O NOSO TABOLEIRO
Dende o mes de setembro estamos a facer un novo taboleiro que leva por nome "A Nosa Lingua".
Coa inestimable colaboración do profesor do Departamento de Plástica e Debuxo, Javier Díaz García, os alumnos de 1º da ESO elaboraron diversos debuxos e murais alusivos a historia e a lingua de Galicia que serviron para ilustrar o poema completo do poeta e escritor galego Darío Xohán Cabana que leva por título "A Historia da nosa Lingua".
Ver murais e debuxos do alumnado de 1º da ESO, baseados nas ilustracións de "Apuntes sobre a historia de Galicia" editado por "A Nosa Terra". Ver tamén Debuxos individuais .