Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.
“Ouro
de Quiroga” é un aceite de oliva virxe extra, elaborado con olivas procedentes
de oliveiras centenarias, situadas na comarca de Quiroga (Lugo). O clima da
Ribeira Sacra, coas súas peculiaridades , é moi propicio para o seu cultivo
aínda que se siga asociando coa zona mediterránea.
Este
produto elabórase coas dúas únicas variedades autóctonas galegas: a brava e a
mansa, nunha versión actualizada e industrial, dos muiños cos que os seus
devanceiros elaboraban cada outono o seu propio aceite. A empresa conta cunha
produción pequena , duns 2000 litros anuais, nos que priman a calidade por riba
da cantidade..
Na
súa elaboración séguese un exquisito coidado en tódalas fases do proceso, cun constante respecto polo
medio ambiente e aproveitando a sabedoría adquirida ao longo de varias
xeracións, para que o aceite conserve tódalas súas propiedades e manteña o seu
exquisito sabor.
É
un aceite peculiar, cun amargor pronunciado e un toque final picante, que o distingue. Estes motivos, entre outros,
fixeron que “Ouro de Quiroga” fora recoñecido como un dos dez mellores aceites
do mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario