30 de out. de 2021


 E...comezamos co mes do Samaín, o alumnado de 2ºESO B e C quixo ensinarnos como foi parte do proceso do mural que temos no centro, dende a Galicia profunda.

 

 Onte comezamos no centro coas actividades do mes da ciencia, grazas a Nuria Trigueros quen dentro da materia de Física de 2ºBACH,  trouxo a conferencia "Do interior da materia ó corazón das estrelas", unha exposición ben interesante ó cargo de Daniel Regueira Castro, pertencente á IGFAE, o instituto galego de altas enerxías, grazas Nuria! 




28 de out. de 2021

CONCURSO

 Un ano máis queremos unha sociedade sen Violencia de Xénero e por iso vos convidamos a participar no Concurso "Dillo a quen maltrata " do Concello de Lalín

AQUÍ TEDES AS BASES!! Enviade a vosa carta a inmalgalega@gmail.com

 https://www.lalin.gal/documents/34907/0/D%C3%8DPTICO+concurso+de+cartas+XVIII+Dillo+a+quen+maltrata+2021.pdf/f006dc83-fa4b-bb24-9cd9-f96a2e629925?t=1633331828119

 XVIII Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata” 2021 As presentes bases teñen por obxecto a concesión de premios do XVIII Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata”, organizado polo Concello de Lalín, a través da Oficina de Igualdade, coa finalidade de promover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural, vicaria..., así coma os efectos e consecuencias da mesma. BASES DE PARTICIPACIÓN

 1. Poderán participar todas as persoas que así o desexen. Cada participante poderá enviar un máximo de tres cartas

2. As cartas deberán ser remitidas xunto coa ficha de inscrición ao Rexistro Xeral do Concello de Lalín (Praza de Galicia, 1 - 36500 Lalín - Pontevedra) dentro dun sobre pechado, no que figurará XVIII Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata”, tamén poderán enviarse por correo electrónico a igualdade@lalin. gal, nun arquivo a carta e noutro a ficha de inscrición, indicando no asunto XVIII Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata”. 

3. A temática á que deben axustarse os traballos é a violencia de xénero.

 4. Os traballos presentaranse en galego ou castelán e terán unha extensión máxima de dous folios, escritos por unha soa cara a dobre espazo, preferiblemente en letra Arial, tamaño 12 e formato DIN A4. 5. Todos os traballos que se presenten deberán ser orixinais, inéditos e non presentados en anteriores concursos.6. Os criterios de valoración para elixir ás persoas premiadas serán os seguintes: contido e tratamento do tema (ata 4 puntos), orixinalidade (ata 3 puntos), expresión e presentación en xeral (ata 3 puntos). 

 1º premio: Tablet 10,4” 32GB 

2º premio: Tablet 10,1” 32GB 

3º premio: Lector de libros tinta electrónica 6” 8GB

22 de out. de 2021

 E a semana veu cargadiña! En Radio Chivite os nosos locutores: David Salgado e Paula Gago, entrevistaron a un antigo alumno: Benito Rdg. Gzl., hoxe viticultor e co que puideron confrontar moitos dos datos que xa recollestes nos traballos de ritos, costumes e festas. No segundo programa da nosa Radio poderemos escoitalos.



20 de out. de 2021





 Hoxe tivemos a sorte de que viñeran ó noso centro Iris Justo e Miriam González, autoras do documental A memoria da raia, que fala das relacións de fronteira na época da posguerra.Como vén dixeron: é importante coñecermos a nosa historia para saber quen somos e cara onde debemos de ir. Grazas ás dúas!

18 de out. de 2021

 Hoxe queremos celebrar o Día das escritoras cun traballo que fixeron en Equipos de Dinamización da lingua doutros centros, na presentación coñeceremos as escritoras galegas actuais. Entra na ligazón!

DÍA DAS ESCRITORAS 2021

 

 http://bibliomoas.blogspot.com/2021/10/dia-das-escritoras-2021-escritoras.html?m=1

 

16 de out. de 2021

Es de aquí ou vés á festa?

Baixo este título imos recollendo festas, costumes e ritos celebrados na nosa comarca. Comezamos coa vendima e xa temos as primeiras recollidas do alumnado de 1ºBac B: Antía, Paula, Marta e Sara



12 de out. de 2021

O 9 de outubro, celebramos o Día mundial das aves e dende @s Chivites, o Equipo de Dinamización da Lingua, non quixemos deixalo pasar para lle facer a nosa homenaxe. Entre o alumnado de 2ºESO A e 2ªBAC, elaborouse o vídeo que tedes embaixo:



2 de out. de 2021

 Dende Radio Chivite xa nolo están anunciando!!!!

II Certame de Relato Curto en Igualdade Lonxa Literaria - Concello de Moaña

 

Animádevos a participar!

 

Inscripcións:

Ata o 05/11/2021

24:00 h.

Requisitos:

  • Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade, sempre e cando os relatos teñan unha temática relacionada coa igualdade de oportunidades ou con calquera temática que poña o seu acento na visibilización da discapacidade, ou que o seu fío condutor sexa claramente o mundo da diversidade funcional ou sexual.
  • Os relatos terán unha extensión máxima de 3.000 caracteres con espazos. Serán realizados obrigatoriamente en lingua galega. Deberán presentarse en formato DIN A4, mecanografados a dobre espazo, corpo de letra 12 e encabezados polo título ou lema. Os textos terán que ser orixinais, inéditos e non premiados en calquera outro tipo de concurso.
  • As persoas que participen poderán presentar até un máximo de 3 relatos.
  • Os orixinais enviaranse porcorreo electrónico a: igualdade@concellodemoana.org.

Remuneración / Coste:

Establécese unha única categoría cun premio de 300 euros.

https://www.coruna.gal/informacionjuvenil/es/convocatorias/concursos-y-premios/detalle-concursos/ii-certame-de-relato-curto-en-igualdade-lonxa-literaria-concello-de-moana/suceso/1453774232293?argIdioma=es