26/01/2015

MUTACIÓNS XENÉTICAS DE FINA CASALDERREY

AUTORA.
Mutacións Xenéticas está escrito por Fina Casalderrey, unha escritora nacida en Pontevedra que estudou maxisterio e gañou diversos premios tanto a nivel persoal como colectivo, cos seus alumnos.

RESUMO.
Este libro cóntanos a historia de Hadrián, un rapaz que vive en Inglaterra, e ten que vir a Galicia para coñecer ó seu avó. El pensa que o mes que pasará aquí,  vai estar moi aburrido, pero non sabe a que se dedica o seu avó. Este é un científico que está a investigar como poder remplazar as máquinas por animais, facendo que estes ante unha orde dun ser humano reaccionen e fagan algo para o noso proveito. A investigación ten como finalidade facer un mundo sen tanta contaminación. Hadrián axuda ó seu avó en todo o que pode, xa que ten o laboratorio dentro da súa propia casa. Por outra banda, o avó sen a axuda do seu neto non sería quen de seguir adiante coa súa investigación.

VALORACIÓN PERSOAL.

Mentres un vai lendo este libro, pensa se podería ser posible o que quere facer o avó de Hadrián, xa que dá moito que pensar.Ó mesmo tempo tamén te identificas moito coa personaxe principal, xa que é un neno que fai travesuras  con frecuencia e é moi preguntón.

Leticia Lozano Meiriño de 3º ESO A

Ningún comentario:

Publicar un comentario