Amosando publicacións coa etiqueta EXPOSICIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXPOSICIÓNS. Amosar todas as publicacións

12 de feb. de 2021

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "CHEGANDO A ÍTACA"

O profesor, Javier Rodríguez, está montando no corredor que vai á biblioteca, unha exposición coas imaxes e as reflexións presentadas polo alumnado ao concurso "Chegando a Ítaca", durante o outono.

Queremos que  esta exposición coincida coa participación do instituto no programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística "21 Días co Galego e +", xa que as persoas maiores e o galego son dous tesouros que debemos valorar e conservar.

Como este ano, dada a situación de alerta sanitaria que estamos vivindo, as familias non poden vir ao centro, fixemos este vídeo para que poidan vela de xeito virtual. 

Ao mesmo tempo que van a pasando as imaxes, a profesora Isabel Cota, recita o poema traducido ao galego: "Ítaca", do poeta grego Kavafis, que lle da nome ao concurso.


19 de abr. de 2020

A BELEZA DA NOSA CONTORNA

Neste tempo de confinamento, imos alimentar o noso espírito cunha boa dose de beleza, a das marabillosas fotografías dun profesor do noso instituto que, lonxe de causarnos morriña, teñen que animarnos, pois toda esa beleza está a agardar por nós. Centros de flores que nos deleitarán coas súas cores e o seu recendo, regatos, árbores, froitos e paisaxes están esperando a que saiamos desta para agarimalos e coidalos máis que nunca.

Gozade con esta "exposición na rede" da obra do noso grande fotógrafo, que forma parte do proxecto "O Monte Vivo"

Esta exposición inclúe catro series: 

"O bosque no curso 2019-2020"
Para ver a serie completa premede nesta LIGAZÓN

"Flores da Quinta de Muradella"
Para ver a serie completa premede nesta LIGAZÓN

"Flores da Pousa"
Para ver a serie completa premede nesta LIGAZÓN

"Flora de Verín"
Para ver a serie completa premede nesta LIGAZÓN

Identificades algunha destas plantas? Coñecedes o seu nome? E as súas propiedades?

Colaborade connosco facendo un comentario no blog ou enviando un correo electrónico á seguinte dirección: ofiadeirodalingua@gmail.com

Contamos convosco!!!

26 de xan. de 2020

PARABÉNS AO ALUMNADO DE 1º ESO POR ESTOS FERMOSOS "ZENTANGLES"!!!


O alumnado de 1º ESO, coodinado pola súa profesora de Plástica Tatiana Otero realizaron estes fermosos "zentangles", que están expostos nun dos corredores do primeiro andar do noso centro.


O método Zentagle consiste en debuxar libremente patróns deixando voar a nosa creatividade, ao mesmo tempo que a concentración mental neste exercicio consegue relaxarnos. Zentangle: "zen" e "tangle"("enredo" en inglés)




15 de xan. de 2020

EXPOSICIÓN DE FOTOS SOBRE O VALOR DOS NOSOS MONTES



Nun dos corredores do segundo andar podedes contemplar a exposición coas mellores imaxes que participaron no concurso fotográfico "O valor dos nosos montes".

29 de maio de 2019

RETRATANDO A VIDA


Erik Santiago (alumno de 1ESO) é o gran fotógrafo, autor das imaxes expostas nun dos taboleiros do instituto, que forman parte do seu proxecto "Retratando a vida". Axudárono coa montaxe os seus compañeiros de clase de galego (profesora Rosa Alonso).

29 de abr. de 2019

INSUELA

Esta exposición, elaborada polo IES Álvaro Cunqueiro de Vigo e gañadora do Concurso das Letras Galegas 2019, titúlase Insuela. Fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e da obra de Antonio Fraguas, autor a quen lle renderemos homenaxe o próximo 17 de maio. 


Podedes decargar os carteis premendo na seguinte LIGAZÓN

28 de mar. de 2019

MAQUETAS CELULARES


O alumnado de 1 ESO C e D da profesora Cruz González Porto, do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, está a estudar a célula e fixeron estas vistosas maquetas.

26 de mar. de 2019

APAGAMOS O LUME COAS NOSAS BÁGOAS


"Apagamos o lume coas nosas bágoas" é o título que o alumnado do CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén (guiados polo seu profesor Víctor Rodríguez, excompañeiro no IES Taboada Chivite) deu á incrible exposición feita cos traballos por eles elaborados a raíz dos lumes que asolaron a súa terra. Estudaron os efectos devastadores do lume, reflexionaron, expresaron os seus sentimientos e descubrimentos a través da arte...Temos a sorte de poder gozar dese marabilloso traballo durante o vindeiro mes na Casa da Cultura de Verín. Non a perdades!!!!
Podedes ver imaxes da exposición premendo na seguinte LIGAZÓN

15 de maio de 2018

AS MULLERES NAS LETRAS GALEGAS




Os alumnos de 4º ESO, que cursan “Plástica”, guiados polo seu profesor Javier Díaz, realizaron debuxos das catro mulleres homenaxeadas na festa das Letras Galegas: Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrero Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Victoria Moreno (2017), empregando a técnica do puntillismo.
Con estes debuxos acompañados de frases célebres das escritoras e de fragmentos das súas obras montáronse dous cartaces que están expostos na entrada do instituto. O profesor Javier Rodríguez, de Bioloxía, deseñou e montou os cartaces. As profesoras, Isabel Cota, de Inglés, e Mª Carmen Trigo, de Lingua Galega, seleccionaron as citas das escritoras e os fragmentos das súas obras.


13 de maio de 2018

SOMBRA E LUZ


Esta exposición (elaborada polo IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra e gañadora do Concurso das Letras Galegas 2018), e titulada Sombra e luz, fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e da obra de María Victoria Moreno, autora a quen lle renderemos homenaxe o próximo 17 de maio.
Os carteis da exposición, así como a guía didáctica, foron enviados ao noso centro pola Secretaría Xeral de Política Lingüística co fin de difundir a figura e o legado desta escritora entre a comunidade educativa.