Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A
O motivo polo cal as árbores atraen os
raios débese á forma das árbores. Non só as árbores atraen os raios, senón
calquera obxecto puntiagudo que destaque
sobre a paisaxe. Isto débese a que a electricidade buscará sempre o camiño máis
fácil para chegar ao chan. Deste xeito, cando un raio se dirixe desde unha nube
ao chan, o camiño da descarga do raio buscará sempre o camiño que actúe como
mellor condutor posible. Debido a que os obxectos puntiagudos e elevados sobre o terreo ofrecen
un mellor camiño para a descarga eléctrica, os raios diríxense cara a eles
antes que continuar o seu descenso en dirección ao chan a través do aire.
Por iso os expertos sempre din e sobre todo recomendan que cando haxa
unha tormenta nunca nos poñamos debaixo dunha árbore.
Ao longo da última semana, en Galicia xa houbo casos de
xente resgardándose debaixo das árbores pola tormenta que houbo fai poucos
días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario