30 de abr. de 2021

MAIOS SOLIDARIOS 2021

 

O alumnado de 3º ESO do noso centro participou na elaboración das coplas solidarias do Concello de Verín, xunto a outros nove colectivos.
O obxectivo deste ano é recadar fondos para o programa de atención as necesidades básicas de persoas da comarca de Verín do C.D.R. Portas Abertas. Para este fin concreto , o Concello de Verín doará a cantidade orzamentada para a Festa dos Maios 2021. Ademais, as persoas que lean as coplas, poden colaborar facendo doazóns ao número de conta, que aparece na portada.
Podedes acceder as mesmas, premendo nesta LIGAZÓN

AS AVOAS ACTIVAS DO RURAL

Marta Rato e Aroa Teixeira, alumnas de 4º ESO do IES Xesús Taboada Chivite, contan neste vídeo, o activas que son as súas avoas no rural, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

29 de abr. de 2021

"O XOGO DA GUERRA" DE CARLOS CASARES, REPRESENTADO POLO ALUMNADO DE 3ºPMAR

Os alumnos de 3° de PMAR fixeron con Lucía Díaz Nicolino, antiga alumna do centro e profesora en prácticas do mestrado de Secundaria, a representación do relato: O Xogo da Guerra de Carlos Casares.
Agardamos que vos guste!

28 de abr. de 2021

ADRIÁN GONZÁLEZ, UN EXALUMNO FOTÓGRAFO

Adrián González está a piques de rematar o seu grao en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e compaxina os seus estudos co seu traballo artístico no eido da fotografía. Ten xa participado en numerosas exposicións e actualmente podemos ver obra súa na galería de arte Solaina, en Lugo. Será entrevistado no derradeiro programa de RadioChivite deste curso.

LUCÍA DÍAZ NICOLINO, UNHA EXALUMNA QUE DEIXOU PEGADA NO CENTRO


Tivemos a sorte de entrevistar en RadioChivite, no programa número 10, a Lucía Díaz Nicolino, unha alumna que deixou pegada no Chivite e que está de novo connosco, facendo prácticas para, oxalá nun futuro non moi afastado, converterse en profesora de Lingua e Literatura Galega no noso centro, nunha profesora que seguro que vai namorar o seu alumnado, pola súa valía e humanidade.
Falamos con Lucía, entre outros temas, do seu artigo "A fronteira galego portuguesa. Actitudes e percepcións lingüísticas", que foi recentemente publicado nos CADERNOS DE LINGUA da Real Academia Galega, no seu número 38, mais tamén do seu paso como alumna, e agora como profesora en prácticas, polo noso centro.

27 de abr. de 2021

RADIO CHIVITE PROGRAMA 10


Décimo programa da radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de abril, que conta coas seguintes seccións:

* Novas chivitianas: con Paula Gago e David Salgado (4º ESO)

- Inclúe "Novas científicas", con Martina dos Santos e Diana Calvo (1º ESO)

* As nosas dúbidas: Xabi Alonso (1º BAC) interpreta "Estrelas" do musical Los miserables e entrevista ao profesor de música e director dos musicais do noso centro David Rodríguez.

* Adiviña quen é: con Carla Rosas e Sara Xing Moredo (1º BAC)

* Entrevistas: Paula Gago entrevista a Lucía Díaz Nicolino, filóloga, antiga alumna do noso centro e, actualmente, profesora de lingua e literatura galega en prácticas.

*Bibliochivite: Eirín Seoane (1º BAC) entrevista a Vicente Rodríguez, responsable da Biblioteca municipal de Verín.

ENTREGA DUN AGASALLO AO ALUMNADO MÁIS PARTICIPATIVO NOS 21 DÍAS CO GALEGO E +

 

Hoxe, durante o recreo entregáronselles agasallos aos alumnos e ás alumnas que máis traballaron durante o desenvolvemento do programa dos 21 Días co Galego e máis.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE CURIOSIDADES DA ANPA "CÓNTAME MÁIS"

Hoxe tivo lugar a entrega de premios dos galardoados no concurso de curiosidades da ANPA durante o recreo, de 11:20 a 11:30.

Os premiados foron: 

- Lucía Diaz Villarino, 3º ESO B.

- Ahinoa Diéguez Rodríguez, 4º ESO A.

- Natalia Cota Dameá, 1º BAC A.

- Nerea García Barea, 1º BAC B.

- Miguel Quintas Parada, 2º BAC A.

Parabéns!

25 de abr. de 2021

DÍGOCHOEU SOBRE O MONTE!

 

Domina o léxico do monte coa axuda deste vídeo realizado por varios alumnos e alumnas de 1º ESO.

VIDEOPOEMA "DEITADO FRENTE AO MAR..." DE CELSO EMILIO FERREIRO

 

Un grupo de alumnas de 2º de bacharelato: Sheila, Celia, Adriana e Silvia representaron desta vez o poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar...", composición feita para a defensa do noso idioma.

PONTE NA SÚA PEL


Os alumnos e as alumnas do That's English modificaron as imaxes dos seus rostros cun programa de envellecemento. Despois reflexionaron, en galego e en inglés, sobre como se sentían tras observar estas modificacións. Neste fragmento podedes ver e escoitar a Iria e Inés, alumnas de That's English! e de 1º de bacharelato.

COMO PRODUCEN O MEL AS ABELLAS?

 





Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A


As abellas comezan a facer mel visitando flores. Recollen un mollo azucrado chamado  néctar da flor ao chupalo coa lingua. Almacénano no que se chama o seu estómago de mel, que é diferente do seu estómago de comida.

Cando os seus “sacos” de  néctar están cheos,  a abella voa de regreso á colmea. Alí, pásano pola boca a outras abellas obreiras que o  mastigan durante aproximadamente media hora, ata que o seu contido de humidade se  reduce.

De novo pásase de abella a abella, ata que gradualmente o  néctar convértese en mel. Daquela as abellas almacénano en celas de  panal.

Cando estes insectos  regurxitan o  néctar, crean mel.

O mel aínda está un pouco húmido, polo que o ventilan coas súas ás para que se seque e se volva máis pegañento.

Así é como as abellas fan mel. Necesítanse polo menos oito abellas para facer unha  cullerada.


POR QUE SAEN AS PENCAS?

 Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO


As pencas son pequenas manchas de cor marrón causadas polo sol; trátase dunha acumulación anormal de pigmento nun punto da derme.

O sol non é a única causa da súa aparición: o factor hereditario é sumamente importante na tendencia para desenvolver pencas na pel.

Hai que distinguir as manchas escuras das pencas. As que aparecen co sol son lentigos solares, que adoitan aparecer en zonas  sobreexpostas ao sol como a cara, o escote, as mans ou os antebrazos. Os nevus son os lunares de toda a vida, acumulacións de melanocitos con baixo nivel de  malignización.


24 de abr. de 2021

CAFÉS SABORA

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz


Cafés Sabora é unha empresa familiar, ubicada no Polígono de Montouto, preto de Santiago de Compostela (A Coruña), e que conta con máis de trinta anos de experiencia no tostado artesanal de cafés e descafeinados ecolóxicos.

O segredo deste produto é unha materia prima de primeira calidade e o tostado  e distribución diario, o que lle permite chegar ao consumidor ás poucas horas  e conservar todas as súas características. O café en grao provén de Colombia, Brasil e Uganda. O noventa por cento é arábica da mellor procedencia e o dez por cento restante,  pertence á  variedade robusta, cultivada en altura, é que está destinada aos cafés expresos.

Dende hai unha década a empresa apostou polo tostado de cafés ecolóxicos cen por cen, con tódolos selos de garantía do café orgánico, que xunto cos descafeinados á auga, permiten conservar todo o aroma e sabor nun proceso totalmente inócuo,  para o medio e para o café. Deste xeito , a empresa aposta polos valores tradicionais, conseguindo un produto de calidade e prestixio, sen renunciar ao respecto polo medio natural, tanto na produción coma no procesamento do café. 


CONVERSAS NO WHATSAPP SOBRE O MONTE VIVO

 A profesora de Bioloxía e Xeoloxía propúxolle ao alumnado de  4º ESO B que crease grupos de WhatsApp relacionados co monte.

En cada grupo debía haber un administrador e tiñan que debater sobre un tema relacionado co monte e posteriormente gravar un vídeo, que incluíse a conversa.

A continuación aparecen dous vídeos coas gravacións de dúas conversas: unha sobre os incendios e outra dunha especie en perigo de extinción, a pita de monte (Tetrao urogallus).


20 de abr. de 2021

CONCURSO DE DEBUXO ORGANIZADO POLA ANPA DO IES TABOADA CHIVITE

 

A ANPA do noso centro organiza un concurso de debuxo no que pode participar todo o alumnado do Chivite. 
Haberá tres premios de 70, 50 e 30 euros para as mellores obras.
Podedes entregar os vosos debuxos antes do día 17 de maio.
Animádevos a participar!!!

PREMIOS PARA O ALUMNADO MÁIS PARTICIPATIVO DOS 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS

 

Queremos agradecer o traballo realizado polo alumnado, que aparece nesta listaxe, durante a participación do noso centro no programa "21 Días co Galego e +", da Secretaría Xeral de Política Lingüística, cuns agasallos, que serán entregados o vindeiro martes, día 27 de abril, na Sala Dual de 11:20 a 11:30.

Parabéns!!!, e moitas grazas por contribuír a normalizar e dinamizar o uso da nosa lingua.

ÁNADES DE GALICIA

 Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A.


Ánades Galicia é unha empresa agroalimentaria galega dedicada á elaboración de produtos derivados do pato. Situada nun lugar da Galicia rural do sur da provincia de Ourense, Vilardevós.

A súa actividade comeza coa crianza das súas propias aves e termina coa entrega do produto final ao consumidor.

Pero a idea de crear esta empresa remóntase á primavera do 67. Por aqueles anos de estudante,  Silveiro aproveitaba as vacacións estivais para mellorar o seu francés no país galo, á vez que traballaba nun restaurante. Na súa carta destacaba un prato:  Foie- Gras. Esta exquisitez francesa conquistou a  Silveiro e a intención de converterse algún día en criador destas aves xa non lle abandonaría xamais.

Os principais produtos da empresa son os seguintes:

- Foie- Gras.

Confites de oca ou de pato cebado.

-  Fabas con pato.

Xamón de pato, feito pola súa peituga curada.


QUE FACER SE TE MORDE UNHA SERPE?

 Redacción e audio: Ana Gago Prieto, 1º ESO B.


Primeiro, tes que chamar rápido ao 911, 061 ou 112, xa que teñen o equipo necesario para curarte. Mentres esperas a que chegue a axuda médica, segue os seguintes pasos:

- Alónxate da serpe o máximo posible.

- Estate quedo e intenta manter a calma, así non se propagará tan rápido o veleno.

- Quita as xoias e a roupa axustada que leves, antes de que o teu corpo comece a incharse.

- Coloca, se é posible, a ferida á altura do corazón ou por debaixo.

- Limpa a ferida con auga e xabón e despois colócalle un apósito limpo e seco.

Precaucións que son moi útiles:

- Non uses torniquetes nin apliques xeo, pode ser prexudicial para a ferida.

- Non fagas cortes na ferida nin intentes extraer ti só o veleno, pode facer que te produzas máis dano.

- Non tomes cafeína nin alcohol, iso podería acelerar o proceso de absorción do veleno.

- Non trates de capturar a serpe. Memoriza a cor e a forma para podela describir; isto axudará ao equipo médico para saber que antídoto teñen que aplicarche. Se xa chamaches a emerxencias, como dixemos ao principio, e tes a posibilidade de sacarlle unha foto a serpe, sácalla, para que sexa máis fácil identificala á hora de curarte, pero sempre a unha distancia prudente.


PREMIADOS NO CONCURSO DA ANPA "CÓNTAME MÁIS"

 


O alumnado premiado no concurso de curiosidades sobre Galicia "Cóntame máis", organizado pola ANPA do noso centro, é:

Lucía Díaz Villarino, 3º ESO B:


Ainoa Diéguez Rodríguez, 4º ESO A:

Natalia Cota Dameá, 1º BAC A:



Nerea García Barea, 1º BAC B:




A entrega de premios terá lugar o vindeiro martes, 27 de abril, de 11:20 a 11:30, na Sala Dual.

Parabéns!!!!

18 de abr. de 2021

VINAGRE ALBARRO

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz.


Elaborado na aldea de Berán (Leiro) na provincia de Ourense, Albarro é o primeiro vinagre artesanal galego. Esta adega familiar quixo aproveitar un recurso infravalorado e refugado para convertelo nun produto único que xa recibiu recoñecementos internacionais.

Os vinagres que comercializa esta marca están aromatizados con distintas especias e pensados para empregalos en diferentes elaboracións culinarias. Un dos aspectos que os diferenza é que son froito dun proceso de acetificación completamente artesanal, realizado en barricas de madeira adaptadas ao método Orleans, o que lles confire unhas características especiais.

Cada vinagre macera entre 15 e 20 días coas distintas especias para conseguir aromatizarse, antes de someterse durante varios meses, a un proceso de crianza. Despois realízase un filtrado medio para evitar impurezas, o que lle permite conservar o aroma e o sabor intenso  que os caracteriza. Durante o proceso non se lle engade ningún tipo de sulfitos para estabilizar o vinagre,  de maneira que,  aínda despois de ser embotellado pode sufrir variacións o que certifica que é un produto totalmente natural.


A LINGUAXE NATURAL DAS ARAÑAS

 Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO A.


Investigadores do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) lograron desentrañar a linguaxe sonora das arañas, desenvolvendo composicións musicais a partir das vibracións xeradas polas teas de araña. Segundo os especialistas, o estudo podería sentar as bases para un novo método de comunicación entre especies, entre outras aplicacións.

As teas de araña son como cordas vibrantes: as arañas necesítanas para comunicarse e entender o mundo que as rodea. Ao non dispoñer dunha visión moi precisa, utilizan esas vibracións para establecer diálogos con outras arañas, levar adiante o cortexo ou decatarse cando unha mosca caeu nas súas redes. As cordas que compoñen as teas de araña xeran vibracións con diversas frecuencias e sons.


15 de abr. de 2021

Coñecemos o impacto ambiental do que comemos?

 


Esta é a pregunta coa que comezou a interesante charla impartida o día 9 de abril por María Jesús Sainz Osés, profesora do departamento de Produción Vexetal na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo e a que tivo oportunidade de asistir o alumnado de 4 de ESO.


O IMÁN NATURAL DOS LÓSTREGOS

 Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A

O motivo polo cal as árbores atraen os raios débese á forma das árbores. Non só as árbores atraen os raios, senón calquera obxecto puntiagudo que destaque sobre a paisaxe. Isto débese a que a electricidade buscará sempre o camiño máis fácil para chegar ao chan. Deste xeito, cando un raio se dirixe desde unha nube ao chan, o camiño da descarga do raio buscará sempre o camiño que actúe como mellor condutor posible. Debido a que os obxectos  puntiagudos e elevados sobre o terreo ofrecen un mellor camiño para a descarga eléctrica, os raios diríxense cara a eles antes que continuar o seu descenso en dirección ao chan a través do aire.

Por iso os expertos sempre din e sobre todo recomendan que cando haxa unha tormenta nunca nos poñamos debaixo dunha árbore.


Ao longo da última semana, en Galicia xa houbo casos de xente resgardándose debaixo das árbores pola tormenta que houbo fai poucos días.

LÉXICO ÁRABE

Sabías que hai moitas palabra de orixe árabe no galego? Enfróntate ao reto proposto pola profesora de Lingua Galega, Rosa Alonso premendo nesta LIGAZÓN

ATOPA A PALABRA RELACIONADA CO MUNDO XITANO!



Enfróntate a este reto proposto pola profesora de Lingua Galega, Rosa Alonso, premendo nesta LIGAZÓN

11 de abr. de 2021

CHOCOLATE ESSENZO

 Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO


O chocolate Essenzo é made in Galicia, faise a man nun pequeno local na Coruña e resúmese en dous ingredientes (cacao e azucre) de catro orixes (Perú, Madagascar, Nicaragua e Ecuador). A alma desta doce proposta é o coruñés Guillermo  Villafañez, un emprendedor de 28 anos amante deste produto que decidiu probar sorte coa súa propia marca apostando polo denominado "bean to bar", é dicir, a elaboración cun proceso artesán desde o gran de cacao en pequenos lotes.
A idea xurdiu en 2018 cando traballaba nunha axencia de márketing dixital en Barcelona con grandes empresas de alimentación, en cuxo comportamento vía que primaban máis as campañas de publicidade e márketing que o produto, que adoitaba pasar a un segundo plano. "Sempre me gustou o chocolate e adoitaba comprar os de alta porcentaxe en cacao e de aí xurdiu  Essenzo", explica, unha iniciativa á que lle deu un empurrón un "coworking" organizado polo Instituto  Galego de Promoción Económica (Igape) en 2019 e que hoxe en día é toda unha realidade.

COMO LIMPAR O LIXO ESPACIAL?

 Redacción: Martina Dosantos Tierno, 1ºESO


Dende 1957 , co lanzamento de Sputnik, o lixo espacial non fai máis que aumentar. A tecnoloxía espacial abriu un campo infinito de posibilidades, os miles de satélites que hoxe orbitan á Terra corren o risco de converter o espazo exterior  nun vertedoiro.
ClearSpace 1, un proxecto tecnolóxico de limpeza espacial, que consiste en lanzar  un vehículo con varios brazos mecánicos, que recollen as pezas de  chatarra espacial, posteriormente descende coa  peza e  desintégrase debido a fricción da  atmosfera.
Esta proposta asume bastantes riscos, como que estos fragmentos poderían tamén impactar con outros  satélites fóra de servizo, ou con outros fragmentos máis  pequenos o que formaría máis lixo. A este fenómeno chámaselle efecto Kessler.
Séguese a investigar e a traballar en máis proxectos para solventar este gran problema do lixo espacial.

10 de abr. de 2021

VIDEOCONFERENCIA SOBRE XELA ARIAS, POETA E EDITORA Á QUE SE LLE ADICA ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O día 7 de abril, o alumnado de primeiro de bacharelato tivo a oportunidade de escoitar a conferencia “Xela Arias, o mundo escríbese con X”, a cargo de Víctor Freixanes, Presidente da Real Academia Galega e de Montse Pena Presas, profesora da USC e biógrafa de Xela Arias.

Grazas a Biblioteca Pública Municipal de Verín por ofrecernos a posibilidade de participar.

PATACAS FRITIDAS "A CASA VELLA"

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A


A casa vella é unha empresa galega que trasladou, por motivos operativos,  a súa fábrica desde Fene (A Coruña) ata o concello ourensán de Xinzo da Limia, de onde proceden a totalidade das patacas que utilizan.

Colleitadas no seu momento óptimo e conservadas nun ambiente fresco, seco e protexidas do sol, fai que a pataca, o seu principal ingrediente, teña a máis alta calidade e  a textura crocante que procuran. Seguindo o modelo tradicional  son fritidas na tixola, nunha mestura de aceite de oliva virxe extra da variedade picual e hojiblanca, que resulta excelente pola súa condición en ácidos graxos e oxidantes naturais que lle aportan o grao de suavidade, frescura e acidez que as diferenza. Ademáis destes ingredientes, o sal do Val de Añana,  moi apreciado na alta cociña pola súa pureza, libre de microplásticos e metais, fai das patacas fritidas “A casa vella” un produto excepcional.

As patacas están envasadas en bolsas cunha atmosfera protectora, composta por tres capas, que as manteñen como se estiveran feitas no mesmo día e que chaman a atención polo seu deseño,  creado a partir de fotos antigas reais, que nos fan evocar tempos pasados e lembranzas da infancia.

8 de abr. de 2021

VIDEOPOEMA "IRMAUS", CELSO EMILIO FERREIRO

 

Videopoema "Irmaus", de Celso Emilio Ferreiro, realizado por Alba Chantrero, Pablo Fernández, Brais González, Noa Lombao, Uxía Martínez e Jorge Valle, alumnado que cursa a materia de Literatura Galega do Século XX e da actualidade

VIDEOPOEMA "MORAIMA", CELSO EMILIO FERREIRO

 

Videopoema "Moraima", de Celso Emilio Ferreiro realizado por María Pérez, Lorena Rodríguez, Lucía Rodríguez, Raúl Cabido, Fernando Gallego e Fran Pérez, alumnado de 2º de bacharelato, que cursan a materia de Literatura Galega do Século XX e da actualidade.

7 de abr. de 2021

LONGA NOITE DE PEDRA, CELSO EMILIO FERREIRO

 

Videopoema realizado por Helena Rivero, Manuel Quintas, Daniel González, María Palomares, Sheila Alves e Diego Sabariz, alumnado de Literatura Galega do Século XX e da actualidade.

6 de abr. de 2021

VIDEOPOEMA "LETANÍA DE GALICIA", UXÍO NOVONEYRA


Alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato quixeron escenificar poemas coñecidos da literatura galega do período do século XX, porque para impregnarse cos versos dun poeta non fai falla lelos acochados no silencio, pois a través de xestos, imaxes ou obxectos podemos chegar á cerna da poesía. Cheguemos, xa que logo, tamén nós, e guiados da man destes precoces artistas!!!! Parabéns!!!!!!!!!!
Ao longo desta semana iremos publicando todos os traballos realizados. Comezamos con este  espectacular videopoema no que  Marina García, Claudia Álvarez, Claudia Martínez, Judith García, Uxía Estévez e Dalia Díaz interpretan e recitan o poema "Letanía de Galicia" de Uxío Noveneyra.