Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
13 de xuño de 2021
"AS NOVAS", PROXECTO GALARDOADO CO PREMIO "ZAMBURRIDI" DO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI 2021
9 de xuño de 2021
PREMIADOS NO CONCURSO DE DEBUXO DA ANPA
Primeiro premio, dotado con 70€ para Samuel Añel de 2 de bacharelato B.
Segundo premio para María García de 2 de bacharelato A, que recibiu 50€.
Terceiro premio dotado con 30€ para Sara Xing Moredo de 1º de bacharelato C.
Parabéns aos tres por estas obras cheas de talento e creatividade.
Grazas a Rosa Marina López, representante da ANPA por impulsar este tipo de iniciativas e a Javier Díaz, profesor de debuxo, que se encargou de coordinar esta actividade.
27 de abr. de 2021
ENTREGA DUN AGASALLO AO ALUMNADO MÁIS PARTICIPATIVO NOS 21 DÍAS CO GALEGO E +
Hoxe, durante o recreo entregáronselles agasallos aos alumnos e ás alumnas que máis traballaron durante o desenvolvemento do programa dos 21 Días co Galego e máis.
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE CURIOSIDADES DA ANPA "CÓNTAME MÁIS"
Hoxe tivo lugar a entrega de premios dos galardoados no concurso de curiosidades da ANPA durante o recreo, de 11:20 a 11:30.
Os premiados foron:
- Lucía Diaz Villarino, 3º ESO B.
- Ahinoa Diéguez Rodríguez, 4º ESO A.
- Natalia Cota Dameá, 1º BAC A.
- Nerea García Barea, 1º BAC B.
- Miguel Quintas Parada, 2º BAC A.
Parabéns!
20 de abr. de 2021
PREMIOS PARA O ALUMNADO MÁIS PARTICIPATIVO DOS 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS
Queremos agradecer o traballo realizado polo alumnado, que aparece nesta listaxe, durante a participación do noso centro no programa "21 Días co Galego e +", da Secretaría Xeral de Política Lingüística, cuns agasallos, que serán entregados o vindeiro martes, día 27 de abril, na Sala Dual de 11:20 a 11:30.
Parabéns!!!, e moitas grazas por contribuír a normalizar e dinamizar o uso da nosa lingua.
5 de mar. de 2021
GAÑADOR DE "FOTONTROIDO FAMILIAR COS CONVIVENTES".
10 de nov. de 2020
ROCÍO SALGADO, ACTRIZ E ANTIGA ALUMNA, GAÑADORA DO MARÍA CASARES.
Rocío, actriz, exalumna do Chivite, entrevistada no último programa de RadioChivite, vén de gañar con Avento Teatro o María Casares.
Moitísimos parabéns a nosa antiga alumna, canto nos alegramos deste merecidísimo premio!!!
12 de feb. de 2020
UXÍA RÚA NÓVOA GAÑADORA DO CONCURSO "A MULLER E A NENA NA CIENCIA" NA MODALIDADE DE REDACCIÓN
![]() |
| "O satélite máis importante é a muller"(debuxo de Alicia Atasanova, 3º ESO B) |
A alumna de 3º ESO C, Uxía Rúa Nóvoa gañou o primeiro premio do IV Concurso de Debuxo e Redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, na modalidade de redacción, organizado pola Universidade de Vigo, co relato: "A miña bisavoa". Parabéns Uxía!!!
Hoxe día 12 de febreiro acudiu ao Campus de Ourense, acompañada da súa familia, ao acto de entrega de premios.
Podedes ler o seu relato premendo na seguinte LIGAZÓN
Ademais, outros nove alumnos e alumnas do centro de 2º e 3º ESO tamén participaron neste concurso, cos seus debuxos e redaccións. Son os seguintes: Alba Álvarez Alonso, Estela Fernández Teixeira, Marta Gil Pérez, Lucía Boó Domínguez, Ainhoa Diéguez Rodríguez, Alba Prieto, Iria Fernández Borrajo, Alicia Atasanova e Carla Blanco.
Podedes ver os traballos deste alumnado premendo na seguinte LIGAZÓN
15 de dec. de 2018
GAÑADORES DO CONCURSO DE FOTOS "A VENDIMA 2018"
Os gañadores do concurso fotográfico "A vendima 2018" son:
1º premio da categoría de 1º e 2º ESO:
Lucía Díaz Villarino 1º ESO B.
Manuel Quintas Martínez 4º ESO C. "Doce solpor"
Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos por participar!
14 de dec. de 2018
SARAY SUÁREZ MONTOYA, GALARDOADA POLO SEU ESFORZO E SUPERACIÓN PERSOAL NA ESO.
Saray Suárez, alumna do noso centro, que cursa 1º de Bacharelato, acaba de lograr un dos vinte premios, que a Consellería de Educación concede ao esforzo e a superación persoal do alumnado de ESO, superando as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural.
Recibirá 750 euros, pero o principal obxectivo destes premios é que os alumnos galardoados sexan un exemplo para compañeiros e compañeiras en situacións similares.
Nunha entrevista publicada hoxe en "La voz de Galicia" Saray comenta que non debería ser noticia que unha xitana aprobe a ESO e que o máis importante na vida, a base de todo, é a educación. A súa meta é chegar a graduarse en Maxisterio por Infantil.
20 de maio de 2018
RECOLLIDA DOS DIPLOMAS DE FINALISTAS DO CONCURSO DE VIDEOPOEMAS ORGANIZADO POLA FUNDACIÓN MANUEL MARÍA
O sábado, 19 de maio, varias alumnas de 2º BAC, acudiron a Outeiro de Rei (Lugo) a recoller os diplomas de finalistas da II edición do concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, convocado pola Casa-Museo Manuel María.
Os videopoemas galardoados, que se poden ver nunha entrada anterior deste blog, son:
"Tecín soia a miña tea" de: Alba Rodríguez González, Paula Martínez Lorenzo, Helena Pousada Godás, María Elisa Álvarez Bravo, Sara Portela Ruíz e Juan Gallego Otero.
Magníficos traballos!
6 de xul. de 2017
O PROXECTO "FACENDO DE VERÍN UN NOVO BROADWAY: O MUSICAL GREASE" GALARDOADO CO PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA E LINGÜÍSTICA
17 de mar. de 2016
LINGUA DE NAMORAR 2016
A nosa compañeira Sabela Domínguez Souto de 2 de bacharelato, acaba de ser premiada por segunda vez consecutiva polo concurso Lingua de Namorar.
O ano pasado quedou no terceiro posto e este ano acadou o primero coa súa frase "Nese intre"
Cando estaba a piques de botarme a perder , gañeite.Ligazón
25 de mar. de 2015
RECOLLIDA DO PREMIO LINGUA DE NAMORAR
5 de xuño de 2014
PREMIOS INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
http://www.edu.xunta.es/web/node/12638













