23 de xan. de 2015

AS CRÓNICAS DE LANDEREINA. BÁGOAS DE LÚA DE SABELA GONZÁLEZ

O libro que eu elixín para a proba oral de galego foi este, Bágoa de Lúa, un libro de orixe galega, que conforma o primeiro tomo da triloxía “As crónicas de Landereina”. A súa autora é Sabela González, que naceu e viviu en Vigo, e xa dende pequena soubo sempre que quería ser escritora; polo tanto, no seu blog “Gramática de Corpos”, comezou a subir pequenos textos, que lle granxearon un cúmulo de admiradores que a animaron a converter o seu soño en realidade. Así, ós 34 anos de idade, publicou o seu primeiro libro, que é este.

A verdade, é que o escollín en parte porque xa coñecía un pouco del, e da súa autora: algunha que outra vez visitara o seu blog, e alí lera algunha das noticias que ela ia colgando sobre o seu futuro libro; xa daquela chamou a miña atención, e a pesar de que me esquecín un pouquiño del, volveu caer nas miñas mans grazas a un concurso literario. Tamén me animei a lelo pola súa portada, algo moi básico para min, xa que preciso que a portada do libro me transmita algo, ou que polo menos sexa desas que din: ¡Ei, esquí estou! Pode que esta non sexa una gran marabilla, pero en comparación caos libros que estou acostumada, significaba un pequeno cambio, así como me producía curiosidade o feito de ver na miña andel aquel libro de cor escura entre tanta cor clariña.
Bágoa de Lúa, é un libro fantástico, que nos sitúa nun reino máxico chamado Landereina, onde conviven personaxes máxicos, e personaxes non tan máxicos: sereas, ananos, elfos, amazonas… A protagonista da historia é Berenguela, unha nena de 14 anos, que vive nunha pequena praia perdida do mundo, xunto coa mellor amiga da súa nai, Cátaba, e o seu marido, Bunm. Así, unha noite, tras volver do feirón da cidade veciña, atópanse cunha nena da idade de Berenguela nos chanzos da súa casa; ela, ven da Tríade Amazona, onde vive a nai da protagonista. A chegada desta nena, así coma das noticias que trae con ela, impulsarán aos catro protagonistas nunha viaxe por descubrir quen son en realidade, e que a escuridade que azouta Landereina, non os pille no camiño.

A verdade é que o libro gustoume moito, tiña unha expectativas moi altas con el polo seu xénero, xa que é o meu favorito, e porque non coñecía ningún libro desta temática en galego. Pese a todo, o libro encantoume e sorprendeume, é una narración moi lixeira e que se lee nun suspiro, a pesar do largo que parece. Unha das cousas que máis me gustou foi a maneira que tivo de móstranos cousas do pasado, dividindo o libro en partes, e dúas delas, baseadas en sucesos de 64 anos atrás. Os personaxes son moi divertidos, e dende o principio conectamos con eles; o meu favorito é Berenguela, xa que é moi parecida a min en todos os aspectos, así coma na súa maneira de ser. O que menos, foi a nai de Berenguela, xa que considero que para ser unha personaxe moi importante, non a coñecemos moito, por non dicir nada. A pesar diso, é un libro que recomendo completamente a todos, xa que nos fai gozar, ou iso considero eu, e creo que faite vivir unha aventura, mergullándonos a nós tamén na historia; e así, podendo vivir tantas aventuras coma hai neste libro, por qué quedarnos só con unha?

 Ana Manso Fernández de 3º ESO C

Ningún comentario:

Publicar un comentario