Onte 30 de outubro, ás 16:40, púxose en marcha o "PROGRAMA TEI" (Titoría Entre Iguais) co acto de presentación das parellas alumno/a titor-alumno/a titorizado.
Este programa está deseñado como unha medida preventiva contra a violencia e o acoso escolar. Os/as alumnos/as de terceiro curso de secundaria titorizarán aos de primeiro.
Previamente tiveron lugar varias sesións informativas para o alumnado titorizado, o alumnado titor e as familias. Nestas sesións explicáronse as características do programa, os obxectivos, o procedemento de intervención e o calendario de actividades.
Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
31 de out. de 2017
29 de out. de 2017
A TECEDORA DE SOÑOS NA VIII EDICIÓN DO FESTIVAL DE TEATRO ENTRE CULTURAS
O pasado venres 27 de outubro, ás 20:30, tivemos ocasión de ver actuar o grupo de teatro do noso instituto, A Tecedora de Soños, no Auditorio de Verín, dentro da oitava edición do Festival de Teatro ENTRE CULTURAS organizado por La Caja de Pandora.
Ademais dunha adaptación moi orixinal da LISÍSTRATA de Aristófanes, realizada polos profesores de Latín e Grego (Sonia Sanz e Daniel García), o grupo dirixido por Elisa Vilela e Sonia Sanz interpretou en galego catro cadros de Alonso de Santos: UNHA CUESTIÓN DE HONOR, SINCERIDADE, CARTA DE AMOR A SARA E UN BOCADILLO DE MIÚDOS.
A interpretación de todo o elenco foi excelente e moi aplaudida polo numeroso público asistente.
Esta foi a derradeira actuación de parte do alumnado coa Tecedora de Soños, dado que algúns actores e actrices están en 2º de Bacharelato e ese duro curso académico non lles vai permitir seguir cos ensaios, e outros comezan o seu primeiro curso universitario. Botarémolos moito de menos, mais sabemos que o teatro sempre seguirá con eles.
Longa vida ó teatro!!!!!!!!
28 de out. de 2017
NON É SERIO ESTE CEMITERIO
"E os mortos aquí pasámolo moi beeen..."
Por Samaín uns cantos defuntos saíron das súas tumbas e viñeron bailar....ó patio do Chivite!!!!!!
Premede no enlace para ver un cemiterio pouco serio:
https://vimeo.com/239873355
Os mortos son: Alfonso Seoane, Toni Porto, Ana Salgado, Elia Dopeso, Aarón Vaamonte, Noelia Morais e Alicia Paz.
Maquillaxe: Iria Vieito e Esther Santiago.
Gravación: Daniel García e Esther Santiago
Coreografía: Iria Otero.
Voces: Alumnos de Música de 4º ESO.
Piano: David Rodríguez.
Tradución ao galego: Isabel Cota.
25 de out. de 2017
O CONXURO DAS MEIGAS DO CHIVITE
Xa está preto o Samaín... e algo anda a se axitar no ar... Serán as meigas a cabalo das súas vasoiras creando brisas noxentas? Serán os espíritos dos amigos que están fóra?
Non vos perdades o vídeo CONXURO, creado por tres alumnas de 2º BAC: Sara Guerra, Xiana González e Saioa Zozaya, xunto co profesor, Daniel García Cancio, para celebrar esta importante festa de fin do verán, que dito sexa de paso, case non da rematado!!!
Para visualizar o vídeo premede AQUÍ
E sobre todo... non vos esquezades de celebrar o Samaín como se merece!!!
Non vos perdades o vídeo CONXURO, creado por tres alumnas de 2º BAC: Sara Guerra, Xiana González e Saioa Zozaya, xunto co profesor, Daniel García Cancio, para celebrar esta importante festa de fin do verán, que dito sexa de paso, case non da rematado!!!
E sobre todo... non vos esquezades de celebrar o Samaín como se merece!!!
23 de out. de 2017
CONCURSO DE COREOGRAFÍAS DE THRILLER EN GALEGO
ATENCIÓN alumnado do IES Taboada Chivite!!!!!
A vindeira semana é SAMAÍN e para celebralo faremos un concurso de coreografías....A ver quen fai a mellor versión de THRILLER, de Michael Jackson!!!!
Tedes que facer e gravar en vídeo unha coreo de dous minutos de duración empregando o audio do vídeo que acompaña este texto, que é unha tradución ó galego, dun fragmento da canción de Michael Jackson, realizada pola profesora Isabel Cota.
Os vídeos enviaranse a: ofiadeirodalingua@gmail.com.
A data límite de envío é o venres 10 de novembro.
Á hora de escoller o gañador, terase en conta:
A calidade da coreografía
A sincronización
A caracterización
A montaxe do vídeo
A vindeira semana é SAMAÍN e para celebralo faremos un concurso de coreografías....A ver quen fai a mellor versión de THRILLER, de Michael Jackson!!!!
Tedes que facer e gravar en vídeo unha coreo de dous minutos de duración empregando o audio do vídeo que acompaña este texto, que é unha tradución ó galego, dun fragmento da canción de Michael Jackson, realizada pola profesora Isabel Cota.
Os vídeos enviaranse a: ofiadeirodalingua@gmail.com.
A data límite de envío é o venres 10 de novembro.
Á hora de escoller o gañador, terase en conta:
A calidade da coreografía
A sincronización
A caracterización
A montaxe do vídeo
19 de out. de 2017
MANIFESTO DO ALUMNADO DO CHIVITE EN REXEITAMENTO DOS INCENDIOS FORESTAIS
Hoxe 19 de
outubro ás 11:20 da mañá, numerosos alumnos de todos os cursos concentrámonos na
entrada do IES Xesús Taboada Chivite. Ademais dun minuto de silencio en nome
das vítimas, quixemos facerlles unha homenaxe, mediante a palabra.
Cun motivo, unha razón. Un manifesto, por unha causa:
O total rexeitamento aos incendios forestais.
Aquí está, a continuación o discurso lido:
Cun motivo, unha razón. Un manifesto, por unha causa:
O total rexeitamento aos incendios forestais.
Aquí está, a continuación o discurso lido:
MANIFESTO EN REXEITAMENTO DOS
INCENDIOS FORESTAIS
Nas últimas semanas, como todos sabemos, as nosas vidas estiveron en
xogo.
Non somos quen de asimilar, o
prezo que moitas familias están a pagar agora mesmo, nestre intre, e posiblemente
mentres pronuncio estas palabras, un pai, unha nai, un avo… ou unha nena, están
chorando de rabia e impotencia porque nada queda… daquelo que chamaban fogar.
E se fosemos nós? E se estivesemos
na súa pel? Onde está agora a Galiza verde que tanto nos enche o corazón?
216 incendios rexistrados, catro vítimas mortais xunto cunha trintena no
país veciño, Portugal, que por suposto está terriblemente afectado. Isto non é
un problema de España e para España, isto é un suceso enfermizo que se está a
espallar á velocidade da luz, e moitos ignoramos as consecuencias que poden
conlevar, e o que é peor, AS CAUSAS. Causas que por moito que nos enfade
admitilo, residen na errónea política actual.
DEBEMOS POR EN MANIFESTO OS NOSOS DEREITOS, EN ESENCIAL, O NOSO MAIOR
DEREITO, A VIDA.
Este dereito estase vendo quebrado, non só polos coñecidos ‘’incendiarios’’
senón por unha serie de intereses moi claros no ámbito estatal, que poden
desatar sucesos como os ocorridos nas últimas horas.
SE O POBO FALA, debe ser escoitado. SE O POBO PIDE AXUDA, debe ser
axudado. Non témo-los medios suficientes para combatir estas adversidades, e ao
igual que nós temos dereitos, os gobernantes teñen DEBERES, deberes que á súa
vez deberían ser inamovibles. A nosa terra, está sendo asasinada, e non
queremos ver onde reside realmente o problema. Só unidos podemos cambialo. Informádevos. Cómpre facelo.
Esther Santiago Casares 2º Bach B
A DERRADEIRA REPRESENTACIÓN DO MUSICAL GREASE
Verín tivo o pasado venres trece unha cita ca música, o teatro e o baile. Grease, o musical que representamos este ano con ilusión alumnos e profesores do IES Xesús Taboada Chivite, despediuse dos escenarios nunha emotiva derradeira actuación que non deixou indiferente a ninguén.
Despois de meses
e meses de ensaios, vimos reflectido o resultado final no escenario do
auditorio de Verín ca tristeza característica que embaza todos os finais. Os
aplausos da xente foron unha das moitas mostras de que todo o noso traballo
mereceu a pena, de que a suor estaba recompensada e de que ningún de nós ía
esquecer endexamais aquel momento.
Esa noite
pechamos unha porta nos nosos corazóns, porque Grease foi moito máis que un musical ou un traballo extraescolar. Grease foi facer amigos, compartir
experiencias, rir con xente que non coñecías, bailar con amigos e inimigos,
viaxar no tempo ata os anos 50 e meterte na pel dalgúns dos protagonistas ata
sentir que non somos tan diferentes.
Grease foi un antes e un despois. Para algúns o primeiro e para outros o último,
pero para todos unha pegada que vai quedar sempre no noso interior e proba diso
foron as bágoas que se derramaron ao saber que era un adeus a Danny e Sandy.
Foi un adeus, si,
pero foi un adeus espectacular. Bailamos ata que nos doeron os pés, cantamos
ata quedar sen voz e actuamos ata mesturarnos cos nosos personaxes. Fixémolo o
mellor posible, porque queriamos que todos aqueles que puxeron un pouco de si
mesmos neste musical estivesen tan orgullosos coma nós de ser parte desta
marabilla.
Sara
Guerra Sandoval
18 de out. de 2017
"GALIZA EN CHAMAS": ARTIGO DE ALBERTE BLANCO
Queremos compartir o interesante artigo "Galiza en chamas", publicado polo noso compañeiro Alberte Blanco (profesor de Tecnoloxía no IES Taboada Chivite) en:
Para lelo preme na seguinte LIGAZÓN
Para lelo preme na seguinte LIGAZÓN
17 de out. de 2017
POEMA IMAXINISTA 4º ESO B "QUEIMAN GALICIA!"
A raíz dos tráxicos incendios acontecidos na Galiza, o alumnado de 4º ESO B quixemos reflectir o deplorable estado no que queda a paisaxe unha vez queimada. Foi por ese motivo que, a grande grupo, creamos un poema imaxinista, aproveitando tamén que estabamos abordando a vangarda imaxinista nestas datas.
Queiman Galicia!
As flores non rin,
a terra está triste
o vento non fala,
as follas non bailan
as nubes choran
o sol está de loito
e as pedras vístense de negro.
Queiman Galicia!
As flores non rin,
a terra está triste
o vento non fala,
as follas non bailan
as nubes choran
o sol está de loito
e as pedras vístense de negro.
10 de out. de 2017
I CERTAME RELATO BREVE ANPA
Convócase o I certame de relato breve patrocionado pola ANPA do IES Xesús Taboada Chivite de Verín.
Temática: libre.
Podedes participar todos os alumnos do centro.
Os relatos teñen que estar escritos en lingua galega.
Haberá tres premios con dotación económica:
- Un primeiro premio con 70 euros.
- Un segundo premio con 50 euros.
- Un terceiro premio con 30 euros.
Os relatos terán unha extensión máxima de 1 DIM-A4 polas dúas caras escritas a bolígrafo, sen asinar para garantir o anonimato. Serán entregados no despacho de vicedirección dentro dun sobre grande.
Os datos persoais de cada participante figurarán dentro do sobre grande, nun sobre pequeno.
O xurado estará composto por profesores e o departamento de Galego deste centro.
O prazo máximo de entrega será ata o 31 de outubro de 2017.
Temática: libre.
Podedes participar todos os alumnos do centro.
Os relatos teñen que estar escritos en lingua galega.
Haberá tres premios con dotación económica:
- Un primeiro premio con 70 euros.
- Un segundo premio con 50 euros.
- Un terceiro premio con 30 euros.
Os relatos terán unha extensión máxima de 1 DIM-A4 polas dúas caras escritas a bolígrafo, sen asinar para garantir o anonimato. Serán entregados no despacho de vicedirección dentro dun sobre grande.
Os datos persoais de cada participante figurarán dentro do sobre grande, nun sobre pequeno.
O xurado estará composto por profesores e o departamento de Galego deste centro.
O prazo máximo de entrega será ata o 31 de outubro de 2017.
RESEÑA "MUSICAL GREASE EN OURENSE"
O día 2 de outubro para nós foi algo moi especial, xa que ``Grease´´ é o noso primeiro musical e representámolo no Auditorio Municipal de Ourense.
Quedamos en reunirnos todos ás 6:45h, para coller o autobús, pero non saímos ata minutos máis tarde.
Cando chegamos alí eran as 7:45h e o primeiro que fixemos foi dirixirnos aos camerinos e colocar o decorado no escenario.
Vestímonos para poder ensaiar algo antes de actuar. Máis tarde comezaron a tomar asento os rapaces e rapazas dos outros institutos.
A función empezou, e todos estabamos moi nerviosos. Escena tras escena o musical representouse e a pesar de que o público non foi o mellor que tivemos, a ovación que recibimos, pagou a pena todos os esforzos durante o curso.
Cando rematou o espectáculo, recollemos todo e encamiñámonos cara o centro comercial para comer, comprar e lecer ata as 16.30h, que foi cando o autobús nos pasou a recoller para realizar a viaxe de volta a Verín.
Temos claro que participaremos no seguinte musical, xa que foi unha experiencia inolvidable.
María Pérez e Laura Seoane, 3º ESO A.
9 de out. de 2017
CONCURSO RELATOS SAMAÍN 2017
Samaín está a piques de chegar!
A Biblioteca do IES Xesús Taboada Chivite organiza un concurso de relatos de terror...
Anímate a participar e fainos tremer de medo. Ponte a escribir xa!!!
A Biblioteca do IES Xesús Taboada Chivite organiza un concurso de relatos de terror...
Anímate a participar e fainos tremer de medo. Ponte a escribir xa!!!
7 de out. de 2017
BLOG LAURA ROMERO
Se queres coñecer a máis «Mulleres Ilustradas», ademais das que aparecen na exposición do instituto, podes consultar a pàxina Web de Laura Romero premendo na seguinte Ligazón
2 de out. de 2017
DOSSIER MÚSICAS ILUSTRADAS
A partir do mércores 4 de outubro poderase visitar a exposición "Músicas ilustradas" de Laura Romero, montada polo profesor Javier Rodríguez.
Se antes de realizar a visita queres coñecer as artistas representadas, consulta o seguinte dossier elaborado pola profesora Isabel Cota. Para consultalo preme na seguinte LIGAZÓN
Se antes de realizar a visita queres coñecer as artistas representadas, consulta o seguinte dossier elaborado pola profesora Isabel Cota. Para consultalo preme na seguinte LIGAZÓN
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)