15 de dec. de 2020

ORELLAS DE ENTROIDO

Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A.


As orellas de entroido son unha sobremesa tradicional de Galicia que reciben este nome pola particular forma que teñen, similar á orella dun porco.

A gastronomía do entroido inclúe moitos produtos que derivan do porco, xa que esta é unha época de abstención de certas clases de carne. Por este motivo, creábanse réplicas dos alimentos que non se podían comer con outros ingredientes. Por iso, é nesta época do ano cando se adoita ver esta sobremesa nas pastelerías da comunidade autónoma.

Esta sobremesa consiste nunha masa frita. En todas elas os ingredientes principais son a fariña, o ovo, a manteiga de porco, o leite, a auga, o limón, o aceite e a canela.

Adóitanse presentar nunha fonte con azucre (branco ou  glas) e  canela. Nalgunhas zonas tamén se acompañan con mel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario