No mes de marzo convidámosvos a que asumades un novo reto ecolóxico: "Reduce a produción de lixo".
En Galicia producimos máis de 1 millón de toneladas de
lixo. Cada día, cada un de nós, produce máis de 1 kg. Todo este lixo
dana o medio ambiente; ademais, recollelo e tratalo custa moitos cartos.
Xa sabes, como proba do cumprimento deste compromiso, só tes que enviar unha foto e un lema a: ofiadeirodalingua@gmail.com, xunto cos teus datos.
Moitas grazas por contribuir a reducir os refugos.
Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
29 de feb. de 2020
IMAXES DO RETO ECOLÓXICO DO MES DE FEBREIRO: "OCIO SEN CONSUMO"
Imaxe de Ángel Rodicio de 1º BAC A |
A GANDARÍA EXTENSIVA ECOLÓXICA É POSIBLE NOS MONTES DE VERÍN
Esta é unha das conclusións do proxecto de investigación realizado por Ismael Fernández Corderí, Sheila Prieto Estévez e Helena Rivero Ferreira de 1º BAC A.
É un traballo excelente realizado con rigor científico e no que amosan unha gran capacidade de análise. Parabéns!!!
Podedes consultalo premendo na seguinte LIGAZÓN
É un traballo excelente realizado con rigor científico e no que amosan unha gran capacidade de análise. Parabéns!!!
Podedes consultalo premendo na seguinte LIGAZÓN
ROCÍO SALGADO, ANTIGA ALUMNA, NOMINADA AOS PREMIOS MARÍA CASARES
A nosa ex-alumna Rocío Salgado (que foi integrante do grupo de teatro do IES Taboada Chivite, A tecedora de soños) co grupo Teatro Avento Producións son candidatos aos premios de teatro María Casares como mellor espectáculo infantil con "Ummm!! Unha comedia musical... para chupar os dedos".
Moitísimos parabéns, Rocío!!!!!!!!!! Canto nos alegramos!!!!!!
28 de feb. de 2020
VIDEOPOEMA COA POESÍA MÁIS DESGARRADORA DE ROSALÍA, GRAVADO EN CABREIROÁ
Con esta recreación o alumnado de 3º PMAR trata de reflectir algúns anacos da vida de Rosalía, nos que compuxo os sentidos e desgarradores versos que oídes de fondo.
Canta sensibilidade!!!
27 de feb. de 2020
ROSALÍA, POETA FEMINISTA
Neste vídeo realizado polo alumnado de 3º PMAR aparece Rosalía de Castro escribindo e reflexionando sobre a situación da muller na literatura e na sociedade da súa época.
26 de feb. de 2020
QUE TIPO DE GANDO E QUE CARGA GANDEIRA HAI NOS MONTES DE VERÍN?
Miguel Quintas de 1º BAC A realizou un poxecto de investigación para determinar que tipo de gando e que carga gandeira hai nos montes de Verín.
Chegou a conclusión de que actualmente a carga gandeira na maioría dos montes de Verín é cero por mor dos incendios forestais. Algúns gandeiros levan ao monte rabaños de ovellas é unhas poucas vacas, pero só en momentos puntuais do día para devolvelos despois ao cortello.
Na realización deste traballo contou coa colaboración do inspector veterinario de Medio Rural da Oficina Agraria Comarcal de Verín: Vicente Dacal Rivas, ao que lle realizou unha entrevista, que proximamente poderedes escoitar en RadioChivite
Esta investigación permitiulle decatarse de que a profesión de gandeiro non é un traballo obsoleto para persoas pobres e sen estudos. Ser gandeiro require, non só esforzo manual, senón tamén coñecementos sobre xestión administrativa e coidado dos animais.
Podedes ler o traballo completo de Miguel premendo na seguinte LIGAZÓN
20 de feb. de 2020
DEBUXOS ENTROIDEIROS "CUBISTAS"
O alumnado de 1 BAC que cursa Debuxo Artístico coa profesora Tatiana Otero, despois de estudar o cubismo, fixeron estes fermosos debuxos entroideiros, xeometrizando as imaxes. Parabéns!!!
Para ver máis debuxos, preme na seguinte LIGAZÓN
ARTIGO SOBRE A MAGNÍFICA OBRA DA NOSA ANTIGA ALUMNA LORENA CARNERO
Foi Xesús Taboada Chivite (1907-1976) todo un persoeiro da cultura galega do seu tempo. Dicir isto resulta ser cousa importante, mais non é cousa nova. Pero convén mastigar esta afirmación na súa xusta medida. Falamos dunha época que resultou crucial na procura e o baseamento do feito diferencial galego a través do pleno coñecemento da realidade do país mediante o desenrolo das ciencias, sobre todo as sociais, como chave mestra. Para seguir lendo o artigo de Lorena Carnero preme na seguinte LIGAZÓN
19 de feb. de 2020
SANTA BAIA DE MONTES, DE SABELA DOMÍNGUEZ SOUTO, NO TABOADA CHIVITE
Hoxe, a nosa exalumna Sabela Domínguez Souto presentou no IES Taboada Chivite a súa curtametraxe Santa Baia de Montes, gañadora do premio do público na última edición do Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín.
