Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO
O chocolate Essenzo
é made in Galicia, faise a man nun pequeno local na Coruña e resúmese en dous
ingredientes (cacao e azucre) de catro orixes (Perú, Madagascar, Nicaragua e Ecuador).
A alma desta doce proposta é o coruñés Guillermo Villafañez, un emprendedor de 28 anos amante
deste produto que decidiu probar sorte coa súa propia marca apostando polo
denominado "bean to bar", é dicir, a elaboración cun proceso artesán desde o gran
de cacao en pequenos lotes.
A idea xurdiu en 2018 cando traballaba nunha axencia de márketing dixital en Barcelona con grandes empresas de alimentación, en cuxo comportamento vía que primaban máis as campañas de publicidade e márketing que o produto, que adoitaba pasar a un segundo plano. "Sempre me gustou o chocolate e adoitaba comprar os de alta porcentaxe en cacao e de aí xurdiu Essenzo", explica, unha iniciativa á que lle deu un empurrón un "coworking" organizado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en 2019 e que hoxe en día é toda unha realidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario