Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
31 de maio de 2021
A XUBILACIÓN ACTIVA DO MEU AVÓ
AS AVOAS ACTIVAS DO RURAL
CIENCIA NA CASA: DISECCIÓN DO APARATO RESPIRATORIO DUN PORCO
30 de maio de 2021
APROVEITAMENTO FORESTAL: PRESENTE E PASADO.
O
alumnado de 4º ESO, que cursa Bioloxía e Xeoloxía, gravou audios en grupos de
tres, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, comparando os recursos que obtiñan do monte os nosos avós, cos que
aproveitamos nós. A agricultura e a gandaría tradicionais estaban
interconectadas e en equilibrio co monte.O monte reportaba máis beneficios e a
súa explotación era máis sostible.
INCENDIOS NA COMARCA: CAUSAS, CONSECUENCIAS E SOLUCIÓNS
VOLCÁNS DE AUGA: OS GÉYSERES
Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A.
Un géyser é un
tipo especial de fonte termal que emite periodicamente unha columna de auga
quente e vapor ao aire.
O famoso Géyser de
Islandia é o que deu o nome común de géyser
a estas fontes termais. Outro famoso géyser,
o Strokkur, pódese ver expulsando
chorros de auga quente cada 14 minutos e dunha gran altura.
A formación de géyseres
require unha hidroxeoloxía favorable que existe só nalgunhas partes do planeta,
polo que son un fenómeno bastante estraño. Existen preto de 1000 ao redor do
planeta, dos cales case a metade están situados no parque nacional de Yellowstone, Estados Unidos.
A actividade dos
géyseres causada polo contacto entre a auga superficial e rocas quentadas
polo magma situado subterraneamente. A
auga quentada xeotermicamente regresa á
superficie por convección a través de
rocas fracturadas.
CONSERVAS TERRA DE BARONCELI
Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A
Terra
de Baronceli é un complexo gastronómico natural , tenda e fábrica de conservas
situado en Vilaza, no Val de Monterrei.
Cultivan
practicamente todo o que producen e cando precisan máis produtos ,mercan
froitos seleccionados a pequenos agricultores , polo que a súa produción
garante a máis alta calidade nas materias primas, libre de sementes
transxénicas, pesticidas e metáis pesados . Para a elaboración das súas
conservas, escollen e lavan a man froito a froito.
A
empresa comercializa diferentes tipos de marmeladas, patés, fritadas e salsas,
elaborados con produtos procedentes de agricultura orgánica.
No
envasado non se emprega ningún tipo de aditivo químico nin conservantes
artificais. Unhas gotiñas de limón, recén espremido, e unha coidada
esterilización garanten todo o sabor e a completa seguridade do produto que
chega as súas mans.
A
empresa potencia a economía local, respectando o medio ambiente e as tradicións
dos núcleos rurais de Galicia, resucitando formas ancestrais da nosa cultura
culinaria.
28 de maio de 2021
ALUMNADO DE 2º BAC PUXO EN VALOR O MONTE COA TÉCNICA "ELEVATOR PICH"
Os alumnos e as alumnas de 2º BAC, que cursan "Imaxe e Son", realizaron catro vídeos empregando a técnica publicitaria "Elevator Pitch" para por en valor o monte galego (o seu patrimonio, a súa riqueza, a súa conservación, a flora, a fauna, os seus produtos, a vida no rural, as nosas aldeas, etc.),
Podedes velos premendo nas seguintes ligazóns:
DESPEDIDA RADIO CHIVITE 2020-2021
26 de maio de 2021
DERRADEIRO PROGRAMA DE RADIO CHIVITE DO CURSO 2020/2021
* Novas chivitianas: con Paula Gago e David Salgado (4º ESO)
- Inclúe "Novas científicas" e "Co selo galego", con Uxía Pérez e Diana Calvo (1º ESO)
- O alumnado de 3º de ESO cantando "Os nosos maios".
- Podcast sobre Xela Arias gravados por alumnado de 1º e 2º ciclo da ESO e Bacharelato.
- O "Grandola vila morena", interpretado polo alumnado de portugués da profesora Inma Campos.
- A canción "Mil estrelas" do musical La la land, interpretado polo coro de profes do Chivite.
* As nosas dúbidas: Xabi Alonso (1º BAC) entrevista ao director do noso centro César Sánchez.
* Adiviña quen é: con Carla Rosas e Sara Xing Moredo (1º BAC)
* Entrevistas:
César Sánchez entrevista a Manuel Añel, Fátima El Mouahid, Oumaima Fathallaah e Miguel Quintas, alumnado de 2º BAC sobre as súas sensacións ao rematar esta etapa no centro e o que este representou para eles.
