Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A
Galicao
é unha marca galega que converteu a Galicia no epicentro da fabricación dun
cacao natural en po, que quere marcar distancia co cacao tradicional que se
merca nas grandes superficies.
O
produto é importado desde Cuba, Costa de Marfil ou Ghana e na súa fábrica de
Coirós, na comarca de Betanzos ( A Coruña)
é transformado en po , xa que a súa forma inicial é a dunha torta dura.
Chama a atención pola súa cor, máis clara do habitual e un cheiro menos intenso
que o do cacao tradicional, algo que o responsable da marca achaca a non
alcalinización do produto.
O cacao da marca Galicao é natural 100% e
dicir, non está sometido a procesos químicos. Non ten azucres engadidos e contén só un 16% de materia graxa o que fai, que dentro do
amargor do cacao natural puro, sexa un
pouco máis doce. É un produto moi san e con multitude de propiedades nutritivas
que, ao non conter azucres, se pode
complementar con mel ou canela para dulcificalo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario