7 de dec. de 2020

APOSTANDO POLA AGRICULTURA E A GANDARÍA ECOLÓXICA

 Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO.

Sabías que a facturación da agricultura e da gandaría ecolóxica en Galicia creceu un 42% no último ano?

Os  50 millóns de euros que facturou a comunidade galega aválano, e é que cada vez son máis os profesionais que deciden apostar polos cultivos ecolóxicos nesta terra. 

En base aos últimos estudos que manexa o sector da agricultura ecolóxica, o crecemento neste campo podería ser aínda maior nos vindieros anos.

Carnes, iogures, ovos… cada vez son máis os andeis dos supermercados que nos mostran produtos que portan unha etiqueta na que podemos ler: “produción ecolóxica”.

Seguramente ti mesmo puidéralo comprobar nunha das túas últimas visitas ao supermercado, verdade?

Como o seu propio nome indica, os alimentos de produción ecolóxica son aqueles que foron elaborados seguindo unha arte moi concreta: a agricultura ecolóxica.  Pero, que é realmente a agricultura ecolóxica?

É a arte agrícola que respecta o medio ambiente e conserva a fertilidade do chan mediante a utilización óptima dos recursos e sen uso de produtos químicos de sínteses.

En definitiva, é un sistema alternativo de produción agrícola que permite obter alimentos (de orixe animal e vexetal) da máxima calidade e libres de residuos químicos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario