7 de maio de 2025

Día do libro

 E quédanos no tinteiro unha actividade que organizaron dende o equipo da Biblioteca: Libros que curan! Todos os males teñen un libro axeitado!




5 de maio de 2025

Celebrando o Día das Letras

 Aínda non chegou, pero xa levamos celebrando a nosa rica literatura popular e desta, cunha actividade que nos veu da man da Ed. Galaxia, coa música  das nosas cantareiras no Auditorio de Verín co alumnado de 1 e 2 ESO.





2 de maio de 2025

Cantamos coas mans

 Outro ano máis participamos no Concurso que organiza a Federación de persoas xordas, desta coa canción Moiras, de Fillas de Casaandra coa que conseguimos a Mención de honra.

https://youtu.be/s27Z-AbbZIM?feature=shared


30 de abr. de 2025

Encontro co IES do Ribeiro






 Despois do proxecto desenvolto ó longo deste curso, damos por rematado o mesmo.cunha excursión ó IES do Ribeiro, onde celebramos o día da Revolución dos cravos, onde nos explicaron toda a oferta educativa do seu centro, os servizos da vila e onde fixemos un percorrido por todo o seu patrimonio que non é pouco, salientando os tres puntos que nos unen:

-Dúas vilas fronteirizas

-Dúas vilas que conservan o seu castelo medieval

-Dúas zonas vitivinícolas importantes.


24 de abr. de 2025

Día do libro

 Onte, e toda a semana celebramos o Día do libro:

Se che apetece algo.doce

Se estás de baixón

Se queres aprender

Se queres fuxir da realidade

Hai un libro para todo!






23 de abr. de 2025

Os maios

 Volvemos das vacacións e entramos xa na época dos Maios, entre outras cantas actividades, deixámosvos as coplas que estivemos facendo en 1 e 2ESO.




8 de abr. de 2025

Día do pobo xitano

 Hoxe celebramos en todo o centro o Día do pobo xitano coas actividades propostas dende a Biblioteca e o Departamento de Orientación.



3 de abr. de 2025

Proxecto: Estou ben mantido/a?





Durante a segunda avaliación en 1ºESO desenvolvemos o proxecto: 

Estou ben mantido/a?

 

  1. Reflexionando inicialmente sobre a alimentación dos nosos avós e avoas, facéndolle entrevistas sobre que alimentos eran os que consumían, que almorzaban habitualmente, que levaban para a escola, que lambetadas había na época ou cando comían fóra. 
  2. Rexistramos como é a nosa alimentación: como almorzamos, que traemos para a escola, que comemos habitualmente no xantar e que lambonadas nos gustan máis.
  3. Analizamos se o noso hábito alimenticio é o axeitado e miramos cales son os ingredientes das lambonadas que comemos.
  4. Agora temos que coñecer todos os vexetais  e os seus nomes que consumimos habitualmente e asocialos á súa tempada para ter unha alimentación sostible, de tempada.
  5. E coñecemos tamén os tipos de peixe e o seu nome en galego.
  6. Finalmente xestionamos a compra, canto nos custa comer saudable?
  7.  





  8.  


31 de mar. de 2025

Concurso Fotoentroido

Hoxe xuntámonos no IES García Barbón, representantes dos tres centros de secundaria de Verín: IES Castro de Baronceli, IES Xesús Taboada Chivite e IES García Barbón,para entregarlle o premio do concurso do Fotoentroido a Leila Rdg Gonzalez do Ciclo de Servizos Adm.



28 de mar. de 2025

Scape Room

 Hoxe estivemos xogando un Scape Room co libro O misterio de Portomarín co alumnado de 1 ESO.





24 de mar. de 2025

Intercambio co IES do Ribeiro

 Hoxe tocounos a nós ser as anfitrioas e anfitrións para o alumnado do Ribeiro, e tivemos unha axenda cargadiña de actividades: Isa e David ensináronlles o grande traballo que fan no musical , Elena e Lara faláronlles do noso Entroido e do cigarrón e guiáronos polos grafitis de Bansky ata chegarmos ó Castelo de Monterrei cunha visita teatralizada onde a través de diálogos con personaxes da nosa historia, o alumnado de 3ESO  lle foi ensinando o noso patrimonio cultural.






cultural.


21 de mar. de 2025

Día da poesía

 Dende o equipo da BiblioChivite tráennos un ano máis a actividade Un café con poesía.Este ano non só quedou na cafetería do noso centro se non tamén noutros bares de Verín.




 

19 de mar. de 2025

Ano Castelao

 Aínda non saiu do forno unha entrevista na Radio Chivite a Castelao, mentres ímosvos ensinando o que fixo o alumnado de 1 e 2 ESO coas profes Eva, Lucía e Soraya, actualizando os debuxos de Cousas da vida.