E a semana veu cargadiña! En Radio Chivite os nosos locutores: David Salgado e Paula Gago, entrevistaron a un antigo alumno: Benito Rdg. Gzl., hoxe viticultor e co que puideron confrontar moitos dos datos que xa recollestes nos traballos de ritos, costumes e festas. No segundo programa da nosa Radio poderemos escoitalos.
Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
22 de out. de 2021
14 de xuño de 2021
CADERNOS DE TEATRO 21 IES RIBEIRA DO LOURO
28 de maio de 2021
DESPEDIDA RADIO CHIVITE 2020-2021
26 de maio de 2021
DERRADEIRO PROGRAMA DE RADIO CHIVITE DO CURSO 2020/2021
* Novas chivitianas: con Paula Gago e David Salgado (4º ESO)
- Inclúe "Novas científicas" e "Co selo galego", con Uxía Pérez e Diana Calvo (1º ESO)
- O alumnado de 3º de ESO cantando "Os nosos maios".
- Podcast sobre Xela Arias gravados por alumnado de 1º e 2º ciclo da ESO e Bacharelato.
- O "Grandola vila morena", interpretado polo alumnado de portugués da profesora Inma Campos.
- A canción "Mil estrelas" do musical La la land, interpretado polo coro de profes do Chivite.
* As nosas dúbidas: Xabi Alonso (1º BAC) entrevista ao director do noso centro César Sánchez.
* Adiviña quen é: con Carla Rosas e Sara Xing Moredo (1º BAC)
* Entrevistas:
César Sánchez entrevista a Manuel Añel, Fátima El Mouahid, Oumaima Fathallaah e Miguel Quintas, alumnado de 2º BAC sobre as súas sensacións ao rematar esta etapa no centro e o que este representou para eles.
David Salgado entrevista a Adrián González Salgueiro, antigo alumno, estudante do derradeiro curso do Grao en Historia da Arte, e fotógrafo.
Paula Gago entrevista a Guadi Galego, música multipremiada de grande traxectoria e relevancia na música galega contemporánea.
*Bibliochivite: Escoitaremos aos gañadores do concurso de microrelatos da biblioteca e o Podcast que o alumnado de 1º e 2º de ESO realizou como homenaxe a Xela Arias co gallo do Día das Letras Galegas.
27 de abr. de 2021
RADIO CHIVITE PROGRAMA 10
Décimo programa da radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de abril, que conta coas seguintes seccións:
* Novas chivitianas: con Paula Gago e David Salgado (4º ESO)
- Inclúe "Novas científicas", con Martina dos Santos e Diana Calvo (1º ESO)
* As nosas dúbidas: Xabi Alonso (1º BAC) interpreta "Estrelas" do musical Los miserables e entrevista ao profesor de música e director dos musicais do noso centro David Rodríguez.
* Adiviña quen é: con Carla Rosas e Sara Xing Moredo (1º BAC)
* Entrevistas: Paula Gago entrevista a Lucía Díaz Nicolino, filóloga, antiga alumna do noso centro e, actualmente, profesora de lingua e literatura galega en prácticas.
*Bibliochivite: Eirín Seoane (1º BAC) entrevista a Vicente Rodríguez, responsable da Biblioteca municipal de Verín.
19 de mar. de 2021
CONTOS E POEMAS PARA O ASILO
Un ano máis, desde Bibliochivite quixeron colaborar co asilo de anciáns de Verín, enviándolles algúns contos e poemas. Este ano fixérono a través da radio. Para iso o noso alumnado leu algúns contos das "Cousas" de Castelao, xunto a algúns poemas de Xosé Neira Vilas e Antonio García Teijeiro.
Len:
- Natalia Cota, María Guerra, Sara Xing Moredo e Marina Gómez (1º BAC), Javier Salgado (3º ESO) e Tania Guerra (2º ESO)
PROGRAMA 9 DE RADIOCHIVITE
Neste programa poderemos escoitar as seguintes seccións:
- Novas chivitianas: información sobre as actividades do noso centro, presentadas por Paula Gago e David Salgado (4º ESO - A). Desta volta fan fincapé nas actividades que o centro realizou co gallo dos "21 días co galego e +".
* Novas científicas: con Nuria Barreira, de 1º ESO A
* Co selo galego: realizado por Uxía Pérez, de 1º ESO A.