A curtametraxe amósanos personaxes do pobo de Santa Baia os que Sabela foi gravando en diferentes sesións de rodaxe, despois de pasar tempo nese pobo para gañar a súa confianza. Ademais, é unha curtametraxe sobre o propio proceso de elaboración da curta, como reflicte a voz en off da directora. Se Santa Baia de Montes ía ser unha película sobre os incendios, acabou sendo algo completamente diferente, unha peza orixinalísima que nos leva ao mundo do pobo, da aldea....Ese mundo que oxalá non morra.
Moi pronto poderedes escoitar en RadioChivite unha entrevista con Sabela.
Moitísimas GRAZAS, Sabela, e sorte nos teus vindeiros proxectos!
Moitísimas grazas tamén a Manoli Maseda, coordinadora dos EDLG da provincia de Ourense, por ter vido ao noso instituto para asistir á proxección da curta da nosa ex-alumna e posterior coloquio.
OLLOBOI 2020
Olloboi 2020 é un certame de audiovisual escolar destinado ao profesorado e alumnado de todas as etapas educativas dos centros educativos galegos, desde a educación infantil ata o ensino superior. A temática das videocreacións é libre e a duración debe ser, preferiblemente, inferior a 20 minutos. O prazo de presentación das obras remata o 17 de marzo. O 29 de maio de 2020 celebrarase a entrega de premios e o Encontro Olloboi da Muchachada 4x4 entre estudantes de toda Galicia.
Para consultar as bases deste concurso premede na seguinte LIGAZÓN
CERTAME DE VÍDEOS, PODCAST E REGUEIFAS DA ASOCIACIÓN DE MEDIOS EN GALEGO
A Asociación de Medios en Galego convoca o Certame de Vídeos, Podcast e Regueifas no que poden participar os mozos de 12 a 30 anos. O prazo para a entrega de vídeos remata o 30 de setembro. Podedes consultar as bases premendo na seguinte LIGAZÓN
Animádevos a participar!!!
18 de feb. de 2020
AS MENINAS CHIVITIANAS NO DESFILE INFANTIL DO DÍA DE COMADRES EN VERÍN
Alumnas de 4º ESO e 1º BAC co seu profesor de Plástica Javier Diáz participarán no desfile infantil do Día de Comadres con estes espectaculares disfraces de meninas, cada un deles cunha temática diferente: cómic manga, xornal galego Nós, piano,etc.
Canta creatividade e talento artístico!!!
Podedes ver máis imaxes premendo na seguinte LIGAZÓN
Canta creatividade e talento artístico!!!
Podedes ver máis imaxes premendo na seguinte LIGAZÓN
VISITA Á EXPOSICIÓN "AVES DE GALICIA" NO MUSEO CLAUSTRO DOS MERCEDARIOS DE VERÍN
Como actividade inserida dentro do Proxecto "O monte vivo", onte 17 de febreiro, a profesora de Lingua Galega, Belén Mellado, cos seus alumnos e alumnas de 2º ESO fixeron unha visita guiada ao Museo Claustro dos Mercedarios de Verín.
Alí puideron ver a exposición "Aves de Galicia" e colocar nos paneis os nomes locais dos paxaros. Esta recollida comezou fai dous anos co alumnado, que agora está en 4º ESO e daquela cursaban 2º ESO, sendo coordinada e ampliada polo ornitólogo Xosé Manuel Reigada.
Podedes seguir o seu blog "Verín Natural" na seguinte ligazón: http://verin-natural.blogspot.com/
Agradecemos que abriran o Museo onte, fóra do horario habitual para podermos facer esta actividade.
15 de feb. de 2020
RADIOCHIVITE EMITE O SEU SEGUNDO PROGRAMA
Hoxe publicouse o segundo programa de RadioChivite.
Para escoitar este marabilloso programa premede na seguinte LIGAZÓN
14 de feb. de 2020
LÍNGUA DE NAMORAR
Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
Para informarvos das bases e participar neste concurso premede na seguinte LIGAZÓN
ROSALÍA DE CASTRO EN POP ART
Co gallo do Día de Rosalía de Castro, alumnos e alumnas de 3 ESO da profesora Tatiana Otero fixeron debuxos de Rosalía imitando a técnica empregada por Andy Warhol no seu famoso díptico de Marilyn Monroe.
Ademais, Érika Barbosa, de 4 ESO, interpretou, coa súa fermosísima voz, de xeito elegante e delicado, "Negra Sombra", o poema de Rosalía musicalizado por Xoán Montes, con David Rodríguez, profesor de música, ao piano.
Parabéns a todos!!!!
12 de feb. de 2020
UXÍA RÚA NÓVOA GAÑADORA DO CONCURSO "A MULLER E A NENA NA CIENCIA" NA MODALIDADE DE REDACCIÓN
"O satélite máis importante é a muller"(debuxo de Alicia Atasanova, 3º ESO B) |
A alumna de 3º ESO C, Uxía Rúa Nóvoa gañou o primeiro premio do IV Concurso de Debuxo e Redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, na modalidade de redacción, organizado pola Universidade de Vigo, co relato: "A miña bisavoa". Parabéns Uxía!!!
Hoxe día 12 de febreiro acudiu ao Campus de Ourense, acompañada da súa familia, ao acto de entrega de premios.
Podedes ler o seu relato premendo na seguinte LIGAZÓN
Ademais, outros nove alumnos e alumnas do centro de 2º e 3º ESO tamén participaron neste concurso, cos seus debuxos e redaccións. Son os seguintes: Alba Álvarez Alonso, Estela Fernández Teixeira, Marta Gil Pérez, Lucía Boó Domínguez, Ainhoa Diéguez Rodríguez, Alba Prieto, Iria Fernández Borrajo, Alicia Atasanova e Carla Blanco.
Podedes ver os traballos deste alumnado premendo na seguinte LIGAZÓN
7 de feb. de 2020
CLAUDIA CID, ANTIGA ALUMNA, NO EQUIPO DE ESPAÑA DIRECTO
A nosa ex-alumna, e agora excelente profesional do xornalismo, Claudia Cid, que forma parte do equipo do programa España Directo (TVE) deléitanos coas súas excelente reportaxes.
No minuto 0:44:45 deste VÍDEO podedes ver unha moi recente sobre o Entroido de Verín!
Parabéns por ese traballo tan ben feito!!!!
ESCOLARES DO CHIVITE APRENDEN SOBRE LINGUA E XORNALISMO CO PROXECTO #DÍGOCHOEU
Alumnado de 1º ESO do noso centro participou hoxe nunha das gravacións do programa da TVG #DígochoEu, que demos a coñecer neste blog nunha entrada anterior. Ao Chivite acudiron Carlos Amado, o coordinador dixital dos Informativos da CRTVG e a xornalista Esther Estévez, antiga alumna do instituto.
Sorpresa para os cativos, que non contaban con que o programa se gravase cun teléfono móbil e que só o fixesen dúas persoas.
Podedes ver un vídeo do paso da TVG polo no centro, premendo na seguinte LIGAZÓN
Ademais Carlos Amado e Esther Casado tamén lles impartiron ao alumnado de 1º de bacharelato unha charla sobre xornalismo e redes sociais.
Moitas grazas aos dous por vir!!!
Ademais Carlos Amado e Esther Casado tamén lles impartiron ao alumnado de 1º de bacharelato unha charla sobre xornalismo e redes sociais.
Moitas grazas aos dous por vir!!!
6 de feb. de 2020
RADIOCHIVITE EMITE O SEU PRIMEIRO PROGRAMA
Despois da emisión do programa piloto, o día 25 de xaneiro, hoxe publicouse a primeira entrega do programa radioChivite, estrearon a sección Novas Chivitianas, un espazo pleno de noticias de interese para todos os membros da nosa comunidade escolar.
O alumnado de 2º ESO-B deseñou, creou e locutou, xunto coa súa profesora Natalia Nóvoa, o espazo Montechivite, na que se inclúe información e entrevistas.Alén disto, contamos coas microseccións da biblioteca: Infobiblio e Libros Vivos.
Desde o EDLG animámosvos a que desfrutedes escoitando este marabilloso progama!
RadioChivite segue a medrar con esta segunda entrega, pero precisa da colaboración de todos
Animádevos a participar!!!
Se queredes escoitar o programa, premede na seguinte LIGAZÓN
2 de feb. de 2020
APROXIMACIÓN FACIAL Á ANTROPOLOXÍA FORENSE: CIENCIA E ARTE AO SERVIZO DA HUMANIDADE
Podedes ver as imaxes desta actividade premendo na seguinte LIGAZÓN
Tamén podedes ler o resumo da charla e do obradoiro, así como a valoración persoal de Sheila Prieto Estévez de 1º BAC A, nesta LIGAZÓN
1 de feb. de 2020
IMAXES DO COMPROMISO ECOLÓXICO DO MES DE XANEIRO: "NON AO DESPERDICIO DE ALIMENTOS"
Se queres ver todas as imaxes de como a nosa comunidade educativa asumiu o reto de reducir o desperdicio de alimentos, podes premer na seguinte LIGAZÓN
O RETO ECOLÓXICO DO MES DE FEBREIRO É: "OCIO SEN CONSUMO"
O reto ecolóxico do mes de febreiro é : "Ocio sen consumo". Temos que divertirnos sen gastar diñeiro e sen consumir. Poñámolo en práctica, é posible!
Desenvolve este compromiso e envia unha imaxe cun lema a seguinte dirección de correo electrónico: ofiadeirodalingua@gmail.com
Contamos contigo!
Desenvolve este compromiso e envia unha imaxe cun lema a seguinte dirección de correo electrónico: ofiadeirodalingua@gmail.com
Contamos contigo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)