Seguimos coa pegada de CO2 no noso instituto, e desta referida ó consumo da auga
Sentídoo moito non nos entrou o texto da familia Ronaldo, de 2ºESO C así que expoñémolo no blog de Dinamización, feito por Andrea Rdg.
A familia Ronaldo Esteban
Ola, chámome Pelayo, teño 128 anos e vouvos explicar a miña familia:
Teño unha irmá que se chama Consuelo Contecho, ten 108 anos e ela antes traballaba de camioneira. Os nosos pais son Belén Esteban e Cristiano Ronaldo. Os meus fillos son Eustaquia e Alberto, o do butano. A miña filla non está casada e ten tres fillos, fixo unha cousa rara destas que fan agora os mozos e as mozas.
Consuelo ten un fillo que se chama “o Xoán”, inda estamos estudando como é posible que o Xoán sexa máis maior cá súa nai, tamén ten de filla a Felisinda. Consuelo tivo un marido, Sebastian, pero púxolle os cornos con Don Benito ( o cura); pero Sebastián matouno e el, morreu atropelado.
Teño tres netos: Roberto, Rigoberto e Dosindo. A Roberto adopteino un día de feira, dábame moita pena velo pedindo para comer. A Rigoberto recollino do contentor amarelo, pois alí estaba chorando. A Dosindo, tamén o recollín do zoo, na parte dos monos, porque, como era tan feo, non o querían. As fillas de Eustaquia son: Helga, Fulgencia e Apolonia. De momento, son as únicas normais.
As veciñas de Consuelo e a miña son Tránsito e Purificación. A filla de Purificación é Dorotea. Dorotea está saíndo co meu fillo, pero, o meu fillo estivo saíndo co seu curmán, o Xoán. Eu púxenlle unha condición; se o deixaban, dáballe o dobre da herdanza.
O meu can é Manolo e a miña gata Macifu.
Ben, esta é a miña familia, seguídeme en tupelaya.deconfi.
Andrea Rodríguez dos Santos 2ºESO C
Xa estaredes pensando nas obras que podedes ler no verán, con esta calor estomballados e estomballadas na piscina, pois aquí vos deixamos algunha proposta: