Amosando publicacións coa etiqueta CIENCIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CIENCIA. Amosar todas as publicacións

22 de xuño de 2021

O DÍA MÁIS LEDO DO ANO

 Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO


O verán aproxímase, e con el máis horas de sol, a calor ou as ganas de descansar. Creando que o 20 de xuño sexa o día máis feliz do ano, coñecido tamén como  Yellow  Day.

Considérase, polo xeral e atendendo a factores psicolóxicos, laborais ou meteorolóxicos, que é o primeiro día a partir do cal todo cambia, hai máis luz, mellores temperaturas, máis sol, posibles vacacións, etc. En definitiva, un  subidón das hormonas da felicidade, e todo iso asóciase á cor amarela.

Ademais de ser o inicio do verán, coincide coa apertura e a desescalada en moitos aspectos como a próxima desaparición das máscaras como algo obrigatorio en espazos ao aire libre.

O factor meteorolóxico que xustifica este día é que desde mediados de xuño xa se alcanzan temperaturas agradables que oscilan entre os 20 e 30 graos, con días máis longos e máis horas de luz.

Este ano tamén coincide con que é domingo, é dicir, fin de semana, perfectamente aproveitable por moitas persoas para descansar, gozar dos máis próximos e manterse afastado da tensión da semana.

E con todo isto, despídome ata o próximo ano. Que teñades un bo verán a todos e a todas!


14 de xuño de 2021

SANTIAGÜIÑO

Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO. 



Mariscos hai tantos e tan variados que non sempre nos podemos quedar coas ostras e gambas, por moi boas que estean. E o Santiaguiño é un deses animaliños curiosos e moi saborosos que nos trae o mar. De aparencia prehistórica e serena, é pouco coñecido pero sen dúbida un dos máis apreciados e suculentos mariscos do litoral galego.

Este estraño crustáceo de corpo  robusto e aplanado, lémbranos á lagosta, pero moito máis pequeno, entre 7 e 10 cm., e con antenas alargadas en forma de pa. A súa cor é pardo escuro a vermello intenso nos bordos das espiñas da súa cuberta.

As mesmas espiñas dorsais que ao cocelo evidencian a orixe do seu nome, pois móstrannos claramente a Cruz de Santiago.


2 de xuño de 2021

A MIÑA ALIMENTACIÓN E A DOS MEUS AVÓS

Inés André e Iria García, alumnas do IES Xesús Taboada Chivite de Verín realizan este audio sobre a evolución da alimentación ao longo das xeracións, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

31 de maio de 2021

CIENCIA NA CASA: DISECCIÓN DO APARATO RESPIRATORIO DUN PORCO


Neste vídeo, Inés André e Iria García, alumnas de Anatomía Aplicada de 1º BAC diseccionan o aparato respiratorio dun porco, que é bastante semellante ao noso. Observaron a anatomía externa e interna das vías aéreas e dos pulmóns.
Bo traballo rapazas!

30 de maio de 2021

VOLCÁNS DE AUGA: OS GÉYSERES

 Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A.


Un  géyser é un tipo especial de fonte termal que emite periodicamente unha columna de auga quente e vapor ao aire.

O famoso  Géyser de Islandia é o que deu o nome común de  géyser a estas fontes termais. Outro famoso  géyser, o  Strokkur, pódese ver expulsando chorros de auga quente cada 14 minutos e dunha gran altura.

A formación de  géyseres require unha hidroxeoloxía favorable que existe só nalgunhas partes do planeta, polo que son un fenómeno bastante estraño. Existen preto de 1000 ao redor do planeta, dos cales case a metade están situados no parque nacional de  Yellowstone, Estados Unidos.

A actividade dos  géyseres causada polo contacto entre a auga superficial e rocas quentadas polo magma situado  subterraneamente. A auga quentada  xeotermicamente regresa á superficie por  convección a través de rocas  fracturadas.

Para poder ver un  géyser, debemos estar nunha zona  volcánica, cuns depósitos de minerais de varios materiais máis se crean sistemas de canos que dan lugar a estas fontes naturais.


26 de maio de 2021

DERRADEIRO PROGRAMA DE RADIO CHIVITE DO CURSO 2020/2021

Undécimo programa da radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de maio, derradeiro deste curso, que conta coas seguintes seccións:

* Novas chivitianas: con Paula Gago e David Salgado (4º ESO)

- Inclúe "Novas científicas" e "Co selo galego", con Uxía Pérez e Diana Calvo (1º ESO)

- O alumnado de 3º de ESO cantando "Os nosos maios".

- Podcast sobre Xela Arias gravados por alumnado de 1º e 2º ciclo da ESO e Bacharelato.

- O "Grandola vila morena", interpretado polo alumnado de portugués da profesora Inma Campos.

- A canción "Mil estrelas" do musical La la land, interpretado polo coro de profes do Chivite.


* As nosas dúbidas: Xabi Alonso (1º BAC) entrevista ao director do noso centro César Sánchez.


* Adiviña quen é: con Carla Rosas e Sara Xing Moredo (1º BAC)


* Entrevistas:

César Sánchez entrevista a Manuel Añel, Fátima El Mouahid, Oumaima Fathallaah e Miguel Quintas, alumnado de 2º BAC sobre as súas sensacións ao rematar esta etapa no centro e o que este representou para eles.

David Salgado entrevista a Adrián González Salgueiro, antigo alumno, estudante do derradeiro curso do Grao en Historia da Arte, e fotógrafo.

Paula Gago entrevista a Guadi Galego, música multipremiada de grande traxectoria e relevancia na música galega contemporánea.


*Bibliochivite: Escoitaremos aos gañadores do concurso de microrelatos da biblioteca e o Podcast que o alumnado de 1º e 2º de ESO realizou como homenaxe a Xela Arias co gallo do Día das Letras Galegas.

9 de maio de 2021

COMO CAMBIAN DE COR OS CAMALEÓNS?

 Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO.


Os camaleóns cambian de cor grazas a unha batería de pigmentos que conteñen nunhas células especiais chamadas cromatóforos. Están situadas na parte externa da pel dos camaleóns distribuídas en tres capas.

A parte superior contén os pigmentos vermellos e amarelos. A capa intermedia aloxa os pigmentos de cor branca e azul. E a capa máis profunda contén os pigmentos escuros.

Os cromatóforos distribúen os pigmentos no seu interior, de tal maneira que se vexan máis ou menos segundo o estado de ánimo do animal.


3 de maio de 2021

AS PEDRAS NAVEGANTES

 Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A.


As pedras navegantes, tamén coñecidas como pedras móbiles, son un fenómeno xeolóxico polo cal as rochas se moven, sen intervención humana ou animal, e deixan longas trazas.

A razón máis lóxica que encontran os expertos é que son movidas polo campo magnético que posúe a Terra, pero non está cen por cen confirmado.

Observáronse e estudáronse este tipo de pegadas en varios sitios, desde o suroeste norteamericano, onde son máis numerosas, ata o Sahara.

As pedras móvense só cada dous ou tres anos e a maioría das súas pegadas consérvanse durante tres ou catro anos.

As pedras que empezan o seu traxecto xunto a outras, poden viaxar en paralelo ata que algunhas delas desvíase segundo calquera dirección ou retrocedendo.

25 de abr. de 2021

COMO PRODUCEN O MEL AS ABELLAS?

 





Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A


As abellas comezan a facer mel visitando flores. Recollen un mollo azucrado chamado  néctar da flor ao chupalo coa lingua. Almacénano no que se chama o seu estómago de mel, que é diferente do seu estómago de comida.

Cando os seus “sacos” de  néctar están cheos,  a abella voa de regreso á colmea. Alí, pásano pola boca a outras abellas obreiras que o  mastigan durante aproximadamente media hora, ata que o seu contido de humidade se  reduce.

De novo pásase de abella a abella, ata que gradualmente o  néctar convértese en mel. Daquela as abellas almacénano en celas de  panal.

Cando estes insectos  regurxitan o  néctar, crean mel.

O mel aínda está un pouco húmido, polo que o ventilan coas súas ás para que se seque e se volva máis pegañento.

Así é como as abellas fan mel. Necesítanse polo menos oito abellas para facer unha  cullerada.


POR QUE SAEN AS PENCAS?

 Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO


As pencas son pequenas manchas de cor marrón causadas polo sol; trátase dunha acumulación anormal de pigmento nun punto da derme.

O sol non é a única causa da súa aparición: o factor hereditario é sumamente importante na tendencia para desenvolver pencas na pel.

Hai que distinguir as manchas escuras das pencas. As que aparecen co sol son lentigos solares, que adoitan aparecer en zonas  sobreexpostas ao sol como a cara, o escote, as mans ou os antebrazos. Os nevus son os lunares de toda a vida, acumulacións de melanocitos con baixo nivel de  malignización.


20 de abr. de 2021

QUE FACER SE TE MORDE UNHA SERPE?

 Redacción e audio: Ana Gago Prieto, 1º ESO B.


Primeiro, tes que chamar rápido ao 911, 061 ou 112, xa que teñen o equipo necesario para curarte. Mentres esperas a que chegue a axuda médica, segue os seguintes pasos:

- Alónxate da serpe o máximo posible.