David Salgado entrevista a Adrián González Salgueiro, antigo alumno, estudante do derradeiro curso do Grao en Historia da Arte, e fotógrafo.
Paula Gago entrevista a Guadi Galego, música multipremiada de grande traxectoria e relevancia na música galega contemporánea.
*Bibliochivite: Escoitaremos aos gañadores do concurso de microrelatos da biblioteca e o Podcast que o alumnado de 1º e 2º de ESO realizou como homenaxe a Xela Arias co gallo do Día das Letras Galegas.
25 de maio de 2021
"OS CONTAMINANTES QUE NOS RODEAN", PROXECTO FINALISTA DE OLLOBOI 2021.
24 de maio de 2021
A TORTA DE SANTIAGO
Redacción e audio: Nuria Barreira, 1ºESO
A torta de Santiago é unha torta tradicional da cociña
galega con indicación xeográfica protexida.
Actualmente pódense comprar en case todas as pastelerías
das zonas polas que pasa o Camiño de Santiago e en toda a Comunidade Autónoma
de Galicia, especialmente durante o mes de xullo e a primeira semana de agosto.
Os seus principais ingredientes son améndoas, azucre,
ovos e laranxa.
23 de maio de 2021
CASTAÑAS NAICIÑA
Redacción e audio: Uxía Pérez, 1º ESO.
Realizan os seus produtos con castañas que proveñen directamente dos soutos galegos e son coidadosamente seleccionadas para garantir a súa calidade e as súas características naturais. Empregan maquinaria de última tecnoloxía pero sempre respectando as fórmulas, métodos e calidade tradicionais, sen introducir colorantes, nin conservantes artificiais nos seus produtos. A empresa comercializa desde castañas secas ata purés, cremas ou fariña deste produto.Nestes anos, “Castañas Naiciña, prosperou ata situarse nos primeiros postos do mercado internacional do sector e na actualidade está presente en toda Europa, EE.UU, Latinoamérica , Xapón e Oriente Medio.
COÑECES A TORTILLA DE BOGÓNS, PIÓNS E PIARDAS?
Redacción e audio: Diana Calvo, 1º ESO.
Segundo di a xente maior, era moi tradicional no sur da Costa da Morte e mesmo na Ría de Vigo e na Ría de Pontevedra.
17 de maio de 2021
ILUSTRANDO OS POEMAS DE XELA ARIAS
COPLAS EN DEFENSA DA LIMPEZA E COIDADO DO MONTE
Somos os nenos do Chivite
e vimos cantar os Maios
xa é o tempo, son os Maios
e deste xeito comezamos
Nos montes de Verín
hai moito lixo no chan
e se os montes queremos coidar
o lixo non debemos tirar.
Se no monte ves un toxo
estás no alto do Foxo
e se tiras unha máscara ao chan
has de recollela por porcallán.
O noso monte aposto
temos que coidar
e para velo fermosos sempre
non o debemos estragar
Nos arredores de Verín
un monte tes que ver sen fin
o monte tes que coidar
sen máscaras debe quedar
Vexo as árbores moverse
nos montes da Galiza
vexo as flores belas
que son as súas acuarelas
Desexamos no Chivite
coidar o noso bosque
rimamos polo monte
O POLBO Á GALEGA
Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO.
Cando falamos de Polbo á Galega estamos a falar de
Galicia, a nosa comunidade autónoma.
Pouco tardou en chegar ás feiras de Galicia este modo de preparar o polbo. Con máis de cento cincuenta anos de tradición culinaria ás súas costas. Para acompañalo engadíase unha pataca fervida. É nese último detalle onde reside a diferenza entre o polbo á galega e o polbo a feira.
Así que, cando degustas un bo prato de Polbo á galega estás a saborear anos de tradición culinaria que se transmite de xeración en xeración.
PURES E CREMAS GALIFRESH
Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.
Galifresh é unha empresa
viguesa especializada en purés de froitas e cremas de verduras que acadou o
selo de Galicia Calidade, co cal
certifica tanto a orixe galega dos seus produtos coma da excelente materia
prima coa que están elaborados.
A empresa ten como obxectivo
satisfacer as necesidades dos distintos mercados dunha maneira san e
equilibrada, facendo uso de ingredientes 100% naturais procedentes das mellores
hortas, sen aditivos, conservantes nin colorantes e sen azucres engadidos,
garantindo sempre a máxima calidade e seguridade alimentaria.
Os purés están elaborados con
froita de alta calidade, seleccionada no seu punto óptimo de madurez e que é
transformada mediante un proceso innovador que mantén intacto todo o seu sabor
e textura. As cremas e sopas de verduras son feitas, así mesmo, cos mellores
vexetais e cun toque de aceite extra virxe, posuindo ademais un baixo contido
en sal e graxas saturadas.
A empresa ten outro valor
engadido, xa que está comprometida socialmente e fomenta a integración e inserción laboral de
determinados colectivos contando con
máis do 80% do seu persoal con capacidades especiais, altamente formado.
13 de maio de 2021
"PODCAST" DE HOMENAXE A XELA ARIAS
9 de maio de 2021
COMO CAMBIAN DE COR OS CAMALEÓNS?
Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO.
Os camaleóns cambian de cor grazas a unha
batería de pigmentos que conteñen nunhas células especiais chamadas cromatóforos.
Están situadas na parte externa da pel dos camaleóns distribuídas en tres
capas.
A parte superior contén os pigmentos
vermellos e amarelos. A capa intermedia aloxa os pigmentos de cor branca e
azul. E a capa máis profunda contén os pigmentos escuros.
Os cromatóforos distribúen os pigmentos no
seu interior, de tal maneira que se vexan máis ou menos segundo o estado de
ánimo do animal.
IOGURES KALEKOI
Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A
Kalekoi é un obradoiro de
iogur artesanal ubicado en Bergazos, no concello de Lalín (Pontevedra) e que só
emprega leite recollida diariamente, na súa propia gandaría familiar. O seu
nome ven dun topónimo de Galicia co que se coñecía ao Noroeste da Península
Ibérica na época dos celtas. e levan con orgullo o compromiso coa terra e o
valor do noso.
Grazas ao benestar e a alimentación do seu
gando conséguese un leite con proteína A2, que resulta mellor para a dixestión
e máis beneficioso para a saúde e co que ademáis, se elaboran uns produtos de
sabor auténtico e natural.
Os iogures Kalekoi elabóranse
a partir dunha receita herdada dos seus avós , e que levan só o que debería
levar un iogur natural: leite sen desnatar pasteurizado e fermentos lácticos.
Sen engadidos de nata nen leite en po e despois dunha coidada fermentación ,
conseguen un iogur cremoso no padal e de sabor moi suave.
Para adaptarse á demanda,
ademáis da gama clásica de iogures, elaboran outros máis innovadores , cos que
pretenden sorprender aos consumidores e que van dende os iogures con froita de
tempada, procedente de produtores galegos ata outros con sabores tan singulares coma o de xelea de gin tónic, o
de champaña ou o de cocido de Lalín.
7 de maio de 2021
COPLAS DOS MAIOS 2021 CANTADAS POLO ALUMNADO DE 3º ESO
3 de maio de 2021
AS PEDRAS NAVEGANTES
Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A.
As pedras navegantes, tamén coñecidas como pedras
móbiles, son un fenómeno xeolóxico polo cal as rochas se moven, sen
intervención humana ou animal, e deixan longas trazas.
A razón máis lóxica que encontran os expertos é que son movidas
polo campo magnético que posúe a Terra, pero non está cen por cen confirmado.
As pedras móvense só cada dous ou tres anos e a maioría
das súas pegadas consérvanse durante tres ou catro anos.
1 de maio de 2021
ENTREVISTA DE ANA GAGO A SÚA AVOA SOBRE A EVOLUCIÓN DO TELÉFONO
ACEITE EMBRUXO
Redacción e audio: Uxía Díaz Pérez
Embruxo é unha empresa galega,
que nace en Pontevedra, co obxectivo de recuperar a tradición oliveira de
Galicia, crear valor e riqueza nos nosos campos e atopar alternativas ao mundo
rural.
Con este fin, elaboran un
aceite fresco e natural, de extracción en frío e sen filtrar, que a diferenza doutros
aceites do mercado non se mestura con auga, polo que permanecen inalterables
tódalas súas cualidades nutricionais, ao mesmo tempo que conserva todo o sabor e aroma.
En Aceites Embruxo implícanse
en todo o proceso de produción, razón pola que teñen en marcha, diferentes
proxectos de plantación de oliveiras en distintas zonas de Galicia, tentando
diversificar o aproveitamento forestal e xerar emprego e actividade económica
no sector primario.
O seu sabor lémbranos a herba,
a froita fresca cun toque de améndoa que o fai único e que non ten acidez nin
amargura.
O
aceite Embruxo é o zume máis auténtico que se pode atopar e co maior número de
polifenoles e vitamina E. Un produto que seduce, inspira e enmeiga a todos
aqueles que o proban.