Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.
Situada no pobo pontevedrés de Soutelo de Montes (Forcarei), Amorodo é unha pequena empresa que se adica á elaboración de conservas vexetais ecolóxicas. Os seus provedores proceden doutras partes de Galicia , así como do norte de Portugal , xa que está nunha zona principalmente gandeira.
A súa produción vai parella ás tempadas de cada produto. Así, en inverno elaboran marmeladas de kiwi ou laranxa, de xaneiro a marzo envasan grelos e no verán producen conservas de xudías , marmeladas de melocotón, peras con albariño ou salsas de tomate. O produto que empregan é fresco, procedente de excedentes , o que non implica que sexa de peor calidade, senón que é o que os produtores non conseguiron vender.
As conservas son elaboradas no momento que
chegan ás súas instalacións a materia prima, conseguindo dese xeito que se
conserven todas as súas propiedades. Os restos que non utilizan, emprégano como
compost natural ou alimento para o gando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario