Manuel Añel Prieto de 3º ESO C reflexiona no seu vídeo, dun xeito moi orixinal e claro, sobre a importancia dos plásticos na nosa vida e se podemos prescindir deles.
Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
30 de maio de 2018
29 de maio de 2018
O SONO NOCTURNO
Este traballo, que realizamos Gabriel Ambrosio Menezes, Miguel Lorenzo Peral e Aránzazu Merodio Franco de 1º BAC A, trata un tema tan importante como o sono nocturno.
En moitas ocasións non consideramos o sono como un tema importante. Pola contra, si que o é. Actualmente, enfermidades tan soadas como a obesidade ou a diabete están provocados, entre outras cousas, polos trastornos do sono.
Por iso, neste traballo decidimos analizar trastornos tales como o insomnio, a narcolepsia ou o sonambulismo. Recollemos datos sobre as súas causas e consecuencias na nosa saúde. Buscamos información coa intención de saber que é ter estes trastornos, e por último, analizamos os tratamentos que se lles está a realizar aos pacientes, incluíndo os máis novedosos.
CARTA DE DESPEDIDA DO PROGRAMA TEI
Onte despedimos o Programa TEI coa actividade: "carta de despedida". Os titores e os titorizados escribiron cartas nas que relataron as súas vivenzas como parella TEI durante este curso. Algunhas das cartas están expostas nun dos taboleiros do instituto:
SEGUNDA VIDA PARA OS PLÁSTICOS
Unha excelente forma de reutilizar os envases de plástico é crear obxectos decorativos ou útiles no fogar. Isto fixérono algúns alumnos de 2º ESO A e B.
CONTO BILINGÜE INGLÉS-GALEGO: "THE HEDGEHOG FAMILY"-"A FAMILIA OURIZO"
Os alumnos de 2º ESO A da sección bilingüe, na clase do mércores pola tarde, coa súa profesora Isabel Cota, creraron un fermoso conto bilingüe en inglés e en galego, cuxo título é: "The Hedgehog Family"-"A Familia Ourizo".
Empregaron a ferramenta 2.0: "storybird", que permite crear contos e historias online e compartilos na rede.
Empregaron a ferramenta 2.0: "storybird", que permite crear contos e historias online e compartilos na rede.
28 de maio de 2018
A DIETA MEDITERRÁNEA É COMA TI: ÚNICA, NATURAL, AUTÉNTICA E CREATIVA
O día 24 de maio, no noso centro, desenvolveuse un obradoiro da campaña "mediterraneamos 2018", organizada polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, para dar a coñecer os compoñentes da Dieta Mediterránea e a súa relación cun bo nivel de saúde. Neste obradoiro participaron os alumnos de 3º ESO.
Dous alumnos de 3º ESO: María Pérez Luis de 3º ESO A e Manuel Añel Prieto de 3º ESO cóntannos en que consistiu a actividade.
Primeiro tivo lugar unha charla sobre a Dieta Mediterránea, na que nos explicaron en que consiste,así como a importancia dunha boa alimentación para manternos sans. Mostráronnos a importancia de cada alimento e a proporción na que debe ser inxerido.
Logo, por grupos, realizamos unhas tapas con diversos ingredientes: tomate, leituga, pan, aceitunas, queixo... Ensinámosllas ao resto dos compañeiros e ao fin puidemos degustar as nosas elaboracións.
Por último, acudimos ao pavillón e bailamos; xa que, o deporte é un complemento fundamental da Dieta Mediterránea.
María Pérez Luis
Primeiro puxéronos unha
presentación, onde nos falaron da pirámide alimentaria e de dez consellos para
facer dieta mediterránea. Entre isto, faláronos tamén de como os "Reis Católicos"
leváronse as oliveiras de Galicia, quedando só na cidade de Vigo e de que a
comida sempre estivo capitalizada.
Despois, por grupos,
trouxéronos unhas follas de leituga, anacos de laranxa, cherris, froitos secos,…
E con iso tiñamos que facer unha presentación dun prato e pórlle un nome.
Para finalizar leváronnos
ao pavillón onde bailamos.
Manuel Añel Prieto
Podedes ver imaxes do obradoiro premendo na seguinte LIGAZÓN
25 de maio de 2018
É POSIBLE UN MUNDO SEN PLÁSTICOS?
O día 5 de xuño conmemórase o Día do Medio Ambiente. Este ano o lema escollido foi: "Un mundo sen plásticos"
Ata entón, iremos publicando no blog, as distintas actividades, que se desenvolvan no centro para concienciarnos do problema.
Os alumnos de 3º ESO, na materia de Bioloxía e Xeoloxía, e os de 2º BAC, que cursan Ciencias da Terra, plantexáronse nos seus traballos se é posible un mundo sen plásticos. Neles abordarón os seguintes puntos:
- Definición de plástico.
- Propiedades.
- Clasificación.
- Procesos de obtención.
- Impactos sobre o medio e sobre a saúde.
- Alternativas ao uso dos plásticos.
- En que medida dependo do plástico?
A continuación aparece unha selección dos mellores traballos:
Lucía González Álvarez e Andrea Pérez Fernández de 2º BAC B:
Miguel Quintas Parada de 3º ESO B:
Ata entón, iremos publicando no blog, as distintas actividades, que se desenvolvan no centro para concienciarnos do problema.
Os alumnos de 3º ESO, na materia de Bioloxía e Xeoloxía, e os de 2º BAC, que cursan Ciencias da Terra, plantexáronse nos seus traballos se é posible un mundo sen plásticos. Neles abordarón os seguintes puntos:
- Definición de plástico.
- Propiedades.
- Clasificación.
- Procesos de obtención.
- Impactos sobre o medio e sobre a saúde.
- Alternativas ao uso dos plásticos.
- En que medida dependo do plástico?
A continuación aparece unha selección dos mellores traballos:
Lucía González Álvarez e Andrea Pérez Fernández de 2º BAC B:
Miguel Quintas Parada de 3º ESO B:
20 de maio de 2018
RECOLLIDA DOS DIPLOMAS DE FINALISTAS DO CONCURSO DE VIDEOPOEMAS ORGANIZADO POLA FUNDACIÓN MANUEL MARÍA
O sábado, 19 de maio, varias alumnas de 2º BAC, acudiron a Outeiro de Rei (Lugo) a recoller os diplomas de finalistas da II edición do concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, convocado pola Casa-Museo Manuel María.
Os videopoemas galardoados, que se poden ver nunha entrada anterior deste blog, son:
"Tecín soia a miña tea" de: Alba Rodríguez González, Paula Martínez Lorenzo, Helena Pousada Godás, María Elisa Álvarez Bravo, Sara Portela Ruíz e Juan Gallego Otero.
Magníficos traballos!
15 de maio de 2018
ROTEIRO EN HOMENAXE A MARÍA SOLIÑO
Mañá, día 16 de maio, o alumnado de 4º ESO do Xesús
Taboada Chivite e do IES de Rodeira manterá un encontro na localidade
pontevedresa de Cangas do Morrazo para realizar un “Roteiro en homenaxe a
María Soliño”. Esta actividade extraescolar plantéxase como complemento
doutras artelladas co gaio da celebración do Día Internacional da Muller. Ten o
propósito de reivindicar a esta personaxe histórica, emblemática dentro da Península
do Morrazo, como símbolo da violencia institucional e social exercida contra as
mulleres durante a “caza de bruxas”, iniciada no 1621. O alumnado visitará os
lugares máis importantes vinculados a esa infortunada etapa da súa biografía.
Neles lerán textos alleos ou de creación propia nos que explicarán as causas,
desenvolvemento e consecuencias do proceso inquisitorial sufrido por Soliño.
Como remate, interpretarán unha versión cantada do poema adicado á súa figura
polo poeta ouresán Celso Emilio Ferreiro, pertencente ao poemario Longa noite de pedra.
Tamén participarán neste
roteiro-homenaxe algunhas alumnas de Bacharelato. Virán en representación do
grupo do alumnado dese nivel que, xunto con parte do de 4º ESO, promoveu en
datas previas á folga do 8M diversas actividades encamiñadas a sensibilizar a
comunidade educativa sobre a necesidade de impulsar o logro da igualdade de
xénero. Como profesora e educadora especialmente comprometida co feminismo e
coa loita polos dereitos humanos, quero agradecer públicamente o esforzo
realizado por este conxunto de rapaces e rapazas. Considero imprescindible resaltar
a súa madurez intelectual e ética, moi inusual nestes tempos convulsos e
insolidarios que estamos a vivir. Presenciar este tipo de actuacións, inicialmente
artelladas en solitario -e con numerosos atrancos- por persoas tan novas, fai
ver unha raiola de esperanza nesta sociedade do século XXI, aínda dominada pola
inxustiza. Estes estudantes son un vivo exemplo de que a educación pode e debe
ser unha poderosa ferramenta para transformar o mundo. Por último, grazas ao
profesorado dos departamentos de Normalización Lingüística, Lingua e Literatura
Galega e Música do Chivite e do Rodeira polo seu apoio e implicación, nesta e
noutras actividades paralelas. Sodes xenuínos ensinantes, por vocación e por corazón.
Diana Almeida
Guillán (Departamento de Lingua Castelá e Literatura).
AS MULLERES NAS LETRAS GALEGAS
Os alumnos de 4º ESO, que cursan “Plástica”, guiados polo seu profesor Javier Díaz, realizaron debuxos das catro mulleres homenaxeadas na festa das Letras Galegas: Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrero Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Victoria Moreno (2017), empregando a técnica do puntillismo.
Con estes debuxos acompañados de frases célebres das escritoras e de fragmentos das súas obras montáronse dous cartaces que están expostos na entrada do instituto. O profesor Javier Rodríguez, de Bioloxía, deseñou e montou os cartaces. As profesoras, Isabel Cota, de Inglés, e Mª Carmen Trigo, de Lingua Galega, seleccionaron as citas das escritoras e os fragmentos das súas obras.
13 de maio de 2018
SOMBRA E LUZ
Esta exposición (elaborada polo IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra e gañadora do Concurso das Letras Galegas 2018), e titulada Sombra e luz, fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e da obra de María Victoria Moreno, autora a quen lle renderemos homenaxe o próximo 17 de maio.
Os carteis da exposición, así como a guía didáctica, foron enviados ao noso centro pola Secretaría Xeral de Política Lingüística co fin de difundir a figura e o legado desta escritora entre a comunidade educativa.
11 de maio de 2018
OPS! NO TABOADA CHIVITE
O pasado venres, 4 de
maio, a cuarta e quinta hora, os alumnos de 4º de ESO, tivemos o privilexio de
ter un obradoiro de portugués, no cal aprendemos moitas cousas da lingua dos
nosos veciños.
O obradoiro foi
impartido por Graciela, unha muller que falaba portugués e galego, a cal
entendimos perfectamente.
A actividade estaba
organizada en tres partes: Introdución, teoría e práctica. Na introdución,
contounos en que países se fala portugués, a orixe do idioma e que o galego e o
portugués son linguas irmás. Na parte teórica, ensinounos as diferenzas na
pronuncia e na escrita entre o portugués e a nosa lingua. Para rematar, na
parte práctica, escoitamos unha canción en portugués, na que tivemos en encher
ocos. Tamén "limos a galega" frases en portugués para ver as
diferenzas.
Foi unha
charla-obradoiro moi divertida e interesante.
Julio Alvar Rodríguez 4º
ESO B
8 de maio de 2018
HEMOFILIA E ICTUS
Os alumnos de 3º PMAR, no Ámbito Científico, estiveron analizando varias enfermidades, que afectan ao aparato circulatorio.
A continuación aparecen dúas das presentacións realizadas. A primeira, sobre a hemofilia, fixérona: Laura Ferreira García, Andrea Vivián Nieves e Oriane Borel Camesella; mentres que a segunda, sobre o ictus, fixérona: Rafael Gouveia da Silva, Lorena Gómez Lamelas e Álex Estévez Pulido.
A continuación aparecen dúas das presentacións realizadas. A primeira, sobre a hemofilia, fixérona: Laura Ferreira García, Andrea Vivián Nieves e Oriane Borel Camesella; mentres que a segunda, sobre o ictus, fixérona: Rafael Gouveia da Silva, Lorena Gómez Lamelas e Álex Estévez Pulido.
5 de maio de 2018
DOUS VIDEOPOEMAS FINALISTAS DO CONCURSO SOBRE COMPOSICIÓNS POÉTICAS DE ROSALÍA E MANUEL MARÍA
Dous videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía de Castro, realizados por alumn@s de 2º de bacharelato, que cursan as materias de "Imaxe e Son" e "Literatura Galega do Século XX", están entre os finalistas da II edición do concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, concocado pola Casa-Museo Manuel María.
O certame está dirixido ao alumnado galego de ensino non universitario a partir da ESO.
A entrega de premios terá lugar o día 19 de maio no auditorio da propia Casa-Museo, en Outeiro de Rei.
Os videopoemas son:
"Tecín soia a miña tea" de: Alba Rodríguez González, Paula Martínez Lorenzo, Helena Pousada Godás, María Elisa Álvarez Bravo, Sara Portela Ruíz e Juan Gallego Otero.
"Cando a luniña aparece" de Iria Castro Yáñez e Ana Manso Fernández.
Parabéns aos rapac@s, e aos profesor@s que os animaron a participar e colaboraron con eles: Rosa Alonso e César Sánchez!
O certame está dirixido ao alumnado galego de ensino non universitario a partir da ESO.
A entrega de premios terá lugar o día 19 de maio no auditorio da propia Casa-Museo, en Outeiro de Rei.
Os videopoemas son:
"Tecín soia a miña tea" de: Alba Rodríguez González, Paula Martínez Lorenzo, Helena Pousada Godás, María Elisa Álvarez Bravo, Sara Portela Ruíz e Juan Gallego Otero.
Parabéns aos rapac@s, e aos profesor@s que os animaron a participar e colaboraron con eles: Rosa Alonso e César Sánchez!
2 de maio de 2018
TRES CURTAS REALIZADAS POR ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º BAC SELECCIONADAS PARA "OLLOBOI 2018"
As tres curtametraxes, realizadas por alumnos e alumnas de 2º de bacharelato, a petición da súa profesora Rosa Alonso, abordan o tema da violencia de xénero. Os títulos das mesmas son:
- Nin unha máis!. https://www.olloboi.com/projects/nin-unha-mais/
- Se é amor, non doe!.https://www.olloboi.com/projects/se-e-amor-non-doe/
- Sabela. https://www.olloboi.com/projects/sabela/
O día 11 de maio coñeceranse os gañadores. Moita sorte!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)