Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
Amosando publicacións coa etiqueta EXCURSIÓNS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXCURSIÓNS b>. Amosar todas as publicacións
18 de feb. de 2020
VISITA Á EXPOSICIÓN "AVES DE GALICIA" NO MUSEO CLAUSTRO DOS MERCEDARIOS DE VERÍN
Como actividade inserida dentro do Proxecto "O monte vivo", onte 17 de febreiro, a profesora de Lingua Galega, Belén Mellado, cos seus alumnos e alumnas de 2º ESO fixeron unha visita guiada ao Museo Claustro dos Mercedarios de Verín.
Alí puideron ver a exposición "Aves de Galicia" e colocar nos paneis os nomes locais dos paxaros. Esta recollida comezou fai dous anos co alumnado, que agora está en 4º ESO e daquela cursaban 2º ESO, sendo coordinada e ampliada polo ornitólogo Xosé Manuel Reigada.
Podedes seguir o seu blog "Verín Natural" na seguinte ligazón: http://verin-natural.blogspot.com/
Agradecemos que abriran o Museo onte, fóra do horario habitual para podermos facer esta actividade.
11 de xuño de 2018
XII ENCONTRO LUSO-GALAICO EN VIGO
O día 1 de xuño viaxamos a Vigo cos nosos compañeiros do encontro luso-galaico cos que nos levabamos cartendo todo o curso.
En
Vigo visitamos "O Castro", dende onde se vían as marabillosas illas Cíes e
toda a cidade; o concello, onde se nos recibiu moi ben; e o Museo da
Arte Contemporánea MARCO.
Despois tivemos tempo libre polo centro e a
zona do porto, e á hora de comer fomos á praia de Samil. Alí
relacionámonos cos nosos compañeiros portugueses e disfrutamos da praia.
Por último, visitamos o interesante Museo do Mar de Galicia. Pese ao
comportamento dalgúns rapaces, pareceume unha actividade moi
boa e produtiva.
Xabier Guede 4º ESO A
EXCURSIÓN A MADRID
O día 31 de maio e 1 de xuño fun cos meus compañeiros do instituto a Madrid.
Partimos o 31 de maio ás 7 da mañá en autobús.Tras 6 horas de longa
viaxe, e logo de varios descansos, chegamos a unha do mediodía ao noso
lugar de destino, o hotel "Axor Feria".
Ao
chegar, instalámonos,e as 2 do mediodía, marchamos comer ao "Museo do
Xamón" en Madrid. Logo, fomos a dar unha volta pola Gran Vía. Estivemos
no Primark, no Corte inglés....
Ese día ás 8
da noite, fomos ver o musical Billy Elliot ao teatro Alcalá, e alí
estivemos ata o seu remate, que foi ás 12 da noite. Ao saír, fomos cear
ao Mcdonals, e logo, fomos ao hotel para descansar.
O Venres pola mañá, levantámonos ás 9, fixemos a equipaxe,
almorzamos no hotel,e logo fomos pasar o día ao parque de atraccións
Warner.
Saímos as 6 da tarde e iniciamos o noso camiño de regreso a casa.
Texto de Lorena Rodríguez de 3º ESO A. Vídeo e imaxe de María Justo e Naiara Rodríguez 3º ESO A
15 de maio de 2018
ROTEIRO EN HOMENAXE A MARÍA SOLIÑO
Mañá, día 16 de maio, o alumnado de 4º ESO do Xesús
Taboada Chivite e do IES de Rodeira manterá un encontro na localidade
pontevedresa de Cangas do Morrazo para realizar un “Roteiro en homenaxe a
María Soliño”. Esta actividade extraescolar plantéxase como complemento
doutras artelladas co gaio da celebración do Día Internacional da Muller. Ten o
propósito de reivindicar a esta personaxe histórica, emblemática dentro da Península
do Morrazo, como símbolo da violencia institucional e social exercida contra as
mulleres durante a “caza de bruxas”, iniciada no 1621. O alumnado visitará os
lugares máis importantes vinculados a esa infortunada etapa da súa biografía.
Neles lerán textos alleos ou de creación propia nos que explicarán as causas,
desenvolvemento e consecuencias do proceso inquisitorial sufrido por Soliño.
Como remate, interpretarán unha versión cantada do poema adicado á súa figura
polo poeta ouresán Celso Emilio Ferreiro, pertencente ao poemario Longa noite de pedra.
Tamén participarán neste
roteiro-homenaxe algunhas alumnas de Bacharelato. Virán en representación do
grupo do alumnado dese nivel que, xunto con parte do de 4º ESO, promoveu en
datas previas á folga do 8M diversas actividades encamiñadas a sensibilizar a
comunidade educativa sobre a necesidade de impulsar o logro da igualdade de
xénero. Como profesora e educadora especialmente comprometida co feminismo e
coa loita polos dereitos humanos, quero agradecer públicamente o esforzo
realizado por este conxunto de rapaces e rapazas. Considero imprescindible resaltar
a súa madurez intelectual e ética, moi inusual nestes tempos convulsos e
insolidarios que estamos a vivir. Presenciar este tipo de actuacións, inicialmente
artelladas en solitario -e con numerosos atrancos- por persoas tan novas, fai
ver unha raiola de esperanza nesta sociedade do século XXI, aínda dominada pola
inxustiza. Estes estudantes son un vivo exemplo de que a educación pode e debe
ser unha poderosa ferramenta para transformar o mundo. Por último, grazas ao
profesorado dos departamentos de Normalización Lingüística, Lingua e Literatura
Galega e Música do Chivite e do Rodeira polo seu apoio e implicación, nesta e
noutras actividades paralelas. Sodes xenuínos ensinantes, por vocación e por corazón.
Diana Almeida
Guillán (Departamento de Lingua Castelá e Literatura).
29 de abr. de 2018
EXCURSIÓN A PONTEVEDRA


O día 23 de abril fomos de excursión a
Pontevedra os alumnos de 3º e 4º de ESO. Celebramos unha xornada de convivencia
con outros alumnos de relixión da diocese. Ao chegar a Pontevedra fixemos un
pequeno percorrido pola cidade e visitamos a Igrexa da Virxe Peregrina. Despois
esperábannos na Basílica de Santa María e alí tivemos unha visita guiada, na
cal subimos á torre onde estan as campás.
Desde ela había unha vista fermosa da cidade e do río.
O seguinte que fixemos foi ir xantar a
unha alameda moi preto das igrexas. Alí
estivemos con moitos rapaces de distintos colexios, dos cales algúns xa
coñecíamos e outros amigamonos con eles. A continuación, reunímonos coas nosas
profesoras e deixaronnos tempo libre, no que podiamos ir tomar un xeado, ir de
tendas...
Máis tarde fomos cara o autobus dirección a
Verín cargados de bolsas das tendas.
O regreso no autobus foi xenial, pasámolo moi ben, porque botamos
moitas risas xuntos. Foi un día xenial para todos nos.
Grazas a Puy por organizarnos esta fermosa escursión ( para o ano
queremos outra igual ).
Sheila Alves Núñez 3º ESO B
Pódense visualizar máis imaxes da excursión, tomadas por María Pérez (3º ESO A), María González (3º ESO B) e a profesora Mª Jose Prada na seguinte LIGAZÓN
15 de abr. de 2018
EXCURSIÓN A "BRACARA AUGUSTA", ORGANIZADA POLOS DEPARTAMENTOS DE GREGO E LATÍN
O martes, dez de abril, setenta alumnos do noso centro visitaron Braga, nunha excursión organizada polos departamentos de Grego e Latín.
O profesor Daniel García Cancio, un dos organizadores, describe na seguinte presentación, os lugares de interese que visitaron en Braga. Tamén aparecen fotos tomadas por un dos profesores acompañantes: Daniel Ortega (Educación Física) e pola alumna Ainhoa Jimeno Fernández (3º ESO C)
27 de xan. de 2018
EXCURSIÓN A VIGO: MUSEO DA BATALLA DE RANDE E MUSEO DO MAR.
O venres 19 de
xaneiro os alumnos de 1ºBAC fomos de excursión a Vigo cos profesores de
galego.
Pola mañá, nada máis
chegar a Vigo visitamos o Museo da Batalla de Rande. Alí, explicáronnos como no
s.XVIII España enfrontárase, coa axuda de Francia, a Inglaterra e Países
Baixos. Vimos un vídeo no que se nos explicaba como España resistiu todo o que
puido con máis de 20 barcos atrapados na ría de Rande, acabando, por mala
fortuna, derrotados. Así, observamos os restos recuperados daquela frota.
Despois de rematar a
visita a este museo, fomos a Vigo cidade onde nos deixaron liberdade para ir a
comer e dar un paseo. Xa pola tarde chegamos ao Museo do Mar, onde está exposto o
Pergamiño Vindel. Alí explicáronnos cousas daquela época para rematar
explicándonos todas as características do Pergamiño, como, por exemplo, que se
encontrou formando parte da cuberta dun libro en Madrid por un Vindel. Tamén
nos explicaron que Martín Codax (o pergamiño está firmado por este nome)
posiblemente fora una muller firmando coma un home (pola situación da muller
naquela época), debido a que eran cantigas onde se expuña o punto de vista da
muller cando o seu namorado (“amigo”) desaparece por diversas razón.
Nese mesmo lugar
tamén puidemos entrar nun acuario e noutra parte do museo con máis cousas da
época. Finalmente, volvimos a Verín contentos pero cansados.
César Fernández Lamas 1ºBAC A
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