- Adiviña quen é: presentado por Carla Rosas e Sara Xing Moredo, de 1º BAC C
- As nosas dúbidas: Xabier Alonso, de 1º BAC C, resolve dúbidas consultando ao profesorado. Neste programa fala coa profe de Inglés Rosa Salgado.
- Roda de palabras en galego, da profesora Rosa Alonso, de Lingua Galega.
- Teatro nas ondas: Oumaima Fathallah e Miguel Quintas (2º BAC), membros do grupo de teatro do centro, "A tecedora de soños", interpretan un anaco da obra de Buero Vallejo La tejedora de sueños , cunha introdución especial feita polo profesor de música David Rodríguez.
- As nosas entrevistas:
David Salgado entrevista a Clara Cid Bengoa, enxeñeira de camiños, antiga alumna do Chivite.
Paula Gago entrevista a Anxo González Guerra, catedrático xa xubilado de Lingua e Literatura Galega, grande coñecedor e divulgador da nosa lingua.
- Bibliochivite: Celebramos o 8M coa aparición de varias das escritoras máis importantes da nosa historia, que reviviron grazas a Sara Xing Moredo, María Guerra, Natalia Cota, Marina Gómez (1º BAC) e Tania Guerra (2º ESO)
13 de mar. de 2021
RUBÉN RIÓS ENTREVISTADO EN RADIOCHIVITE POR MIGUEL QUINTAS
Onte, día 12 de marzo tivemos a sorte de que o actor, Rubén Riós visitase o noso centro. Participou nun obradoiro co alumnado de 2º de bacharelato de Imaxe e Son. Ademais, Miguel Quintas, alumno de 2º BAC, realizoulle unha entrevista en RadioChivite, sobre os proxectos "Camiñantes somos" e "Arrieiros somos", nos que aparece a visión da vida das e dos nosos maiores.
9 de mar. de 2021
DESCUBRIMOS QUE CADA UN DE NÓS É UN COMUNICADOR EN POTENCIA
Hoxe o profesor de Filosofía e condutor de Radio Chivite, Abraham Rubín e os alumnos Paula Gago e David Salgado, de 4º ESO, foron entrevistados no programa da RTVG "Galicia por Diante", ás 13:10.
Comentaron a importancia que ten a nosa emisora de radio na difusión das actividades de potenciación do uso do galego. Ademais, grazas a ela descubrimos que cada un de nós é un comunicador en potencia.
Podesdes escoitar o podcast da súa participación premendo na seguinte LIGAZÓN
8 de mar. de 2021
VÍDEO PRESENTACIÓN DO NOSO CENTRO "CHEGANDO A ÍTACA" NOS 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS
Neste vídeo Paula Gago e David Salgado falan da vellez, o eixe temático ao redor do cal xiran moitas das actividades do centro.
Hoxe ás 13:10 estes dous alumnos, xunto co profesor de Filosofía, Abraham Rubín, que conduce Radio Chivite serán entrevistados no programa da RTVG "Galicia por Diante".
28 de feb. de 2021
MEMBROS DE BIBLIOCHIVITE NO GALICIA POR DIANTE CON "POEMAR O MAR" DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
O venres, 26 de febreiro, Javier Salgado (3º ESO B), Oumaima Fatahaallah (2º BAC D) e Maite González (profesora de Inglés e membro do equipo da biblioteca) foron entrevistados no programa Galicia por Diante da Radio Galega, para comentar a participación do Equipo da Biblioteca no programa 21 Días co Galego e +, co libro "Poemar e mar" de Antonio García Teijeiro, así como todas as actividades que se desenvolven en prol do galego.
Se premedes nesta LIGAZÓN, a partir do minuto 11 podedes escoitar a participación do noso centro no Galicia por Diante.
6 de feb. de 2021
RADIO CHIVITE PROGRAMA 8
Oitavo programa de Radio Chivite, a radio do IES Xesús Taboada Chivite, en Verín (Ourense), correspondente ao mes de febreiro de 2021.
Neste programa poderemos escoitar as seguintes seccións:
- Novas chivitianas: información sobre as actividades do noso centro, presentadas por Paula Gago e David Salgado (4º ESO - A).
* Novas científicas: con Nuria Barreira, de 1º ESO A e Martina Dos Santos, de 1º ESO B
* Co selo galego: realizado por Diana Calvo e Uxía Pérez, de 1º ESO A.
- Adiviña quen é: presentado por Carla Rosas e Sara Xing Moredo, de 1º BAC C
- As nosas dúbidas: onde Xabier Alonso, de 1º BAC C, resolve dúbidas consultando ao profesorado. Neste programa fala coa profe de Galego Inma Campos.
- As nosas entrevistas:
David Salgado entrevista a Fernando Estévez Casado, científico e investigador no CITIUS, ademais de antigo alumno do Chivite.
- Bibliochivite: Zouleikha Jiménez (1º ESO B) fálanos da actividade realizada polo alumnado de Relixión Evanxélica para o Día Internacional da Paz.
* Libros Vivos: Antía González (2º ESO B) e Marina Moredo (2º ESO A) recomendan unha serie de Anime; Miguel Guerra (2º ESO B) fálanos de dous dos seus videoxogos favoritos.
18 de xan. de 2021
PRIMEIRO PROGRAMA DE 2021 DE RADIOCHIVITE
O programa sete de Radio Chivite conta coas seguintes seccións:
- Novas Chivitianas: presentadas por Paula Gago e David Salgado. Inclúe a minisección Co selo Galego, presentado por Uxía Pérez e Diana Calvo, a presentación do concurso Exxperimenta en femenino e unha analise literaria-musical da canción Penélope de Joan Manuel Serrat, por David Rodríguez.
- Bibliochivite: Javier Salgado entrevista a Lorena Carnero, autora do libro Xesús Taboada Chivite: dende o seu Fisterre Tamagán. Inclúe a minisección Libros vivos, onde Erín Seoane fálanos de Sombra y hueso de Leigh Bardugo.
13 de xan. de 2021
EXXPERIMENTA EN FEMININO
Durante dúas semanas estará no noso centro a exposición "Exxperimenta en feminino", impulsada polo profesorado feminino das carreiras STEM do Campus de Ourense da UVIGO e patrocinada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Universidade de Vigo.
A exposición componse de 14 paneis, que están repartidos por distinta zonas do instituto. Cada un deles mostra as actividades e logros dunha muller científica ou tecnóloga que se pode considerar un referente no campo STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics).
O obxectivo principal desta iniciativa é promover a visibilización das mulleres nas disciplinas científicas e tecnolóxicas, así como servir de polo de atracción de nenas e mozas cara a ciencia e as enxeñerías.
Desde RadioChivite propóñennos o seguinte reto: Despois de visitala, seriades quen de adiviñar quen son estas seis mulleres que vos van falar a continuación, neste vídeo, todas elas integrantes da exposición?
15 de dec. de 2020
SEXTO PROGRAMA DE RADIOCHIVITE
Sexto programa de Radio Chivite, a radio do IES Xesús Taboada Chivite, en Verín (Ourense).
Neste derradeiro programa do 2020. poderemos escoitar as seguintes seccións:
- Novas chivitianas: información sobre as actividades do noso centro, presentadas por Paula Gago e David Salgado (4º ESO - A). Inclúe a colaboración de Nuria Barreira, de 1º ESO A e Martina Dos Santos, de 1º ESO B, con novas sobre ciencia e a intervención do Coro de profes do instituto , dirixido por David Rodríguez Rivada, deseando boas festas cunha panxoliña.
- As nosas entrevistas:
Despedindo o primeiro trimestre entrevistamos ao noso director César Sánchez e a dous alumnos e dúas alumnas novos no centro (Javier Castrillo e Martina Dos Santos de 1º ESO B, Antia González de 1º BAC A e Andrés Gómez de 1º BAC B) para facer un balance do que está a suceder no comezo deste curso 2020/21.
- Bibliochivite: Javier Salgado (3º C) entrevista a Dani, dona da librería AZ de Verín.
* Libros Vivos: Erín Seoane (1º BAC B) recensiona o manga Boy meets Maria, de Peyo.
24 de nov. de 2020
PROGRAMA 5 RADIOCHIVITE
Quinto programa de Radio Chivite, a radio do IES Xesús Taboada Chivite, en Verín (Ourense).
Neste programa poderemos escoitar as seguintes seccións:
- Novas chivitianas: información sobre as actividades do noso centro, presentadas por Paula Gago e David Salgado (4º ESO - A). Inclúe a canción Penélope, de Joan Manuel Serrat, adaptada ao galego, e interpretada por Paula Gago, acompañada ao teclado por David Rodríguez Rivada.
- As nosas entrevistas:
* David Salgado entrevista a Claudia Cid, xornalista e antiga alumna do Chivite.
* Paula Gago entrevista a Olga Novo, poeta de Vilarmao, na Pobra do Brollón (Lugo), recentemente galardoada co Premio Nacional de Poesía do Ministerio de Cultura.
- Bibliochivite: Maite González e Rebeca Ares actualizan toda a información da nosa biblioteca.
* Libros Vivos: recomendacións literarias de interese. Hoxe a equipa da biblioteca recomenda o ensaio Sapiens de Yuval Noah Harari, e a novela gráfica Subnormal de Fernando Llor e Miguel Porto.
Música orixinal: Ico / Marcos Payno
- "Mariatxis trance", de Joan Garriga i El Mariatxi Galàctic
- "The Odyssey With Choir", de Grégoire Lourme
- "Inspiring Powerful Motivational Trailer", de Colorofmusic
- "Ballad for piano", de Pavel Kraskoff
- "A Moment", de Infraction
22 de out. de 2020
NOVA TEMPADA DE RADIOCHIVITE
Estreamos programa en RadioChivite co noso novo coordinador e director técnico, Abraham Rubín, profesor de Filosofía, que sucede con brillantez a Xabier Álvarez, quen fixo un enorme labor o ano pasado, implantando a radio no noso centro e levando a cabo catro interesantísimos programas.
Parabéns por este programa cheo de novas, entrevistas, enquisas.....
Agardamos que vos guste!!!!!!!
Neste novo programa contaremos coas seguintes seccións:
- Novas chivitianas: presentado por Paula Gago e David Salgado de 4º ESO - A.
- Entrevistas:
* Paula Gago entrevista a Rocío Salgado, actriz e cantante/ bailarina, antiga alumna do IES Xesús Taboada Chivite.
* David Salgado entrevista a Abraham, de O Sonoro Maxín, inaugurando a sección "De bandas", na que iremos coñecendo bandas e grupos de música da nosa terra.
- Bibliochivite: presentado por Javier Salgado, de 3º ESO - C, na que el mesmo, xunto cos compañeiros e compañeiras Ana Gago, Diego Fernández e Andrea Guerra, de 1º ESO - B realizan a enquisa "Que pensas?" ao alumnado do Chivite sobre o estado da biblioteca e algunhas recomendacións literarias de interese.
1 de xul. de 2020
REVISTA FAÍSCAS 2020
14 de mar. de 2020
RADIOCHIVITE PROGRAMA 3
Nesta entrega poderemos escoitar no apartado Novas Chivitianas información sobre a exposición de Rosalía de Castro, a voz da alumna Érika Barbosa acompañada ao piano por David Rodríguez, executando de xeito excelente a engaiolante "Negra sombra".
Gozaremos tamén da entrevista que María Justo lle realizou a Sabela Souto, a creadora da curtametraxe Santa Baia de Montes.
Miguel Quintas realízalle unha entrevista "en diferido" ao coordinador do grupo de teatro do IES Ribeira do Louro, Delio García. As respostas non vos han deixar indiferentes.
Isabel Cota asume o rol de reporteira e entrevista a Javier Díaz e a un grupo de alumnas que estaban a confeccionar os seus traxes de meninas para o desfile infantil de Entroido.
No apartado de Novidades Bibliochivite, Maite preséntanos algunhas obras do voso interese.
E como sobremesa deste programa nº 3, a excepcional achega de David Rodríguez quen nos explica dunha maneira clara e ilustrativa as relacións que poden existir entre obras tan distantes en canto ao xénero e ao estilo musical como poden ser Greensleeves, "Torero" de Chayane ou "Hijo de la Luna" de Mecano.
Un programa para non perderdes!!!
Para escoitalo premede na seguinte LIGAZÓN
15 de feb. de 2020
RADIOCHIVITE EMITE O SEU SEGUNDO PROGRAMA
Hoxe publicouse o segundo programa de RadioChivite.
Para escoitar este marabilloso programa premede na seguinte LIGAZÓN



