Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A.
Ánades Galicia é unha empresa agroalimentaria galega
dedicada á elaboración de produtos derivados do pato. Situada nun lugar da
Galicia rural do sur da provincia de Ourense, Vilardevós.
A súa actividade comeza coa crianza das súas propias aves
e termina coa entrega do produto final ao consumidor.
Pero a idea de crear esta empresa remóntase á primavera
do 67. Por aqueles anos de estudante,
Silveiro aproveitaba as vacacións estivais para mellorar o seu francés
no país galo, á vez que traballaba nun restaurante. Na súa carta destacaba un
prato: Foie- Gras. Esta exquisitez
francesa conquistou a Silveiro e a
intención de converterse algún día en criador destas aves xa non lle
abandonaría xamais.
Os principais produtos da empresa son os seguintes:
- Foie- Gras.
- Confites de oca ou de pato cebado.
- Fabas con pato.
- Xamón de pato, feito pola súa peituga curada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario