11 de dec. de 2020

ESTE MES PODERASE VER A ESTRELA DE NADAL POR PRIMEIRA VEZ EN 800 ANOS

 Redacción e audio Uxía Pérez Diaz, 1º ESO A.


Aínda que esa luminosidade, coñecida como “Estrela de Nadal” non é unha estrela propiamente dita,  senón un fenómeno do sistema solar, merece unha  atención especial desde a perspectiva da astronomía e da física.

A última vez foi avistada no ano 1226 e agárdase que volva ser visible o vindeiro 21 de decembro, coincidindo co solsticio de inverno. Nese intre , Xúpiter e Saturno crúzanse tan preto que dan lugar a un efecto de luz xigante.

Parecen combinarse varias cuestións inusuais . A primeira é que os alineamentos entre planetas son pouco comúns,  xa que ocorren unha vez cada 20 anos e a segunda, que será visible poucos días antes do Nadal.

O fenómeno será visible a simple vista e ademáis, poderanse distinguir os planetas dunha forma sinxela.  Xúpiter será o astro máis brillante no ceo despois da lúa , namentras que ao seu carón , un pouco máis a esquerda , atoparase Saturno , con menos luz , que ademáis se recoñece polos seus aneis. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario