30 de nov. de 2016

28 de nov. de 2016

DOCUMENTAL CHICAS NUEVAS 24 HORAS E COLOQUIO CON MABEL LOZANO

Gustoume moito. Tiña oído falar dese tema, pero non tan a fondo, por iso  abriume os ollos e ensinoume valores que non tiña en mente. É un tema realmente serio que debería pararse.
Como muller ou nena, a calquera de nós, a calquera muller lle podería pasar, hoxe ou mañá, e por iso persoalmente moitas veces entendo os medos das nais a deixar soa a unha filla ou eses tipos de medos que non hai no caso dun fillo. Creo que o que vimos hoxe debería velo todo o mundo e que todos axudaramos no que se puidera a parar isto.
Katia Vidal de 3 ESO C


O visionado do documental _Chicas Nuevas 24 Horas_, como parte das actividades do IES X. Taboada Chivite no marco da conmemoración do _Día Internacional contra a Violencia de Xénero_, fíxonos reflexionar sobre a trata de mulleres e as actuacións que podemos realizar para erradicala. Ante situacións de inxustiza como esa, o alumnado de 3°A non dudou en unir as súas mans como símbolo de apoio á loita contra todo tipo de maltrato baixo o lema #NinUnhaMenos
Helga

CALLOS E GARABANZOS

INGREDIENTES
·800g de callos de tenreira
·300g de garabanzos
·Chourizo
·Cebola
·Touciño fresco
·Man de porco
·Pemento verde
·Tomate grande
·Cabeza de allo
·Dúas ou tres patacas
·Un par de guindillas
·Pimentón doce
·Sal
·Pementa negra

Preparación
1º  Por os garabanzos en remollo a noite anterior.
2º  Botar os callos e a man nunha olla expres e cubrilos con auga
3º   Botarlle un chorro de vinagre. Seguidamente botarlle a cebola, o tomate, os allos e o pemento.
4º  Agregarlle as guindillas, o touciño e os garabanzos.
5º  Salpimentamos todo e cubrir todos os ingredientes coa auga.
6º  Por a olla a quentar, e cando ferva a auga, baixamos a intensidade media. Tapamos a olla e deixamos que se fagan durante 35 ou 40 minutos.
7º  Deixamos que libere toda a presión. E botamos o pimentón doce, as patacas e o chourizo na olla e deixamola na olla 2 horas máis ou menos.
Por Paula Manzano de 3ºESO C



 •Ingredientes :
-Acelgas : grupo V da roda dos alimentos.-Cebola : grupo V-Allo : grupo V-Garabanzos : grupo I

•Preparación :Pomos os garabanzos en remollo o día antes, con sal, cocemos as acelgas e apartámolas, pochamos a cebola e cando está lista, botamos as acelgas e mareámolas un pouco, cocemos os garabanzos e cando están cocidos, escoámolos e botámolos enriba das acelgas, deixamos cocer e listo.


•Valor Enerxético :Unha ración contén 300 calorías e 9 gramos de graxa



Por Alejandra Vega Cid de 3º ESO C 

25 de nov. de 2016

A VIOLENCIA CONTRA A MULLER NA LITERATURA

     


A violencia de xénero é un tema que está moi presente, por desgraza, na nosa sociedade. Só no que levamos de ano, as cifras de feminicidios (asasinatos de mulleres por razóns de xénero) sobrepasan as 86 mortes en España. Máis de mil mulleres foron asasinadas nos últimos 15 anos e no 15.7 % dos casos xa existían denuncias previas.

   



  Os datos son alarmantes, polo que este é un tema que nos afecta a todos tanto como sociedade coma a nós, como mulleres. Por este motivo, as alumnas de 1ºBACH de Literatura Universal do IES Xesús Taboada Chivite decidimos facer unha exposición sobre diferentes libros nos que a violencia de xénero ten un gran protagonismo. Logo de pescudar que obras nos poderían valer para tratar este tema, acabamos escollendo os seguintes títulos: La casa de Bernarda Alba, Casa de muñecas, Cometas en el Cielo, Otelo e Lolita.




     Cada unha de nós faremos unha presentación na que falaremos do libro e da figura da muller como vítima de maltrato para despois expoñelo nas clases de ESO e de bacharelato. Parécenos unha boa idea, xa que deste xeito todos os nosos compañeiros e compañeiras poderán descubrir como a violencia de xénero ten cabida na cultura popular da man de obras literarias tan recoñecidas como das que lles imos falar.









     Esperamos que con este traballo os rapaces e rapazas do noso centro se decaten de como a literatura de diferentes épocas pode servir para  concienciarnos da dura realidade que nos rodea.



Sara guerra Sandoval
1º BAC B



24 de nov. de 2016

RECEITAS DE LEGUMES

Fabas con chourizo e panceta de Xabi de 1º ESO A e e potaxe de garabanzos de María Vilela de 1º ESO A.




22 de nov. de 2016

GASTRONOMÍA DE OUTONO



A profesora de galego Concha Fernández propúxolles ao seus alumnos de 1º ESO A e C, así como aos  de 2º ESO B e D, que recollesen e presentasen receitas elaboradas con produtos de outono: figos, castañas, noces, berzas, cogumelos, xabaril, coello...