- Estate quedo e intenta manter a calma, así non se propagará tan rápido o veleno.

- Quita as xoias e a roupa axustada que leves, antes de que o teu corpo comece a incharse.

- Coloca, se é posible, a ferida á altura do corazón ou por debaixo.

- Limpa a ferida con auga e xabón e despois colócalle un apósito limpo e seco.

Precaucións que son moi útiles:

- Non uses torniquetes nin apliques xeo, pode ser prexudicial para a ferida.

- Non fagas cortes na ferida nin intentes extraer ti só o veleno, pode facer que te produzas máis dano.

- Non tomes cafeína nin alcohol, iso podería acelerar o proceso de absorción do veleno.

- Non trates de capturar a serpe. Memoriza a cor e a forma para podela describir; isto axudará ao equipo médico para saber que antídoto teñen que aplicarche. Se xa chamaches a emerxencias, como dixemos ao principio, e tes a posibilidade de sacarlle unha foto a serpe, sácalla, para que sexa máis fácil identificala á hora de curarte, pero sempre a unha distancia prudente.


PREMIADOS NO CONCURSO DA ANPA "CÓNTAME MÁIS"

 


O alumnado premiado no concurso de curiosidades sobre Galicia "Cóntame máis", organizado pola ANPA do noso centro, é:

Lucía Díaz Villarino, 3º ESO B:


Ainoa Diéguez Rodríguez, 4º ESO A:

Natalia Cota Dameá, 1º BAC A:



Nerea García Barea, 1º BAC B:




A entrega de premios terá lugar o vindeiro martes, 27 de abril, de 11:20 a 11:30, na Sala Dual.

Parabéns!!!!

18 de abr. de 2021

A LINGUAXE NATURAL DAS ARAÑAS

 Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO A.


Investigadores do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) lograron desentrañar a linguaxe sonora das arañas, desenvolvendo composicións musicais a partir das vibracións xeradas polas teas de araña. Segundo os especialistas, o estudo podería sentar as bases para un novo método de comunicación entre especies, entre outras aplicacións.

As teas de araña son como cordas vibrantes: as arañas necesítanas para comunicarse e entender o mundo que as rodea. Ao non dispoñer dunha visión moi precisa, utilizan esas vibracións para establecer diálogos con outras arañas, levar adiante o cortexo ou decatarse cando unha mosca caeu nas súas redes. As cordas que compoñen as teas de araña xeran vibracións con diversas frecuencias e sons.


15 de abr. de 2021

O IMÁN NATURAL DOS LÓSTREGOS

 Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A

O motivo polo cal as árbores atraen os raios débese á forma das árbores. Non só as árbores atraen os raios, senón calquera obxecto puntiagudo que destaque sobre a paisaxe. Isto débese a que a electricidade buscará sempre o camiño máis fácil para chegar ao chan. Deste xeito, cando un raio se dirixe desde unha nube ao chan, o camiño da descarga do raio buscará sempre o camiño que actúe como mellor condutor posible. Debido a que os obxectos  puntiagudos e elevados sobre o terreo ofrecen un mellor camiño para a descarga eléctrica, os raios diríxense cara a eles antes que continuar o seu descenso en dirección ao chan a través do aire.

Por iso os expertos sempre din e sobre todo recomendan que cando haxa unha tormenta nunca nos poñamos debaixo dunha árbore.


Ao longo da última semana, en Galicia xa houbo casos de xente resgardándose debaixo das árbores pola tormenta que houbo fai poucos días.

11 de abr. de 2021

COMO LIMPAR O LIXO ESPACIAL?

 Redacción: Martina Dosantos Tierno, 1ºESO


Dende 1957 , co lanzamento de Sputnik, o lixo espacial non fai máis que aumentar. A tecnoloxía espacial abriu un campo infinito de posibilidades, os miles de satélites que hoxe orbitan á Terra corren o risco de converter o espazo exterior  nun vertedoiro.
ClearSpace 1, un proxecto tecnolóxico de limpeza espacial, que consiste en lanzar  un vehículo con varios brazos mecánicos, que recollen as pezas de  chatarra espacial, posteriormente descende coa  peza e  desintégrase debido a fricción da  atmosfera.
Esta proposta asume bastantes riscos, como que estos fragmentos poderían tamén impactar con outros  satélites fóra de servizo, ou con outros fragmentos máis  pequenos o que formaría máis lixo. A este fenómeno chámaselle efecto Kessler.
Séguese a investigar e a traballar en máis proxectos para solventar este gran problema do lixo espacial.

25 de mar. de 2021

OS PERCEBES GALEGOS

 Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A.

Os percebes son crustáceos alongados que viven unidos á roca, onde se alimentan de plancto e ovos de peixes. Predominan sobre todo en España, particularmente na bela Costa da Morte galega.

Considerado por moitos como o rei dos crustáceos, o mellor percebe do mundo vive unido aos cantís rochosos de Galicia. A súa delicadeza e os perigos inherentes á súa recolección, convérteno nun produto valioso e caro.

Como distinguir o percebe galego?

Os percebes atópanse nas costas de España, Portugal e Marrocos. Caracterízanse por un corpo alongado similar a un talo que culmina cunha especie de uña de  nácar. O de superior calidade é o galego, grazas ás propiedades das súas augas mariñas.

Os percebes galegos caracterízanse por estar expostos ao sol. Son de corpo curto e  rechoncho, máis  carnoso cas marroquís.

Os percebes españois, como se colleitan das rochas golpeadas polo mar aberto, véndense unidos a un anaco de rocha.


16 de mar. de 2021

SARAH GILBERT E A VACINA OXFORD/ASTRAZENECA POR NATALIA COTA E LAURA DOSANTOS DE 1º BAC A

 Se queres ter máis información sobre Sarah Gilbert e a vacina de Oxford/Astrazeneca consulta esta presentación realizada por dúas alumnas de 1º de bacharelato:

Tamén podes consultar o seu traballo de word, premendo nesta LIGAZÓN

14 de mar. de 2021

MARZO, O MES DA VISIÓN DE MERCURIO

 Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A


Os expertos sinalan que durante as próximas dúas semanas, Mercurio será visible apenas se faga noite, uns 35-40 minutos despois de que se poña o Sol.

A boa noticia é que non necesitarás un telescopio. Deberías poder velo a primeira ollada.

En canto á súa localización, tes que mirar moi preto do horizonte, en dirección ao oeste.

Como referencia para buscalo recomendan que primeiro sitúes ao planeta  Venus, o corpo celeste máis brillante do ceo despois do Sol e a Lúa.

Cando o atopes, mira abaixo á dereita e alí estará Mercurio.

Podes recoñecelo pola súa cor laranxa amarelada ou coma un punto branco.

Quen teña pouca experiencia como astrónomos afeccionados alegraranse de saber que achar a  Venus e Mercurio non debería ser tan complicado.

Isto débese a que non terán competencia: nese horario non haberá outros astros visibles, polo que ambos os planetas serán as verdadeiras estrelas do ceo nocturno.

Con todo, non hai que deixarse estar: Mercurio desaparecerá por baixo do horizonte en pouco tempo.

No norte permanecerá uns 40 minutos, no ecuador uns 20 e no sur entre 5 e 10 minutos soamente.


OS SEMÁFOROS DA NATUREZA

 Redacción: David Regueiro, 1º ESO B


A combinación das cores vermella, branca, amarela e negra, e un deseño a raias ou bandas alternas, son a marca distintiva dalgúns animais que supoñen un perigo para outros. A estes cores denominánselles cores aposemáticas.
Para continuar lendo, preme na seguinte LIGAZÓN

9 de mar. de 2021

A LAMPREA

 Redacción e audio: Diana Calvo, 1º ESO


A lamprea é un peixe que habita nos ríos galegos desde fai máis de 500 millóns de anos. Coñecida como "a vampiresa da auga" ou "a raíña do río", a lamprea é un dos primeiros vertebrados dos que hai constancia na Terra.

Vive no planeta desde antes que a especie humana existise, anterior aos mesmos dinosauros.

É un peixe agnato, é dicir, que carece de mandíbula. Hainos que din que é fea e que “nin é peixe, nin reptil”. Razón levan porque a pesar de compartir moitas características cos peixes, taxonómicamente non se inclúen neste grupo, senón que forman un grupo independente e moi antigo, situándose na base da orixe dos vertebrados.

Unha vez eclosionados os ovos do peixe, as larvas que son moi diferentes ao adulto viven nos ríos de 6-8 anos e cando chegan á súa fase de madurez e convértense en adultos vanse disparadas ao mar.

Debemos destacar unha das técnicas máis antigas e tradicionais de pesca que ten á lamprea como presa. Desenvólvese aquí en Galicia, nas coñecidas  pesqueiras do río Miño; que é unha  pesqueira? estás farto de velas xunto ao río e seguramente nunca soubeches moi ben para que eran as construcións, eses muros de pedra situados nas beiras do río ou ben nunha zona rochosa do mesmo. Para facerche unha idea, no río Miño, calcúlase que actualmente hai unhas 500  pesqueiras.