Secundando a convocatoria da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización, o IES Taboada Chivite sumouse os centos de centros escolares que por toda Galicia quiseron homenaxear a Celso Emilio.
Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
17 de dec. de 2012
7 de dec. de 2012
OLLOS DE AULA Nº 3
Novo exemplar da revista editada pola Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización
Ollos de aula. Nº 3
Ollos de aula. Nº 3
3 de dec. de 2012
O NADAL DE NOSO
O EDLG do CEIP Barrié de la Maza editou este traballo sobre as nosas tradicións de Nadal
Tradicions Nadal
Tradicions Nadal
19 de nov. de 2012
8 de nov. de 2012
29 de out. de 2012
SAMAÍN 2012
Os compañeiros do IES de Melide elaboraron este vídeo didáctico que nos conta a lenda do Samaín coa sempre atractiva música de Mamá Cabra. Disfrutádeo.
Vídeo didáctico sobre o Samaín con música de Mamá Cabra from Falamelide TV on Vimeo.
16 de out. de 2012
EXPOSICIÓN DE COGUMELOS
Os alumnos de primeiro da ESO coa colaboración do Departamento de Ciencias Naturais organizan unha exposición de cogumelos no noso instituto.
Do 22 ao 26 de novembro no laboratorio 1 (Hora de lecer)
Disfrutadea
Do 22 ao 26 de novembro no laboratorio 1 (Hora de lecer)
Disfrutadea
5 de out. de 2012
24 de xuño de 2012
OBRA DE TEATRO FIN DE CURSO
O día 21 o alumnado do grupo de teatro do IES, dirixido pola súa profesora Elisa Vilela Pardo, membro do EDLG, representou a obra "O Reino de Verín".
resultou ser unha peza teatral maxistralmente representada polo alumnado e sobre todo foi moi interesante por estar ambientada en Verín e comarca. Permitiunos volver a época dos romanos con personaxes como a Raíña Lupa, os centurións, a pitonisa etc,
FOTOGRAFÍAS DA OBRA "O REINO DE VERÍN".
FELICES VACACIÓNS !!!
E dende este blog, queremos desexarvos a todos unhas felices vacacións e moitos parabéns para os alumnos e alumnas que aprobaron todo.
FELICES VACACIÓNS !!!
18 de maio de 2012
PREMIOS LITERARIOS
O 17 de maio, día das Letras Galegas, tivo lugar na Casa da Cultura do Concello de Verín, a entrega dos premios literarios correspondentes aos Certames de Poesía "Xosé Carlos Caneiro" e de Relato Curto "Antonio Fernández Pérez".
Acadaron o 1º premio as seguintes alumnas:
- Mercedes Castro Cid, de 2º da ESO polo .poema "Eu".
- Marta Cid Nieto, de 2º da ESO polo relato "A certeza dun soño".
- Lucía Díaz Nicolino, de 3º da ESO polo relato "Tráfico de emocións".
Fotografías realizadas por Javier Rodríguez.
Ademais tamén obtivo o 3º premio Ana María Añel Prieto de 3º ESO.
Resultaron finalistas os seguintes alumn@s:
- Joseba Delgado Parada.......... 2º ESO.
- Noa Pérez Núñez.................... 1º ESO.
- Sabela Domínguez Souto......... 2º ESO.
- María Romero Rodríguez......... 2º ESO.
- Esther Estévez Casado............. 3º ESO.
- Victoria Pérez Gascón.............. 4º ESO.
PARABÉNS!
XORNADA DE XOGOS POPULARES
O 9 de maio realizouse no IES "Xesús Taboada Chivite" unha xornada de Xogos Populares. Esta actividade levouse a cabo coa colaboración do Centro de Cultura Popular e dos Departamentos de E.Física e do E.D.L.G. O alumnado participante foron de 1º da ESO e os xogos que se fixeron foron "A Porca" e o "Pino".
F
eE
1 de maio de 2012
DOCUMENTAL "BRASIL SOMOS NÓS"
O vindeiro 3 de maio o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO poderá participar na proxección da longametraxe documental protagonizada polo músico Carlos Núñez, nin dicir ten que é un dos mellores documentais galegos que se teñen feito.
A Historia narra a procura do bisavó de Carlos Núñez no Brasil, onde emigrara e onde parece ser que foi asasinado.
O documental investiga os nexos musicais que existen entre Galicia, Brasil e Irlanda.
VISITA DE ESTEVO CREUS
O pasado xoves 19 de abril, o poeta Creus Andrade, autor dos dous poemarios (Poemas da cidade oculta e O libro dos cans) visitou o noso IES da man do club de lectura A árbore vermella.