Con todas as receitas recollidas, a profesora fará un libro, que será exposto na biblioteca do centro.


Na seguinte ligazón presentamos as recomendacións gastrómicas de ditos alumnos para este outono:




21 de nov. de 2016

OUTONO

Os castiñeiros e as castañas inspiraron os debuxos dos alumnos de 1º BAC, que cursan Debuxo Artístico coa profesora Marga García

20 de nov. de 2016

POESÍAS DE OUTONO

Os alumnos de 1º ESO B e de 1º ESO D a petición da profesora de Lingua e Literatura Galega, Marita Fernández e baixo a súa supervisión, escribiron poemas e reflexións sobre o outono, acompañados de debuxos cunha presentación moi coidada.
Entre todos, destaca o poema:"Sensacións" de Pablo Villarino Rivero, que aparece a continuación e que será publicado na revista do centro "Faíscas". Este poema denota unha gran sensibilidade por parte do autor.



17 de nov. de 2016

RECEITA LENTELLAS CON VERDURA E ARROZ DE BELTRÁN DOBARRIO

Ingredientes

·250g de lentellas (grupo 3 e ten función plástica)            
·150g de arroz (grupo 1 e ten función enerxética)
·3 o 4 cenorias (grupo 4 e ten función reguladora)
·3 o 4 patacas (grupo 1 e ten función enerxética)
·3 o 4 porros (grupo 5 e ten función reguladora)
·1 o 2 cebolas (grupo 5 e ten función reguladora)
·Caldo limpo
·2 o 3 ovos duros (grupo 3 e ten función plástica)
·Sal e comiños moídos
· Aceite de oliva (grupo 2 e ten función enerxética)
-O valor enerxético dun prato de lentellas con verduras e arroz é de 444kcal.

Receita
Na cubeta da pota poñemos un pouco de aceite de oliva e deixamos que quente un pouco.
Mentres, limpamos as cebolas e os porros e os cortamos en anacos moi pequenos, limpamos as cenorias, as patacas e cortámolas en dados pequenos.
Primeiro sofritir a cebola, máis tarde engadimos as cenorias, as patacas e refogamos ben todo na cubeta.
Despois agregamos as lentellas que tivemos en remollo toda a noite , o arroz, un pouco de comiños moídos e agregamos o caldo limpo ata cubrir todo ben.Logo engadimos un pouco de sal.

Ó final cando xa están feitas poñemos uns ovos duros para acompañar.

15 de nov. de 2016

RECEITA DE LENTELLAS DE KATIA VIDAL

As lentellas son un dos miles de tipos de legumes.

Receita das lentellas
Ingredientes:
·         Patacas
·         Lentellas
·         Panceta
·         Chourizo
·         Aceite
·         Sal

Preparación:
·         Cortar en trozos a panceta, o chourizo e as patacas.
·         Mezcrar tódolos ingredientes (excepto o sal) e poñelos a cocer durante unha hora a lume alto e ir baixándolle cara o final.
·         Ao final, botarlle un pouco máis de aceite e engadir o sal.
·         Se queremos podemos engadirlle colorante ou/e pimentón.


Valor nutricional   
Kiloxulios
1632 kj
Calorías
390 kcal
Proteínas
10,65 g
Carbohidratos
59,35 g
Graxas
12,93 g
Por unha ración:




Grupos pertencentes e nutrientes
·         Lentellas: grupo III, ricas en proteínas.
·         Patacas: grupo I, ricas en hidratos de carbono.
·         Chourizo: grupo III, carnes vermellas ricas en proteínas.
·         Panceta: grupo II, rica en lípidos.

·         Aceite: grupo II, rico en lípidos.

13 de nov. de 2016

MUNG DAAL ELABORADO POR RIMSHA

O ano 2016, como se pode ver nun dos cartaces da mini-exposición do día da "Ciencia en Galego", foi declarado pola FAO como o ano internacional dos legumes.
Durante os meses de novembro e decembro imos subir ao blog as receitas de legumes, que de xeito habitual consumen os nosos alumnos.En cada unha das receitas aparecerá unha imaxe, os ingredientes, o proceso de elaboración e o valor nutrición do prato.

Comezaremos cun prato típico de Pakistán: o "Mung Daal", cociñado por Rimsha Gondal de 3º ESO C.


No mundo cómense moitos tipos de legumes,porque son moi ricos e saudables.
O típico de Pakistán ,Bangladesh,Afganistán e India é o "Daal". Hai moitos tipos de "Daal" : "Mung Daal","Mansur ki Daal","Chane ki Daal"...O "Daal" pódese comer con pan ou arroz .
Este é o "Mung Daal".

Ingredentes:
-Aceite de oliva-Cebola
-Allo
-Jejibre
-Tomate
-Sal
-Pemento vermello raiado
-"Haldi"
-Tomate frito
-"Jira"
-"Mung Daal"


"Mung Daal" é rico en proteinas , mineraies e fibra.

 



7 de nov. de 2016

UNIDADE DIDÁCTICA A CASTAÑA

Compartimos a unidade didáctica elaborada polo Equipo de Normalización do IES MONTE CARRASCO DE CANGAS
 Ligazón  unidade didáctica

4 de nov. de 2016