Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO A
O leite co que se producen os iogures Larsa provén de vacas galegas que pastan en liberdade nos verdes prados da nosa terra e aliméntanse de forma natural. O Leite de Pastoreo Larsa conta coa certificación de SGS, un prestixioso selo que avala estás prácticas sostibles.
A calidade de vida das vacas vese reflectida na calidade do leite e por tanto, no sabor dos iogures. Por iso son tan cremosos e teñen unha intensidade inigualable. Se aínda non o fixeches, próbaos e descubrirás que non hai outros iguais. Ademais, hai moita variedade de sabores, pero o máis vendido é o de vainilla.
Estes iogures tradicionais son perfectos para aquelas persoas que gozan
dos clásicos. Resultan ideais para toda a familia, pero encandean especialmente
aos máis pequenos polo seu sabor.
Os reposteiros máis entendidos saben de primeira man que un iogur de Larsa é
o mellor aliado para preparar o típico biscoito de iogur. Quen non utilizou un
iogur de Larsa para medir as cantidades desta clásica e sinxela receita? Elixe
o sabor que máis che guste e dálle un toque diferente ás túas sobremesas. Ti
decides se compartir o secredo ou gardarlo para ti.
Ningún comentario:
Publicar un comentario