Este club traballou arreo todo o curso sobre os poemas deste autor. A experiencia resultou espectacular, dende, por suposto a visita do poeta pasando polo poema que aganchou polas paredes do instituto ata aula de plástica onde se atopaba unha impresionante casa do mesmo tamaño que a que nos amosa Estevo Creus no Libro dos cans.
PARABÉNS AOS MEMBROS DO CLUB DE LECTURA!!!
Visita Estevo Creus
Visita Estevo Creus
13 de abr. de 2012
VISITA DE ESTEVO CREUS ANDRADE
O vindeiro xoves, 19 de abril ás 16,30 no Club de Lectura "A Árbore Vermella" o poeta Estevo Creus acudirá ao noso IES para compartir con tod@s os que o desexedes algúns dos seus poemas.
¡Estades tod@s invitados!
Ver o seguinte enlace :club de lectura "A árbore vermella"
28 de mar. de 2012
"RUTAS DA AUGA , CAMIÑOS DE VIDA"
O alumnado de 1º da ESO , acompañados polos seus profes: Javier, Marita, Elisa, Rosa e Carmen, foron hoxe día 28 de marzo, a visitar o Balneario de Cabreiroá para coñecer e valorar a riqueza do seu entorno xa que Verín é moi importante pola calidade das súas augas, así como polos numerosos balnearios e fontes que posúe.
27 de mar. de 2012
CONFERENCIA DE ANTROPOLOXÍA
Hoxe, 27 de marzo ás 9.40 o alumnado de 4º A da ESO e 1º Bacharelato A asistiron a unha conferencia do Antropólogo Forense Fernando Serrulla Rech sobre Antropoloxía Forense.
A conferencia estivo estruturada en dúas partes: 1ª EXPOSICIÓN EN POWER POINT sobre:
O traballo dun antropólogo forense.
- O levantamento do cadáver en Antropoloxía Forense.
- Técnicas de Identificación Humana.
- Causas de morte.
- O caso de Cova Arcoia.
2ª .-PARTE PRACTICA: Exame de dous esqueletos atopados en Cova Arcoia de 14 y 25 años de idade que faleceron por causas violentas.
Esta actividade foi realizada polos compañeir@s do Seminario de Ciencias Naturais e coordinada polo EDLG.
Grazas compañeir@s por facer posible que os noso alumnado poda participar nesta actividade tan interesante.
E por suposto moitísimas grazas a Fernando pola súa inestimable, maxistral e desinteresada colaboración, unha vez máis.
E por suposto moitísimas grazas a Fernando pola súa inestimable, maxistral e desinteresada colaboración, unha vez máis.
16 de mar. de 2012
GRANDES MULLERES DA HISTORIA
O pasado día 12 de marzo varias alumnas do IES Ribeira do Louro (Porriño) dirixidas pola súa profesora Virxinia Calviño visitaron as aulas do noso IES representando monólogos teatrais de mulleres célebres.
Foi esta unha actividade realizada en colaboración co Club de Lectura e coa Biblioteca para conmemorar o día da Muller Traballadora. Tamén fixemos un mural cos nomes de mulleres importantes e de mulleres traballadoras do noso Instituto: profesoras, persoal subalterno, persoal da limpeza, cafetería etc....
28 de feb. de 2012
7 de feb. de 2012
Día da Paz
"DÍA DA PAZ"
30 de xaneiro de 2012
Neste día e durante toda a semana celebramos o día da Paz, para traballar sobre este valor os alumnos de 1º da ESO co seu profesor Javier Díaz fixeron este precioso mural.
O resto do alumnado traballou poemas sobre a Paz, uns son da propia elaboración dos alumnos e alumnas e outros son de coñecidos autores.
Etiquetas:
ACTIVIDADES
Localización:
Av de Portugal, 32600 Verín, España
Poemas da Cidade Oculta
ESTEVO CREUS
“POEMAS DA CIDADE OCULTA”
“POEMAS DA CIDADE OCULTA”
Este ano no Club de lectura A Árbore Vermella leranse os poemas deste autor galego que naceu en Cee (A Coruña) e que dende o seu libro “Poemas da cidade oculta” nos fai reflexionar sobre os sentimentos e a vida .
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega tamén colabora con esta actividade. Por iso dende este blog animámosvos a todos a participar os xoves pola tarde no club de lectura compartindo os poemas deste poeta da nosa terra.
13 de xan. de 2012
"ADIVIÑA QUEN É"
Unha nova edición do Concurso "Adiviña quen é" comeza da man do Club de Lectura A Árbore Vermella, esta vez coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xa que o persoeiro pertence ao eido da cultura galega:
¡Ánimo Sherloks... a buscar pistas! Para atopalas debedes entrar no blog do Club de Lectura.
¡SORTE!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)