Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA. Amosar todas as publicacións

11 de xuño de 2021

INTERPRETACIÓN EN LINGUAXE DE SIGNOS DA CANCIÓN "FRONTEIRAS" DE GUADI GALEGO, GAÑADORA DO CONCURSO "CANTAMOS CON LAS MANOS" DA FAXPG

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) promoveu o concurso "Cantamos con las Manos" no que o noso foi premiado con este vídeo, que é unha interpretación en linguaxe de signos da canción de Guadi Galego, "Fronteiras".
Parabéns!!!

3 de xuño de 2021

OS MUSICAIS EN GALEGO DO CHIVITE


Álex Vaamonde e Carla Blanca, alumnos de 3º ESO do IES Xesús Taboada Chivite de Verín realizan este vídeo sobre a adaptación do alumnado deste centro de varios musicais de éxito mundial, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

17 de maio de 2021

ILUSTRANDO OS POEMAS DE XELA ARIAS

Alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC do IES Taboada Chivite fan unha homenaxe no Día das Letras Galegas convertendo algúns dos seus versos en imaxes. Parabéns polo voso traballo, pola vosa grande creatividade!!!!
 

13 de maio de 2021

"PODCAST" DE HOMENAXE A XELA ARIAS

Neste vídeo aparecen tres podcast, cos que o equipo da biblioteca, Radio Chivite e o Departamento de Música, quixeron homenaxear a Xela Arias. 
O primeiro foi realizado por alumnado do 1ºciclo da ESO: "Un encontro no pasado". No segundo, participou alumnado do 2ºciclo da ESO: "Salmo RAPonsorial". O terceiro, feito por alumnado de bacharelato: "Xela tradutora. As Bruxas de Roald Dahl". 
Parabéns polo traballo realizado!
Este vídeo será proxectado mañá na pantalla da entrada do instituto

7 de maio de 2021

COPLAS DOS MAIOS 2021 CANTADAS POLO ALUMNADO DE 3º ESO

O alumnado de 3º ESO compuxo e cantou as "Coplas dos Maios", que aparecen neste vídeo. Foi unha actividade colaborativa entre o Departamento de Música e o Departamento de Lingua Galega.
Con estas coplas, como xa comentamos nunha entrada anterior deste blog, colaboramos co Concello de Verín, xunto a outros nove colectivos, en recadar fondos para o programa de atención as necesidades básicas de persoas da comarca de Verín do C.D.R. Portas Abertas.

27 de abr. de 2021

RADIO CHIVITE PROGRAMA 10


Décimo programa da radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de abril, que conta coas seguintes seccións:

* Novas chivitianas: con Paula Gago e David Salgado (4º ESO)

- Inclúe "Novas científicas", con Martina dos Santos e Diana Calvo (1º ESO)

* As nosas dúbidas: Xabi Alonso (1º BAC) interpreta "Estrelas" do musical Los miserables e entrevista ao profesor de música e director dos musicais do noso centro David Rodríguez.

* Adiviña quen é: con Carla Rosas e Sara Xing Moredo (1º BAC)

* Entrevistas: Paula Gago entrevista a Lucía Díaz Nicolino, filóloga, antiga alumna do noso centro e, actualmente, profesora de lingua e literatura galega en prácticas.

*Bibliochivite: Eirín Seoane (1º BAC) entrevista a Vicente Rodríguez, responsable da Biblioteca municipal de Verín.

17 de mar. de 2021

"CANCIÓN DO POBO", HIMNO DOS 21 DÍAS CO GALEGO E + NO CHIVITE

 

a)   Vídeo cunha versión en galego, adaptada polos profesores Isabel Cota e David Rodríguez para clausurar os 21 Días, da "Canción do pobo", do musical "Os Miserables", representado no centro.

9 de mar. de 2021

"MATRIARCAS", DE GUADI GALEGO EN LINGUAXE DE SIGNOS

 


A profesora de Audición e Linguaxe, Patricia Montesinos, realizou unha montaxe sobre o tema de Guadi Galego "Matriarcas", na que a alumna de 1º ESO, Rubí Suárez Vargas, interpreta a linguaxe de signos.

Para ver o vídeo, premede nesta LIGAZÓN

3 de mar. de 2021

VERSIÓN ZUMBA DA "MUÑEIRA DE CHANTADA"

-    O alumnado de 2º e 3º ESO bailaron no ximnasio durante o recreo do “Xoves de Comadres”unha coreografía sinxela con catro movementos dunha versión en zumba da “Muñeira de Chantada”. Esta actividade estivo organizada polo profesorado de Educación Física. Podedes ver o vídeo premendo na seguinte LIGAZÓN




17 de nov. de 2020

CANDO TEÑA SESENTA E CATRO ANOS



Alumnado de 2° Bacharelato do IES Taboada Chivite gravou hai anos a canción dos Beatles "When I'm Sixty-four".

