13 de xan. de 2021

EXXPERIMENTA EN FEMININO

Durante dúas semanas estará no noso centro a exposición "Exxperimenta en feminino", impulsada polo profesorado feminino das carreiras STEM do Campus de Ourense da UVIGO e patrocinada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Universidade de Vigo. 

A exposición componse de 14 paneis, que están repartidos por distinta zonas do instituto. Cada un deles mostra as actividades e logros dunha muller científica ou tecnóloga que se pode considerar un referente no campo STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics).

O obxectivo principal desta iniciativa  é promover a visibilización das mulleres nas disciplinas científicas e tecnolóxicas, así como servir de polo de atracción  de nenas e mozas cara a ciencia e as enxeñerías.

Desde RadioChivite propóñennos o seguinte reto:  Despois de visitala, seriades quen de adiviñar quen son estas seis mulleres que vos van falar a continuación, neste vídeo,  todas elas integrantes da exposición?


 
Se averiguades quen son, enviade un email co voso nome, apelidos, curso e grupo, e coas seis respostas por orde de intervención no programa a radiochivite@gmail.com ou a ofiadeirodalingua@gmail.com.

Visitade a exposición e anímaivos a participar!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario