Redacción e audio: Martina Dosantos Tierno, 1º ESO B
Para obter a imaxe empregouse a técnica de
tomografía crioelectrónica, na que a mostra conxelada vaise escaneanado dende
distintos ángulos usando un microscopio electrónico.
Non é unha foto, é a primeira imaxe real en 3D do SARS-CoV-2. É o
máis cercano a amosar o aspecto real do virus.
A tomografía realizouse na Universidade deTsinghua, en China. Os datos obtidos foron segmentados na Universidade Rei Abdalá. Finalmente a empresa Nanographics , asignoulle propiedades ópticas e colores.
Coñecer a
imaxe do virus axuda a estudar o seu funcionamento, esperamos que continúen os avances e poidamos vencer a este virus.
Ningún comentario:
Publicar un comentario