Este curso, moitas das actividades organizadas polo EDLG xiran en torno ao paso do tempo, ao envellecemento.
Alumnado de 2° Bacharelato traduciu ao galego a canción gravada hai tempo por rapaces e rapazas que daquela estaban no seu mesmo curso e subtitularon o vídeo.

20 de out. de 2020

"TRAILERS" DE VERSIÓNS TERRORÍFICAS DE PELÍCULAS DE DISNEY OU PIXAR


Proposta de traballo na materia de Linguaxe e Práctica Musical para Samaín:

Coller unha película de Disney ou Pixar dirixida a un público infantil e crear un tráiler dunha suposta versión terrorífica da mesma, empregando imaxes da película orixinal e engadíndolle o alumnado efectos e música tales que o resultado dea medo.

Este é o traballo de Marcos Gómez (1°Bacharelato):

E este o de Carla Rosas, tamén de 1°Bacharelato:

3 de out. de 2020

30 PROPOSTAS DE MÚSICA ACTUAL QUE TES QUE COÑECER


Nel Vidal Barral, profesor da materia de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario, preséntanos un recurso educativo elaborado para que os mozos e mozas coñezan a diversidade de grupos e artistas que actualmente fan música en galego. Trátase do vídeo 30 propostas de música en galego actual que tes que coñecer, accesible en Youtube, que presenta de xeito didáctico unha selección de propostas musicais en lingua galega de estilos tan diversos coma o pop, o hip hop, o rock, a música tradicional, o trap ou a música electrónica

5 de xuño de 2020

OS RETOS ECOLÓXICOS DO CHIVITE. FAGAMOS DESTE MUNDO UN VERXEL.


Hoxe, 5 de xuño de 2020, queremos conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, con este vídeo no que aparecen os seis retos ecolóxicos que asumiu a comunidade educativa do Chivite neste curso: aproveitamento e compra responsable, menos lixo, ocio sen consumo, reduce as emisións de gases de efecto invernadoiro, menos plásticos, así como, reutiliza e recicla a roupa vella. Aprendamos da crise provocada polo Covid-19, desenvolvemento sostible e protección do medio ambiente, constitúen a mellor defensa fronte a futuras pandemias. Grazas a todos e todas por buscar como facer deste mundo un verxel!!!

27 de maio de 2020

OS PAXAROS NA MÚSICA CLÁSICA



Moitos compositores inspiráronse, ao longo dos séculos, no canto dos paxaros para escribir música. Foron as aves fonte de inspiración que incorporaron as súas obras. Neste vídeo veredes algúns deses grandes compositores e poderedes escoitar fragmentos das súas creacións onde os paxaros teñen protagonismo. Forma parte do proxecto "O Monte Vivo".
Se na versión do blog para móbiles, tes problemas para visualizar o vídeo, preme na seguinte LIGAZÓN
Gozade deste paseo pola natureza e a música!

15 de maio de 2020

ENSAIOS DO POPURRÍ DE COREOGRAFÍAS E CANCIÓNS DE MUSICAIS ANTERIORES

Neste ano de transición entre A Bela e A Besta e La La Land, alumnado e profesorado de IES Taboada Chivite seguían cantando e bailando. Estaban a preparar un popurrí con coreografías e cancións de musicais anteriores. Por desgraza, todo quedou truncado co confinamento. Mais non queren que remate o curso sen amosarnos algúns dos seus ensaios (gravados co móbil).
Grazas por facer do Chivite un novo Brodway!!!

20 de abr. de 2020

"SYMBALOO DE MÚSICA EN GALEGO"



Con este "Symbaloo", a profesora Rosa Alonso quere darnos a coñecer grupos que fan música en galego, descobre os que che gustan e desfruta escoitándoos!!!
Para velo preme na seguinte LIGAZÓN


23 de mar. de 2020

HOXE É O DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA


Nunha entrada anterior compartimos un vídeo que reflicte o paso de varios poetas polo noso instituto. Tamén puidestes escoitar o poema "Venceremos Nós", de Carmen Rivero.
Nesta entrada compartimos, no Día da Árbore, unha primeira versión do Himno Antilumes, que esperamos poidades escoitar pronto interpretado polo coro de profes. Polo de agora compartimos esta versión, interpretada por unha das integrantes do coro.
Ademais, Carmen Rivero recita un poema composto co gallo da vaga de lumes de outubro de 2017. 
Podedes escoitala premendo nesta ligazón de  iVoox
Ou nesta de Drive





14 de feb. de 2020

ROSALÍA DE CASTRO EN POP ART




Co gallo do Día de Rosalía de Castro, alumnos e alumnas de 3 ESO da profesora Tatiana Otero fixeron debuxos de Rosalía imitando a técnica empregada por Andy Warhol no seu famoso díptico de Marilyn Monroe.
Ademais, Érika Barbosa, de 4 ESO, interpretou, coa súa fermosísima voz, de xeito elegante e delicado, "Negra Sombra", o poema de Rosalía musicalizado por Xoán Montes, con David Rodríguez, profesor de música, ao piano.
Parabéns a todos!!!!