21 de dec. de 2020

TURRÓN ANTOXO

 Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO A.


Chegamos ao final do trimestre, e  ao principio das festas do Nadal, nelas non pode faltar o típico turrón.

Antoxo é unha marca de turrón artesán de chocolate, arroz inchado, con améndoas ou con albariño, 100 % galego e elaborado en Salvaterra do Miño, Provincia de Pontevedra.

A empresa  chocomiño é a encargada de elaborar este rico turrón. Comercialízase en tendas pequenas de toda Galicia.

Parte do éxito deste turrón é o praliné de abelá que o combinan con azucre, pasta de cacao e  lecitina. É un produto que só  o traballan de setembro a decembro e retírano da venta como máis tarde en marzo, sendo un produto de tempada, de aí a súa frescura. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario