade de graxa dun queixo fresco, o que o fai
ideal para dietas. A súa textura cremosa non ven da graxa senón do alto grao de
humidade que lle da esa característica única do requeixo O Casal.
Pódese
comer só, misturado con azucre, mel, marmelada, froita fresca ou froitos secos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario