12 de feb. de 2021

BICO DE XEADO

 Redacción e audio: Uxía Pérez Diáz, 1º ESO A


Bico de Xeado é un produto feito a partir de leite fresca de primeira calidade  acabada de  muxir na súa propia granxa “O Cancelo” (A Coruña), e sen adulterar industrialmente.

O proceso e as materias primas que empregan garántenlle unha inmellorable textura e completa homoxeneidade no corpo do xeado , que contén unha menor cantidade de aire na súa mestura e unha cremosidade única.

É unha empresa comprometida co entorno, que utiliza sempre que é posible, froita fresca e produtos de orixe local ou de proximidade, sen adicionar saborizantes nin colorantes artificiais. Ademais, o seu proceso de elaboración é totalmente manual e artesanal.

A marca ten no mercado 26 sabores fixos de xeados e outros de tempada coma o de cabaza, o  de castaña ou o de pementos de Herbón. Chaman a atención, outros tan galegos coma o de licor café, o de requeixo con figo caramelizado ou o de café de pota. Son sabores auténticos e naturais que namoran a todos aqueles que teñen a oportunidade de probalos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario