20 de xan. de 2015

A CABEZA DE MEDUSA DE MARILAR ALEIXANDRE

Este libro narra a historia de dúas rapazas chamadas Lúpe e Sofía que tras acabar a festa do seu colexio van en busca de un taxi. Ao non atopalo deciden montar nun coche de dous rapaces alleos a elas pensando que eran invitados da festa, e este feito marcaralle as súas vidas, porque foron vítimas dunha agresión sexual. Durante os días seguintes moita xente non se atreve a miralas a cara, pero elas asumen o que lle pasou e non se evaden da realidade. Sofía conta co apoio dos seus pais, mentres ue Lúpe non tanto, pero as dúas levan a cabo as denuncias correspondentes. Nestas dúas rapazas vese reflectido o mito da medusa; no que os seus cabelos convértense en serpentes polo castigo tras ser forzada por Poseidón, cando as vítimas eran elas. E o mito da medusa desencadea moitos conflitos...


Opinión Persoal:
A min este libro gustoume, non só polos valores que se levan a cabo senón pola actitude dos personaxes. O feito de ser violada e asumilo con valentía, de non agachar a cabeza diante dos demais, porque esa forza que teñen as protagonistas gustaríalle tela a moita xente.

Recomendacións:
Este libro recomendaríallo a xente que lle gustan os valores da xustiza, da igualdade de xénero e sobre todo da amizade.


Elia Salgado de 3º ESO B

Ningún comentario:

Publicar un comentario