23 de xuño de 2019

PARA O NOSO COMPAÑEIRO ANÍBAL BARREIRA

No curso que remata, co gallo da súa inminente xubilación, despedímonos do noso compañeiro Aníbal Barreira: un home discreto, humilde, cordial, traballador e moi querido e lembrado por tódolos seus alumnos.
Amante da historia, Mestre con tódalas letras da palabra e no seu significado primixenio (do latín "magister"), pecha unha etapa adicada ó seu ensino, e deixa unha pegada imborrable en compañeiros e alumnos, non só pola súa cercanía, amabilidade, profesionalidade, senón tamén pola paixón que transmite ó alumnado.
É un home entusiasta do mundo antigo, e un profundo coñecedor do mesmo. Tras formar moitas xeracións de alumnos nesta materia tan importante e necesaria, no momento presente máis ca nunca, tras encher as aulas do Chivite coa súa serenidade e humanidade, tras regalarnos cada día o mellor dos seus sorrisos, a súa colaboración honesta e desinteresada en calquera asunto que se lle plantexase, comeza unha nova vida como persoa xubilada.
Ensinounos que o ensino é unha laboura cooperativa na que todos temos un papel.
Os seus alumnos e exalumnos sempre falan del cunha mestura de afecto e admiración, e os seus compañeiros só temos para el palabras de gratitude.
Feliz xubilación, Aníbal

19 de xuño de 2019

FAÍSCAS 2019

Podes acceder a revista Faíscas 2019, deseñada e maquetada polo profesor de Plástica Javier Diaz, premendo na seguinte LIGAZÓN

18 de xuño de 2019

MINICONCERTOS DE XILÓFONOS POLO DÍA EUROPEO DA MÚSICA


Durante esta semana, nos recreos, estanse a proxectar na entrada do instituto, as gravacións dos miniconcertos con xilófonos, realizadas polo alumnado de ESO e de Bacharelato na materia de Música, por mor do Día Europeo da Música (21 de xuño). Non os podedes perder!!!

13 de xuño de 2019

O BOSQUE ANIMADO NO CHIVITE




O vindeiro VENRES 21, ÁS 20:30, no noso instituto, o noso grupo de teatro, "A tecedora de soños", representará dúas pezas, unha delas en galego.
A obra en galego será unha adaptación de "O bosque animado", de Wenceslao Fernández Flórez, unha novela de mensaxe por veces radicalmente ecoloxista: os seres humanos debemos coidar do noso medio natural, xa non só porque resulta esencial para a nosa propia sobrevivencia ou porque mellora a nosa calidade de vida, senón nomeadamente porque a natureza non é nosa, porque a compartimos con outros seres vivos.
Tamén representarán, en castelán, a obra clásica "As nubes", de Aristófanes. NON O PERDADES!!!

12 de xuño de 2019

A TECEDORA DE SOÑOS REPRESENTARÁ DÚAS OBRAS TEATRAIS O 21 DE XUÑO NO CHIVITE

O vindeiro VENRES, 21 de XUÑO, ÁS 20:30, no SALÓN DE ACTOS do IES TABOADA CHIVITE, o noso grupo de teatro, A TECEDORA DE SOÑOS, presentará dúas obras teatrais.

Representarán, en galego, unha adaptación de "O bosque animado", de Wenceslao Fernández Flórez.O bosque animado é unha fraga na que as árbores, as silveiras, os insectos, as aves, os pequenos mamíferos, viven todos xuntos. Vidas suaves e plácidas, só interrompidas polo paso do home, ao que acompaña a traxedia, empuxado pola explotación do bosque e pola súa cobiza.

Tamén representarán unha adaptación da obra clásica "As nubes", de Aristófanes.
"As nubes" (en grego clásico, Νεφέλαι) é unha comedia temperá dentro da obra do autor ateniense Aristófanes. Nela faise unha forte crítica dos sofistas e as súas ensinanzas, e non faltan os temas e personaxes de moda da Atenas de finais do século V. A obra tamén é destacábel por ser a referencia histórica máis antiga sobre a figura de Sócrates

.
AGARDÁMOSVOS O VENRES 21, ÁS 20:00, NO IES TABOADA CHIVITE!!!! NON O PERDADES!!!!!!



10 de xuño de 2019

XIII ENCONTRO LUSO-GALAICO


 O venres, día 7 de xuño de 2019, os alumnos de 4º de ESO do noso centro viaxaron a Braga (Portugal) para participar no XIII Encontro Luso-Galaico de irmandamento con alumnos de 10º curso do do Liceo  “Fernão Magalhães” de Chaves (Portugal).
Ao longo deste curso, entre os nosos alumnos e os de Chaves tivo lugar un intercambio epistolar, empregando o portugués e o galego como linguas de comunicación.
Durante esta xornada realizáronse as seguintes actividades:
-       Saída dos nosos alumnos cara Chaves.
-       Chegada a Chaves, encontro cos alumnos portugueses e saída cara Braga.
-       Visita á Câmara Municipal de Braga con recepción a cargo do presidente da Câmara.
-       Paseo polo casco histórico de Braga.
-       Visita á Catedral de Braga.
-       Almorzo e actividades de confraternización no Bom Jesús de Braga.
-       Visita ao Estadio da Pedreira (S.C. de Braga).
-       Visita ao Braga Parque.
-       Regreso cara Chaves e Verín.
-       Chegada a Chaves e despedida dos alumnos portugueses.
-    Chegada a Verín.