Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.
Orballo naceu en Padrende (A
Coruña), e o seu produto está estreitamente vinculado á área na que é
cultivado. Os tés desta marca galega son ecolóxicos, sostibles e crecen no rural galego, ámbito que
os seus responsables queren pór en valor.
A empresa non emprega nin
fertilizantes, nin herbicidas, nin ningunha outra sustancia química e as
plantas que se cultivan forman parte do ecosistema natural de Galicia. O selo
ecolóxico lévano ata o último detalle xa que os envases son biodegradables,
están feitos con plástico de millo e non utilizan cordel nin grampas, como
acontece con outras marcas
Orballo cuida con sumo mimo as máis de 10000 plantas de “Camellia sinensis” que posúen na actualidade. Estas precisan para medrar: un terreo ácido, moita auga e sombra, o que fai de Galicia un enclave idóneo para o seu cultivo, xa que a acidez do seu chan é semellante ao de China e Indonesia.
O sabor das súas infusións non se asemella a ningunha convencional e os nomes dos seus produtos fan referencia ás súas propiedades, dunha maneira divertida e desenfadada: “Pero que riquiña, Carmiña”, “Calma o teu karma” e “Depura con loucura” son algún dos orixinais nomes co que conquista os padais dos seus consumidores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario